Cuestión que logo de moitos meses sen tomar as medidas oportunas ocasionando que os nosos visitantes e comensais acudiran en domingos atopandose co cambio de datas, sen a información correcta, por parte desta Agrupación Socialista enviamos un e-mail indicandolle a prensa os cambios producidos e que posteriormente subsanaron indicando as datas e días correctas das nosas feiras.
Pois agora parece que o problema repìtese na outra feira que se celebra no noso Concello, a do día 3 en San Ciprián que como amosamos na imaxe seguinte, segue sen anunciarse correctamente, xa que o pasado día 2 non se reflexaba a súa celebración para o día seguinte como se acostuma a facer habitualmente coas feiras doutros lugares da provincia.....
AGARDEMOS POLO TANTO, UNHA RECTIFICACIÓN E INFORMACIÓN CORRECTA DOS NOSOS EVENTOS PARA FOMENTAR A PARTICIPACIÓN NAS FEIRAS TRADICIONAIS E FONTE DE INGRESOS PARA A HOSTELERÍA.
SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO PARA A MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario