Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 16 de marzo de 2011

Un exemplo de desprezo a xuventude.

Outra vez imos a mostrarvos como o Sr. Alcalde da Peroxa utiliza a xuventude do noso concello.

Nestes días que parece que lle iluminaron as ideas e agora dedícase a rodearse e fotografarse coa nosa enganada xuventude imos lembrarvos un par de cuestións que caeron no caixón dos olvidos co grave perxuizo que esto supuxo para os nosos mozos que tan so teñen a día de hoxe como lugar de reunións, actividades e cita os bares do concello, (lugares onde por certo aproveita para xuntanrse e fotografarse con eles) sen o máis mínimo pudor. Creemos que ese non é o mellor lugar para fomentar e involucrar a xuventude a que mire polo noso concello (cousa esta que aplaudimos, lástima que so sexa con fins electorais).

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/08/15/0003_6061435.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz&idioma=galego

No enlace superior tedes unha noticia do ano 2007, recén pasadas as anteriores eleccións municipais onde se puxo de prazo para inauguración do Centro Xuvenil, Biblioteca, Auditorio, Servizos Sociais e non se que máis nomes lle deron, para finais do ano 2008.

Pois ben logo de dilapidar 90 millóns das antigas pesetas entregadas polos Plan E do goberno de España o único que temos e unha estructura sen rematar e que se usa como pendello/garaxe para gardar vehículos do concello, ou como almacén.

 
 E por si lles parecía pouco despropósito de xestión logo de 4 interminables anos de obras e deterioros, podedes comprobar vos mismos o estado lamentable da praza do concello, con roturas, buratos, etc, co conseguinte peligros para os nosos viandantes e visitantes.

No enlace seguinte tedes outra nova sobre este tema onde se chamaba "Centro Juvenil".


Así é como se levan burlando de nos moitos anos, con enganos e máis enganos, e arrimándonos os mozos cando nos interesa e despreciándoos cando non son necesarios.

Unha vez máis pedimos reflexión sobre situacións como a exposta nesta noticia e lembrar que este goberno municipal pensa moi pouco ou nada na xuventude......

CENTRO XUVENIL= ENGANO
GARDERÍA = ENGANO
PARQUE INFANTIL= ENGANO
AUDITORIO= ENGANO.........

De vos depende, podedes seguir agardando polas mentiras ano tras ano ou optar por unha idea diferente de facer e de pensar na xente e nos veciños. Pero recordade que para as vindeiras eleccións do 2015 moitos de vos xa non seredes "NOVAS XERACIÓNS", senón homes e mulleres feitos e dereitos e con necesidades nun concello onde quereredes e poderedes vivir con dignidade e igualdade de oportunidades.

Por este motivo pensade ben que queredes ou que merecedes para estas municipais 2011, logo xa será tarde.

Para rematar e como aviso para os "interesados", lembrade que estamos a vixiar tòdalas actuacións no noso concello para que se realicen nos prazos previstos, e esta obra incompleta concretamente investigaremos as posibles irregularidades legais cometidas por ser unha obra pertencente o Plan E, con que eso supón, unha dos requisitos era que as actuacións foran "obras rematadas", nunca por fases, como aquí acontece.


1 comentario: