Parece ser que por fin nos demos conta da situación e estos do PP se unen a idea do aforro enerxético. Hai que recordar fai ben pouco tempo o seu "lider" o Sr. Rajoy mofabase públicamente do que chamaron por aquel entón "cambio climático", onde todos estabamos a cometer excesos e a medio-longo prazo seguramente nos vaian pasar factura.
Na prensa deste fin de semana aparece unha importante noticia para o noso concello, parece que estamos nun plan piloto da Xunta para o aforro enerxético na iluminación a través de novas tecnoloxías.
Curiosamente, como destaca o titular é paradóxico que en toda Galicia tan só accedan a este plan concellos gobernados polo partido popular; será casualidade ou será xa a estratexia electoral a través de fondos públicos como acostuman a facer sempre.
http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Guerra/ensaya/ahorro/energetico/municipios/Partido/Popular/elpepiautgal/20110313elpgal_7/Tes
Pois ben, esta ben recibida noticia para o noso concello que agora agardamos se cumpla realmente e non quede como otras moitas cousas no caixón do olvido sírveme para recordar en imaxes a hipocresía desta xente....
Agora lémbranse do aforro cando fai ben pouco tempo e durante varios meses foron capaces de ter encendidas durante o día o alumbrado público da nova residencia Aspanas do noso Concello.
Tras solicitar en varias ocasións a solución a dito despilfarro e sen obter resposta (coma sempre), a este problema agora colgánse as medallas para ter un cambio de "bombillas" (cando por certo, tamén criticaron cando o goberno de España as facilitou gratuitamente a través das oficinas de correos).
Seguen cumprindo a raxatabla o seu estilo de facer política:
1º - negan a situación
2º - critican as medidas propostas
3º - adoptan esas medidas como súas.
4º- cólganse as medallas do resultado positivo.
PURA E DURA HIPOCRESÍA E ENGANO UNHA VEZ MÁIS ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario