Na noite do pasado venres 11 de marzo presentaronse oficialmente os candidatos do PSdG-PSOE as alcaldías dos concellos da comarca de Ourense:
http://www.xornal.com/album/2011/03/12/foto/2011031215290000945.html/4#imaxe
Con este acto damos o pistoletazo de saida a unha eleccións importantes para o noso concello onde por unha banda teremos a opción de "sempre"...; obsoleta, caduca e movida únicamente por intereses electoralistas e persoais, onde a mellora de condición de vida do veciños é unha opción non contemplada nesta opción política do PP.
Os seus ideais son sempre os mesmos; políticas de favores e nunca de dereitos, promesas incumplidas unha e outra vez, falsas expectativas a unha xuventude que so se usa en épocas electorais para seguir no poder, recorte dos servizos sociais os nosos maiores, illamento total dos pobos do concello cun abandono que roza o tercermundismo en moitos dos seus accesos, nula preocupación polos problemas reais dos veciños e veciñas onde tan só se acordan deles nestas datas preelectorais, preocupación únicamente polos intereses duns poucos aplicando a frase máis de moda no PP..."haber cando e onde me colocan".
Resumindo, unha opción onde o único que prevalece son os intereses persoais e seguir vendendo favores a conta de permanecer no poder e con iso privarnos dun futuro digno para o noso concello.
Por outra banda, a opción polo que aposta a nosa agrupación, onde se aposta plenamente pola xuventude, pola renovación, polas gañas de traballar polos nosos e polos seus problemas, pola igualdade de oportunidades para todos e todas, polos dereitos dos veciños, polas infraestructuras, polos nosos cativos, polo FUTURO dun concello que non merece seguir recibindo este castigo o que nos someteron todos istes anos, e o que nos queren seguir castigando e arruinando o futuro das xentes e terras por teren esa macabra idea de traer o noso territorio ese VERTEDOIRO DE LIXO.
Lembrade ben: Alcalde do PP na Peroxa = Vertedoiro de lixo.
Para rematar presentamos o noso candidato para as municipais 2011 na Peroxa polo PSdG-PSOE.
ANTONIO GONZÁLEZ FIUZA (O Toño do Amido)
Xuventude, Optimismo, Forza, Traballo, Carácter, Entrega, Seriedade e con gañar de mellorar o seu concello.
Os nosos parabéns,moito animo e sorte.
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
sábado, 12 de marzo de 2011
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
onde está o vertedoiro, non se ve....que bromistas sodes!!!
ResponderEliminarPrimeiramente gracias polo teu interese e seguimento das nosas noticias. En segundo lugar mostrar por suposto a nosa ledicia por non confirmarse esa situación, e finalmente indicar que de broma tiña pouco, xa había ubicación concreta:
ResponderEliminarhttp://www.farodevigo.es/portada-ourense/2011/02/27/peroxa-convierte-alternativa-limia-ubicar-planta-incineradora/522310.html