Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 28 de marzo de 2011

Novas achegas económicas para o concello da Peroxa

Informamos os veciños das recentes achega económicas que recibiu o noso concello.

Primeiramente tedes no enlace que sigue a adxudicación de case 200.000€ para o pavillón dos Peares. Importante inversión a realizada, lástima que chegue con varios anos de retraso, nun pobo onde o deporte do futbol-sala tivo unha importancia notable pero que hoxe en día coma en case todas as actividades do concello está en decadencia polo abandono pola nefasta e inexistente xestión deportiva a que nos somete o concello.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/58811d812952e710c125784c00519823/$FILE/04600D011P020.PDF

Esta inversión desexamos que sirva para revitalizar esta práctica deportiva ou otra calquera e non para usar o recinto para "paperotadas" de políticos. Miraremos para que o seu mantemento sexa o correcto e tentaremos que non chegue o estado de abandono e case ruina do que se fixo na Peroxa, que leva moitos anos sen actividade algunha.
Dende o noso grupo estamos dispostos se nos dades o voso apoio a facer da práctica deportiva e sobre todo na dos nosos nenos e nenas, sen esquecer as actividades para a mocidade e os nosos maiores unha das liñas básicas do noso goberno.

A seguinte aportación económica chega dende medio rural para obras de infraestructuras no rural para o seu desenvolvemento. A cantidade de de 154.000€ que estaremos atentos e vixiantes a que se invirtan realmente no subscrito no convenio, non como sucedeu con anterioridade.

http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/6d6bfe7b91deb422c1257856004d3c48/$FILE/05500D004P006.PDF

As seguintes achegas económicas están destinadas a actividades deportivo-culturais.

Primeiramente máis de 800€ para a actividade TEMPO DE LECER NA 3º IDADE ¿?

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=55&fecha=20110309
(Páxina 3)

Temos tamén outra de 900€ para a actividade deportiva DEPORTE PARA TODOS (ou case todos).

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=62&fecha=20110317
(Páxina 3)

A pregunta é ben sinxela.....¿ata cando vamos a consentir que se sigan rindo de nós? ¿realmente credes que estas actividades son suficientes para os nosos veciños? ¿porquè os nosos nenos e nenas non teñen actividades como calquer outro concello? ¿porqué os nosos maiores non teñen actividades? ¿porqué a noso mocidade a única actividade que ten no concello e reunirse nos bares?....

ATA CANDO IMOS ATURAR ESTO?

 Necesitamos xente con gañas de facer o que esta xente do concello se nega a facer, ben sexa por vagancia, por incompetencia, ou porque realmente pouco lle interesamos.

Propoñemos actividades diarias, semanales ou mesmo mensuales, dependendo da demanda que teñan: teatro, talleres de pintura, de manualidades, de baile, etc......con acceso a todas as persoas e a todos os pobos pensando na xente que non se pode desprazar.

DE TÍ DEPENDE CAMBIAR ESTA TENDENCIA, TÍ ELIXES ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario