Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 30 de marzo de 2011

Un abandono que supón un risco para a nosa saúde.

Engadimos estas liñas a esta nova antiga na que seguimos traballando continuamente (05/10/2011):

A situación actual é a seguinte: Trala presentación na Delegación de Medioambiente da Xunta, ésta por non ser competente na materia, traspasou a solicitude a Comisaría de Augas, dependente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil en Ourense, do Ministerio de Medio Ambiente.

Aquí tras atender a nosa petición no nome dos veciños e veciñas realizaron as probas e mostras oportunas polos seus técnicos e decidiron abrir 4 expedientes sancionadores o Concello da Peroxa por carecer da Autorización Administrativa para a realización de tales vertidos, uns expedientes que poderían acarrear multas de ate 6010,12.

Todo isto surxe por unha neglixente actuación do Concello e pola constante negativa a mellorar esta situación de risco para a saude dos veciños e de contaminación medioambiental que levamos tempo reclamando dende a nosa agrupación municipal no Concello, chegando incluso a nosa preocupación o pleno anterior onde novamente se nos volveu negar unha actuación o respecto.

Agardamos a postura e actuación do Concello neste tema e tentaremos de novo presentalo e debatilo no seguinte pleno, que por certo agardamos con impaciencia, xa que se tería que ter celebrado a principios de setembro como se acordou pero parece que non deben considerar importantes as situacións que preocupan os veciños do Concello hoxe en día: situación da carretera dende Gustey, situación das fosas, incendios....etc.

Seguiremos coma sempre informando das novas que vaian xurdindo.

___________________________________________________________________________________

A continuación tedes a noticia que publicamos no seu día:

Levamos tempo traballando nun tema de vital importancia para a saúde dos nosos veciños e veciñas, así como un grave problema de contaminación medioambiental. Estamos a falar do estado da abandono total por parte do concello das fosas sépticas, unha vez postas, alí quedaron sen ningún tipo de control nin mantemento.

Xa fai tempo estamos a pagar as consecuencias do pasotismo do concello neste tema, en moitos lugares do concello están vertendo os nosos regatos, co perigo añadido que en algúns deles bombean agua para o consumo de persoas e animais ( Souto, Conchouso, Pousada, etc).

Tras solicitar en reiteradas ocasións unha solución o concello e ante a falta de actuacións, o grupo municipal socialista a través do seu portavoz presentou un escrito no concello....novamente sen resposta, logo presentouse un escrito na delegación da Consellería de Medio Ambiente en Ourense, e estamos a espera de noticias ou o que sería mellor..actuacións.

A noticia tuvo a súa repercusión na prensa cos seguintes artigos:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2011/03/30/0003_201103O30C10994.htm?idioma=galego

http://www.laregion.es/noticia/148369/socialistas/peroxa/urgen/arreglo/fosas/septicas/

http://www.ourensedixital.com/_novas/11/03/30_05.htm

Aquí tedes unha fotos do exemplo de abandono desta situación, en pobos como o Souto os vertidos e lodos campan as súas anchas pola beira da carretera en dirección o río da Barra, deixando un rastro cuns olores que fan  intransitable a zona; o mesmo ocorre en Pousada onde as tuberias verten lodos continuamento o regato que vai a beira da ruta de sendeirismo cara Gulfariz, onde bombean auga deste regato e o igual que no caso anterior facendo do que podía ser un agradable paseo pola ruta un calvario de imaxes penosas e olores insoportables.







Agrupación Municipal Socialista da Peroxa, traballando e preocupándose polos seus veciños ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario