Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 7 de marzo de 2011

Investimento na rede viaria.

No BOP do venres 04/03/2011 na súa paxina 2 publicanse os orzamentos do Plan especial para a rede viaria provincial de municipal 2011.

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=52&fecha=20110304

Unha mísera achega económica de 60.000 € para a carretera: Vilarchao - A Peroxa - Barra de Miño. E refírome a mísera porque as nosas necesidades son moi elevadas para estas irrisorias "obras".

Cada vez que sae publicado algo nestes temas, debemos examinalos con atención para ver si dunha vez por todas algúen se decide a poñer cartos para saldar a deuda histórica a que teñen sometido dende a Deputación as nosas carreteras e vias principais.

Unhas carreteras onde o abandono e deterioro e cada día máis palpable e notable, sexa cal sexa pola que nos despracemos necesitamos poñer atencíón para esquivar baches, cortes, maleza, cunetas inexistentes, etc.

Xa non só nos enganan unha e outra vez coa sempre "prometida" carretera NOVA ¿? senon que agora xa non arranxan as únicas existentes. Recordade que novamente se colocou, e van xa moitas, o cartel de inicio desta obra, e outra vez máis caerá coas inclemencias meteorolóxicas antes da execución da obra.

Vías de comunicación básicas para o futuro e desenrolo das poboacións. Unha paralización que nos fixo ter o noso concello, cercano a Ourense, aislado completamente do progreso e do futuro empresarial, industrial e turístico que se experimentaron os nosos concello limítrofes. É moi triste asociar o nome da Peroxa o dunha carretera e uns accesos lamentables, propios doutro século.

Por este e por outros moitos motivos, creo que deberíamos decir BASTA XA ¡¡ a unha xestión municipal obsoleta, falta de criterios (tan só electoralistas), e dar paso a unha nova etapa como fixeron e van a facer os concellos veciños.

No hay comentarios:

Publicar un comentario