O titular é soprendente a estas alturas, e sería unha agradable sorpresa logo de levar anos agardando por outra promesa inclumplida.
Para comezar mirade esta noticia do ano 2005:
http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2005/04/25/3669644.shtml?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego
Máis tarde sairon outras novas o respecto poñendo datas de apertura, pero coma sempre incumplidas.
Sacaron no Boletín da Provincia unhas bases e normas de uso do PAI ( punto de atención a infancia), nada se volveu saber do tema.
Logo fixeron uns "procesos selectivos" para "escoller" o persoal da gardería.
Nos orzamentos deste ano 2011 xa aparecen na relación de postos de traballo do concello as dúas prazas para as empregadas da gardería, e decir, dende a súa aprobación e publicación, aló por principios de xaneiro xa deben estar a cobrar por este servicio.
Unha e outra vez enganados e os nosos nenos e nenas sin un servizo básico que están a ter xa caseque tódolos concello de Galicia, pero nos coma sempre estamos avocados o abandono e as mentiras.
Ata cando nos van a seguir enganando e dando largas ?
Finalmente do que vos queremos informar non é da apertura da nosa gardería, senón do prazo para solicitar tanto as escolas infantis da xunta:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/9408fbddf370b018c125784d004ee358/$FILE/04700D003P010.PDF
Como as prazas nas gardería da rede "galiña azul" que temos preto de nós: Coles, Vilamarin, Ourense, etc.
http://www.igualdadebenestar.org/mediateca/escolas_infantis/Prazo_ordinario_2011_2012/preinscricion/resolucion_matricula_2011-2012.pdf
Realmente nos gustaría dar a nova da apertura da gardería do concello da Peroxa, pero pola nefasta xestión municipal, onde rexeitou primeiramente incluirse na rede de galescolas (por motivos que eles saberán), e logo tras invertir unha e outra vez cartos nela (incluso para reparacións antes da súa apertura), atopamonos agora na situación que a xente moza debe desprazarse a concellos limítrofes ou a capital para poder deixar alí os seus cativos.
Unha vez máis decimos BASTA XA DE ENGANOS ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario