Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 17 de marzo de 2011

Eventos deportivos fin de semana 19 e 20 de Marzo de 2011

Pouca actividade deportiva neste fin de semana, tan só xoga o equipo da Preferente Autonómica e desta vez nun campo histórico da 2ªB e categorías importantes. Xogará en Vilagarcia de Arousa fronte o equipo local.

Recordamos que para este desprazamento importante e para disfrute do equipo e da afición a expedición sairá pola maña para ir a comer a Vilagarcia, visitar a vila e logo disputar o encontro.

Todo aquel que queira anotarse debe poñerse en contacto con calquer membro da directiva.

A saida do autobús será as 10:20 da Peroxa fronte o bar Agro e as 10:45 de Ourense, na avenida de Santiago fronte o restaurante/cafeteria Novo Milenio Llovizna.

O encontro sera no campo da Lomba as 17:00

Acompaña e disfruta cos equipos do teu concello ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario