Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 30 de abril de 2013

Denuncia sobre as graves irregularidades en material de persoal no Concello de A Peroxa

Traemos a este blog un artigo que levábamos tempo desexando darlle forma e que vise a luz para informar das graves irregularidades (e mesmo ilegalidades) que se producen na contratación de persoal que realiza o noso Concello de A Peroxa, baixo o amparo e mandato do Sr. Alcalde.

A situación que denunciamos públicamente diante dos veciños e veciñas da Peroxa (aparte doutra vías) refírese a unha convocatoria que mediante a actuación de control dos membros da Agrupación Municipal Socialista se anulou porque se vulneraban as leis e os dereitos dos aspirantes a un posto de traballo no Concello.

O traslado a veciñanza desta situación chega con certo retraso no tempo, xa que os feitos se produciron no pasado ano 2012, pero as continuas trabas, impedimentos e retrasos a hora de acceder a información que se nos fai dende os mandatarios e xestores do Concello de A Peroxa fixo difícil a súa difusión pùblica.

Os feitos comenzan cando se ofertan dende o Concello dous postos de traballo dependentes do mesmo, unha praza para traballador/a de limpeza e outra praza para AUXILIAR DA OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

A situación centrámola na praza ofertada para Auxiliar da OMIX, polas moitas irregularidades e ilegalidades que se cometeron con este proceso, que dito sea de paso ainda hoxe non se solucionaron.

A nosa actuación comenzou cando nos enteramos desta convocatoria nunha das visitas as oficinas municipais, como facemos con asiduidade para o control da actividade e actuacións que se están a levar a cabo, e nos atopamos con esta convocatoria colocada no taboleiro de anuncios do Concello, da cal solicitamos unha copia para o seu seguimento, que é a que vos amosamos a continuación:



UN DETALLE "IMPORTANTE", AS BASES ESTÁN ASINADAS POLO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE A PEROXA.

Analizamos as bases publicadas e atopamos un montón de irregularidades:

--- Comenzamos por indicar a falta de publicidade desta oferta para que todos os veciños e veciñas do Concello poidan optar a este posto. non se publicou nin no Boletín Oficial da Provincia nin moito menos se fixo a través dos habituais Bandos que sí reparte o Concello polas parroquias para outros temas, tratando de ocultar esta oportunidade de traballo.

--- O prazo de presentación de solicitudes tamén se fixo "a mala fe" xa que se abriu en plena Semana Santa, disminuíndo claramente os poucos días que se ofrecìan para entregar as solicitudes.

--- Cometeuse unha grave ilegalidade o pedir para este posto unha titulación que non se corresponde co posto nin coas suas funcións......solicitàbase un título universitario de grado medio ¡¡¡¡¡

--- Outra grave ilegalidade è na idade mínima para participar que a fixan en 18 anos, cando dende o ano 2007 onde se publica o Estatudo do Empregado Pùblico se fixa nos.....16 anos ¡¡¡¡¡

--- En canto o apartado de "mèritos" non se respetaban os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, xa que se fixaban uns criterios para nada obxetivos e onde os posibles candidatos poideran participar en igualdade de condicións, sobre todo cando a "entrevista persoal" abarca a metade da posible puntuación, asì como valorar como un mérito de ata 2 puntos "OUTRAS CIRCUNSTANCIAS ALEGADAS QUE TEÑAN QUE VER CUNHA MELLOR PRESTACIÓN DO SERVIZO". 

Certamente este último mèrito pódemolo considerar como un insulto os posibles candidatos.......podía poñer directamente........o posto é para quen o Sr. Alcalde decida directamente e acababase o problema.


Estas son as anomalías màis graves entre outras, como non recoller que tipo de recurso se pode interpor contra a elaboración e publicación destas bases.

Sìrvase como exemplo de como tería que ter actuado o Concello neste proceso selectivo unha convocatoria semellante noutro concello de Galicia, onde se fixo a convocatoria pùblica, con todos os requisitos legais e onde poderedes observar a titulación que exixen para a citada praza (Graduado Escolar):



 A partir deste punto e a raìz da nosa actuación e despois de varias xuntanzas co señor secretario sobre a situación......... en lugar de mellorar e subsanar os defectos e graves anomalías e ilegalidades......a cousa empeora GRAVEMENTE, xa que nos presentamos no Concello o mesmo día que se está a valorar  por unha comisión integrada por 5 persoas entre os que se atopa o propio secretario do Concello de A Peroxa, que levanta acta de todo o "acordado", da única candidata (como era de esperar) que se presentou o proceso e a nosa sorpresa è confirmar QUE XA LEVA TEMPO TRABALLANDO NO CONCELLO DENDE XA FAI VARIAS SEMANAS NO POSTO PARA A QUE NESE INTRE A ESTÁN VALORANDO.

Esta situación è confirmada por varios testigos que consultamos sobre a súa asistencia diaria as oficinas municipais e mesmo atendendo a veciños e veciñas en asesoramente e tramitación de expedientes (que precisamente non son as súas funciòns), así como participando en diferentes actos que o Concello organiza como pode ser en abril de 2012 onde se fai unha actuación por parte de algúns nenos e nenos do Concello nunha curtometraxe titulada "O maleficio da Peroxa":

Este era o cartel desta acto "impulsado" e atendido pola persoa candidata o posto:

 Moitos dos pais lembrarán que foron convocados vía telefónica dende o Concello para participar neste acto a través da persoa da que nos estamos a  referir.

E este è o video resultante dese día:

 http://www.youtube.com/watch?v=BWjAnvFcdwM


Consultado novamente o señor secretario do Concello sobre esta situación de grave irregularidade manifestanos nun tono despectivo e falto de respeto total a nosa labor que ESTA PERSOA NIN PERTENCE NIN TRABALLA NO CONCELLO DE A PEROXA, si manifesta tela visto algunha maña polas oficinas municipais pero que él pensaba que "viña de visita"........

INCREÍBLE E TOTALMENTE FÓRA DA REALIDADE O QUE ACABAMOS DE ESCOITAR ¡¡¡¡

NO CONCELLO DA PEROXA ESTÁ A REALIZAR FUNCIÓNS UNHA PERSOA QUE NON TEN RELACIÓN CONTRACTUAL CO CONCELLO ¡¡¡ 

GRAVÌSIMO QUE O SR. ALCALDE O O SR. SECRETARIO PERMITAN TER A UNHA PERSOA SEN CONTRATO DE NINGÚN TIPO NAS OFICINAS MUNICIPAIS.....ESTO É UN DELITO GRAVE NO ÁMBITO LABORAL ¡¡¡¡¡

POIS ESTO ACONTECEU DURANTE TEMPO NO CONCELLO DE A PEROXA ¡¡¡

A partir destas situacións e actuacións propias dunha administración dun país subdesarrollado pedimos por escrito o acceso e copia de todo o expediente deste procedemento selectivo. Asì como os datos de contratación da citada "candidata" o posto na súa relación co Concello de A Peroxa, así como un informe por escrito do secretario que expoña a situación que se está a producir no Concello co seu consentimento e o do Sr. Alcalde que non sabe nin quere saber do asunto, fiel o seu estilo de botar balóns fora ¡¡¡¡¡

Esta è a nosa petición:



Levamos o "asunto" o Pleno Ordinario celebrado o 30 de abril de 2012 e preguntamos sobre esta cuestión de gravidade que se estaba a producir no Concello a través de varias preguntas por escrito, e nas que o Sr. Alcalde se negou a contestar porque non dispoñía de datos suficientes sobre o tema en cuestión, e comprometeuse a que as contestaría no vindeiro (2 meses despois).

Pois ben, con data do 9 de xullo de 2012 voltamos a facerlle as mesmas preguntas, e sì obtivemos respostas, ainda que non teñen nin fundamente nin son creíbles para ninguén, respostou de forma simple e sen concretar nada para sair do paso e negouse a seguir falando do asunto.

No seguinte documento as nosas preguntas e as súas respostas:



 A partires do inicio das nosas investigacións e actuacións a persoa en cuestión non voltou aparecer polas oficinas municipais confirmando as nosas afirmacións de QUE ESTABA A TRABALLAR SEN CONTRATO E SEGURAMENTE (por desgracia para ela)......SIN SOLDO ¡¡¡¡

Pouco a pouco nos foi chegando a documentación que tiñamos solicitado, así como o acceso o expediente do proceso selectivo onde faltaba un montón de documentación básica e imprescindible como os informes por parte do secretario acreditando a necesidade desta praza entre outros....

No seguinte documento a convocatoria para o exame, valoración de méritos e entrevista persoal.....TODO NO MESMO DÍA ¿?



Neste documento podemos observar o mesmo tempo, como tan só transcurren 7 días dende a finalización do prazo de presentación de instancias (10 abril), ata a sinatura por parte do Alcalde e do Secretario da data do exame e valoración (17 abril).
Faltando entre medias documentos imprescindibles nun proceso selectivo como son o listado de admitidos e excluídos, así como o tempo legal (10 días) para subsanar posibles erros.




NON CONTENTOS CON TODO ESTO, SACAN O DECRETO DE NOMBRAMENTO O MESMO DÍA DO EXAME, DA VALORACIÓN E DA ENTREVISTA. 
PARECE QUE TIÑAN PRESA POR REMATAR CON ESTA ILEGALIDADE ¡¡¡¡¡


NOVAMENTE COMO TODOS OS DOCUMENTOS DO PROCESO ESTÁN ASINADOS POLO ALCALDE O MESMO TEMPO CO SECRETARIO, A PESARES DE MANIFESTAR EN VARIAS OCASIÓNS QUE NON COÑECÍA A TRAMITACIÓN DESTE PROCESO SELECTIVO.......ENTÓN PORQUE DA A SÚA CONFORMIDADE ASINANDO?????
DIFÍCIL EXPLICACIÓN ¡¡¡¡¡   UN MUNDO DE MENTIRAS ¡¡¡




O seguinte documento non ten desperdicio.....

Despois de moito insistir e denunciar o procedemento ilegal por parte dos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello para garantir a transparencia e legalidade do proceso na defensa dos intereses dos veciños e veciñas da Peroxa, o señor secretario parece "recapacitar" e emite un informe declarando a ilegalidade do proceso e......RECOMENDA A SÚA ANULACIÓN ¡¡¡¡¡

ADMITINDO DESTE XEITO QUE ESTABAMOS NO CERTO CANDO DENUNCIAMOS AS MOITAS IRREGULARIDADES (COMO LLE CHAMA ÉL), OU ILEGALIDADES (COMO LLE CHAMAMOS NÓS).



A raíz deste informe declarando a ilegalidade do proceso o Sr. Alcalde, agora sí, unha vez que parece que se enterou que as cousas non se fan así, senón respetando a legalidade e  sobre todo os dereitos da veciñanza decide anular o proceso e o nomeamento da súa persoa "imposta" para o posto.


OFRÉCESE A CONVOCAR UN NOVO PROCESO DENTRO DA LEGALIDADE PARA ESTE POSTO PERO UNHA VEZ MÁIS INCUMPLE AS SÚAS PALABRAS, XA QUE XUSTO UN ANO DESPOIS O PROCESO SEGUE SEN CONVOCARSE.

ESO DÍA, A SÚA PERSOA ELEXIDA VOLTA A ESTAR NAS OFICINAS MUNICIPAIS UNHA VEZ MÁIS POLA SÚA DECISIÓN E MEDIANTE A CREACIÓN DUN NOVO POSTO DEPENDENTE DO CONCELLO QUE VAI DIRECTAMENTE O GASTO DAS ARCAS MUNICIPAIS, CANDO A PRAZA EN CUESTIÓN DA OMIX ERA SUBVENCIONADA POLA XUNTA DE GALICIA...


ASÍ FUNCIONA O NOSO CONCELLO E ASÍ SON OS CAPRICHOS DO SR. ALCALDE, FAI E DESFAI A SÚA MANEIRA COS CARTOS DOS IMPOSTOS DE TODOLOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO.

Para rematar con esta "historia" recibimos os periódos onde a persoa en cuestión estivo legalmente contratada polo concello, ben con fondos propios ou a través de subvencións doutras administracións onde se confirma que como xa manifestamos, a sús relación laboral rematara en decembro de 2011:


  

 Polo que, por tanto..........

 
 CONFIRMA QUE AS SEMANAS OU POSIBLEMENTE MESES QUE ESTIVO NAS OFICINAS MUNICIPAIS E REALIZANDO OUTRAS ACTIVIDADES COMO AS XA DESCRITAS ESTABA SIN NINGUNHA RELACIÓN LABORAL, COA GRAVIDADE DOS FEITOS QUE ESO ACARREA E QUE AGARDEMOS QUE A XUSTIZA CEGA QUE TEMOS NESTE PAIS E MÁIS CONCRETAMENTE NA NOSA PROVINCIA NON PECHE OS OLLOS OU MIRE PARA OUTRO LADO ANTE TALES ILEGALIDADES DOS MANDATARIOS PÙBLICOS E LLES ESIXA RESPONSABILIDADE NO EXERCICIO DO SEU CARGO.

 
TRISTEMENTE, LAMENTAMOS TER QUE INFORMAR DESTAS SITUACIÓNS QUE PARECEN DE REALMENTE DOUTRO SÉCULO, E FALTAS DE TOTAL RESPETO POLAS INSTITUCIÓNS E SOBRE TODO DIANTE DUNHA VECIÑANZA QUE NOS TEMPOS QUE CORREN ESTÁN A VIVIR SITUACIÓN DRAMÁTICAS NO QUE SE REFIRE A CUESTIÓNS LABORAIS E NUN CONCELLO COMO O NOSO DE A PEROXA ONDE CONFIAMOS VOLTE A CORDURA E O SENTIDO COMÚN.


COMO SEMPRE, E SOBRE TODO NUN TEMA TAN DELICADO COMO O QUE ACABAMOS DE PUBLICAR QUEDAMOS A ENTEIRA DISPOSICIÓN DE CALQUER INTERESADO QUE PRECISE MÁIS INFORMACIÓN DO TEMA TRATADO.


SEGUIREMOS INFORMANDO E DENUNCIANDO AS IRREGULARIDADES QUE SE COMETAN NO CONCELLO DE A PEROXA, CUMPRINDO ASÍ O COMETIDO QUE SE NOS ENCARGOU COMO OPOSICIÓN A UN GOBERNO MUNICIPAL QUE ESTÁ A COMETER GRAVES ERROS E QUE NON FORON ELEXIDOS NAS URNAS PARA GOBERNAR DESTE XEITO ¡¡¡





No hay comentarios:

Publicar un comentario