Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 21 de marzo de 2011

O caderno branco dos 60 días = 60 aportacións dos veciños.

A falta de 60 días para a cita das eleccións municipais onde decideremos o que queremos para no noso concello:

Rutina ou vitalidade,
Favores ou dereitos,
Oscurantismo ou transparencia,
Intereses ou oportunidades,
............

INCINERADORA ou INDUSTRIA.

Un grupo de goberno caduco e continuísta ou a forza e a ilusión da xuventude que quere un concello mellor.

Para comenzar esta etapa pre-electoral e sendo fieis as nosas ideas, buscamos a aportacións dos nosos veciños e veciñas para que nos fagan chegar as súas necesidades e inquedanzas para trazar unhas liñas básicas para coñecer e atallar os problemas básicos do noso concello.

Dende hoxe e ata o comenzo da campaña electoral restan preto de 60 días; pois ben, tentaremos que a través da vosa aportación cada día poder por neste apartado unha idea de mellora para acadar o concello que queremos e que necesitamos.

Plantexamos así un dos nosos primeiros retos, pensar dende XA e a diario nas necesidades da nosa xente.

Por este motivo convidamosvos a participar a través deste blog, deixandoo no apartado de comentarios, no e-mail: socialistasdaperoxa@gmail.com   ,a través do grupo do facebook "Agrupación Socialista A Peroxa" e tamén coa indicación particular a algún membro da candidatura.

1.- Non permitir a instalación no noso concello do VERTEDOIRO DE LIXO = INICINERADORA. (Martes 22/03/2011).
2.- Apertura da GARDERÍA para que os nosos nenos e os seus pais teñan así un servizo BÁSICO.     (Mércores 23/03/2011)
3.- Creación dun PARQUE para disfrute dos nenos e para reunión dos non tan nenos. (Xoves 24/03/2011)
4.- Realizar as xestións e medidas oportunas para o remate logo de máis de 20 anos de enganos da "NOVA CARRETERA" de acceso o Concello: Vilarchao-A Peroxa. (Venres 25/03/2011)
5.- Campañas de PROMOCIÓN DO TURISMO para o espectacular patrimonio do noso concello (Sábado 26/03/2011)
6.- Finalización e posta en funcionamento con actividades diversas da CASA DE CULTURA (Domingo 27/03/2011)
7.- IGUALDADE de acceso dos veciños os postos e ofertas de emprego do concello, cambiar a política de favores pola de dereitos. (Luns 28/03/2011)
8.- Recuperación e promoción do noso extenso PATRIMONIO CULTURAL. (Martes 29/03/2011).
9.- REPARACIÓN e conservación periódica das carreteras de acceso os pobos do concello. (Mércores 30/03/2011)
10.- FOMENTO para a participación das distintas e variadas asociacións existentes no concello nas actividades veciñais, culturais, deportivas, etc. (Xoves 31/03/2011).
11.- LIMPEZA periódica da maleza e das beirarúas nas vías de acceso os pobos do concello. (Venres 01/04/2011).
12.- RECUPERACIÓN, MANTEMENTO E PROMOCIÓN a través actividades turísticas do noso emblema de patrimonio....o Castelo da Peroxa (Sabado 02/04/2011).
13.- VIXIANZA, CONTROL E MANTEMENTO das fosas sépticas existentes no concello. (Domingo 03/04/2011).
14.- LIMPEZA, MANTEMENTO E PROMOCIÓN das rutas de senderismo do concello. (Luns 04/04/2011).
15.- CREACIÓN de suelo industrial nun parque empresarial "real" para captar empresas. (Martes 05/04/2011).
15.- CREACIÓN de escolas deportivas municipais para fomentar o deporte nos nosos nenos e nenas. (Mércores 06/04/2011).
16.- Realización de actividades con XOGOS TRADICIONAIS onde os nosos maiores ensinen os nosos nenos e nenas as súas diversións da infancia. (Xoves 07/04/2011).
17.- CREACIÓN dun Museo Etnográfico permanente coa colaboración dos veciños para o seu disfrute e o dos nosos visitantes. (Venres 08/04/2011).
18.- ORGANIZACIÓN e promoción dende o concello da Festa da Carne e das actividades paralelas para promocionar os productos dos nosos artesáns e empresarios. (Sabado 09/04/2011).
19.- Campaña de PROMOCIÓN do Turismo para o noso concello. (Domingo 10/04/2011).
20.- DOTACIÓN de alcantarillado a tódolos pobos que todavía hoxe non o teñen. (Luns 11/04/2011).
21.- POSTA EN FUNCIONAMENTO dunha páxina WEB para o concello, operativa e funcional que sirva para promocionar o noso concello e para a realización de trámites e consultas básicas polos veciños/as.(Martes 12/04/2011).
22.- CREACIÓN dun Tanatorio Municipal. (Mércores 13/04/2011).
23.- PROGRAMAS e actividades de lecer e participación a desenrolar nos nosos pobos. (Xoves 14/04/2011).
24.- CREACIÓN do servizo de "Farmacia a Domicilio". (Venres 15/04/2011).
25.- ACTIVIDADES formativas e de lecer para as nosos mozos e mozas. (Sábado 16/04/2011).
26.- PROGRAMAS SOCIAIS de atención e mellora da calidade de vida para os nosos maiores. (Domingo 17/04/2011).
27.- ORGANIZACIÓN dunha andaina anual que sirva para promocionar o noso Concello e as rutas de senderismo para mantelas limpas e sinalizadas. (Luns 18/04/2011).
28.- XORNADAS DE CONVIVENCIA para que os nosos maiores ensinen os máis cativos os costumes e xogos tradicionais. (Martes 19/04/2011).
29.- POSTA EN FUNCIONAMENTO da Casa da Cultura como lugar de referencia para xuntanzas, actuacións e actividades para a xuventude. (Mércores 20/04/2011).
30.- APERTURA das instalacións deportivas (Polideportivo, Ximnasio, etc), para a práctica do deporte e AMPLIACIÓN do seu horario, para adaptalo as necesidades dos veciños e veciñas. (Xoves 21/04/2011).
31.-CREACIÓN e mellora dos accesos as explotacións agrícolas, gandeiras, vinícolas, forestais...(Venres 22/04/2011).
32.-AXUDA material e social para as mulleres para o coidado de maiores dependentes e discapacitados o seu cargo. (Sabado 23/04/2011).
33.- INSTALACIÓN de bocas de emerxencia para incendios nos lugares de maior risco para poder actuar con rapidez e eficacia. (Domingo 24/04/2011).
34.- AMPLIACIÓN do horario de apertura da guardería municipal para adaptalo as necesidades reais dos usuarios. (Luns 25/04/2011).
35.- Para as nosas mulleres solicitar a posta en funcionamento de ESCOLAS OBRADOIROS de emprego e cursos de orientación laboral para facilitar o seu acceso o mercado laboral. (Martes 26/04/2011).
36.- CREACIÓN dunha escola de verán que desenvolverá actividades lúdicas e de formación para os nenos e nenas nos horario laboral dos seus proxenitores. (Mércores 27/04/0211).
37.- IGUALDADE de oportunidades para o acceso aos postos de traballo ofertados a través do concello. (Xoves 28/04/2011).
38. - PUBLICITAR a toda a veciñanza as axudas e subvencións de calquer administración a través dun servizo de asesoramento e tramitación dende o concello. (Venres 29/04/2011).
39.- REALIZACIÓN de diversidade de actividades participativas e periódicas nos nosos pobos para acadar un mellor estado físico e mental: talleres de memoria, manualidades, ximnasia de relaxación. (Sábado 30/04/2011).
40.- COLABORACIÓN cos nosos pobos e parroquias na organización das súas festas e romerías como actividades de xuntanza e convivencia familiar e de veciñanza. (Domingo 01/05/2011).
41.- ORGANIZACIÓN  da Festa da Carne e Mostra da Artesanía, onde os nosos hostaleiros, artesáns e empresarios en xeral promocionarán e venderán os seus productos. (Luns 02/05/2011).
42.- CREACIÓN de Talleres Formativos para as nosas mulleres para ampliar os seus coñecementos. (Martes 03/05/2011).
43.- ACTIVIDADES de Lecer (Pilates,Ioga, Simnasia, Teatro, Pintura...) para fomentar e potenciar o asociacionismo e a convivencia. (Mércores 04/05/011).
.........


Ante o comenzo no día de maña da campaña electoral e a presentación "oficial" do noso programa electoral creado a partir das aportacións, suxerencias e ideas de moitos dos nosos veciños poñemos fin a este apartado agradecendo enormemente a colaboración de todos e todas.

So nos queda agora pedir a vosa colaboración para o 22 de maio para poder levar a cabo a realización de tódalas ideas e aportación propostas.

Vémonos na campaña ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario