Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 2 de diciembre de 2013

IRREGULARIDADES NO COLEXIO DA PEROXA

Non è fàcil resumir neste artigo a situación pola que pasaron e estàn todavía a pasar os alumnos e alumnas do noso Colexio Pùblico no Concello.

Situación que logo de varias semanas interesándonos de primeira man pola problemática exposta por varios dos pais e nais do alumnos e contrastando as informacións que nos facilitaron coa propia dirección do centro, cos responsables da Xefatura Territorial de Educación e tamén cos mandatarios do Concello, tentando buscar unha solución as varias anomalías denunciadas, chegamos a triste conclusión que parece que o futuro deste Centro Escolar non lle preocupa a case ninguén dos responsables directos ou indirectos do mesmo.

Unha das anomalías denunciadas foi a falta de calefacción no centro escolar dende o comenzo deste curso, ata que por fin se lles puxo solución a finais do pasado novembro, tras varios meses buscando culpables en vez de buscar solucións. Ata entón a situación de incomodidade e falta de condicións dignas foi paliada provisionalmente coa aportación dos pais e nais dunha estufas electricas, pero que para nada era unha solución axeitada, xa que o calor localizabase únicamente nas clases e departamentos dos profesores, mentras os pasillos, baños e resto do efificio tiña unhas temperaturas extremadamente baixas, que provocou enfermidades en varios dos alumnos/as do centro.

Segundo a versión "oficial" dos responsables de Educación, dependentes da Xunta de Galicia, manifestaron o descoñecemento de tal situación, debido a unhas débedas pendentes nas contas do centro, versión que nos resulta difícil de creer xa que estas citadas contas levanse e aprobanse nos Consellos Escolares. Tamén criticaban e lamentaban que por parte do Concello da Peroxa, non existise colaboración económica algunha nesta situación, e ademàis indicaban que tamén o Concello realizaba as súas "actividades culturais" no salón de actos deste centro escolar.

Dende a dirección do centro amosaron a súa preocupación por falta de compromiso na busca dunha solución a unha problemática nas contas que viñan de exercicios anteriores.

Dende os responsables municipais do Concello, se nos informou que se puxeron a disposición tanto do Centro como dos pais e nais para solucionar a grave problemática pero que foi rexeitada esa colaboración por parte dos pais.

Curiosamente, dende o Concello, aceptouse esa postura dos pais e nais, ainda a sabendas de que tamén estaba sendo perxudicada a economía e as contas do concello, dato que os gastos para o gasoleo entre outros, è competencia da Xunta de Galicia, a travès da Delegación de Educación, mentras os gastos de enerxía elèctrica coa que funcionaban as estufas iban as contas do Concello, responsable das facturas.

Tamén, por certo, pareceu imporse a "lei do silencio" sobre este asunto, non sabemos moi ben con que fin ¡¡

Como xa indicamos, logo de varias semanas na busca dunha solución por parte dos responsables da anomalía, e tras obter disculpas nun lado e noutro sen sentido algún, tan só preocupados en buscar culpables decidimos facer pública esta anomalía cunha nota de prensa denunciando esta situación, para tratar de acadar así a preocupación e vergoña pùblica dos responsables de Educación sobre esta triste deficiencia.

A nova publicouse na prensa local.....

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/11/23/reclaman-encienda-calefaccion-centro-educativo-peroxa/00031385226866741351560.htm

http://www.ourensedixital.com/_novas/13/11/25_03.htm

Posteriormente, recibíamos a boa nova que se cargara "parcialmente" gasoleo para por de novo en funcionamento a calefacción do centro.
Unha solución novamente "provisional" e que agardemos non teña que voltarse a repetir esta triste situación vivida polos alumnos/as  e docentes do Centro.

Como ben indicamos, buscamos a versión dos responsables deste Centro Escolar, e no que o noso Concello da Peroxa respecta fixémolo a través dunha pregunta no pasado Pleno Ordinario:

 VER PREGUNTA Nº 2......


O Alcalde, manifestou, como así se reflexou na acta deste Pleno, que dende o Concello se fixeran TODAS as acciòns que estaban o seu alcance. Manifestando que esta situación produciuse segundo indicou no citado pleno...."pasou o que pasou porque quixeron os pais, nais e profesores", indicando que él mesmo se presentou o primeiro día de inicio do colexio ofrecendose en nome do Concello a subsanar calquer deficiencia que houbera e que foi informado dende a Asociación de Pais e Nais que non precisaban nada.
No tocante o compromiso da Delegación de Educación en Ourense manifestou que era TOTAL, ainda que descoñecía o prazo.

TEMOS QUE INDICAR QUE NESTE PUNTO DO PLENO LOGO DE RESPOSTAR AS NOSAS CUESTIÓNS E PREOCUPACIÓNS POLA BUSCA DE SOLUCIÓNS, MANIFESTOU CUN TONO ELEVADO E MANIFESTAMENTE MOLESTO, QUE TAN SÓ UN DOS PAIS DOS NENOS DO COLEXIO NOS FIXERA CHEGAR A INFORMACIÓN DESTA SITUACIÓN...¡¡¡¡

UNHA VEZ MÁIS, ESTES SON OS SEUS TRISTES ARGUMENTOS A SÚA INCOMPETENCIA, ELEVAR A VOZ E PRETENDER OU CREER TER "CONTROLADO" TODO E A TODOS.

POR SORTE PARA TODOS E TRISTEMENTE PARA ÉL, SON XA MOITOS E MOITAS OS VECIÑOS E VECIÑAS QUE BUSCAN EN NÓS COLABORACIÓN PARA SOLVENTAR AS SÚAS NECESIDADES E DEFICIENCIAS, O IGUAL QUE NESTE CASO QUE NOS OCUPA....FORON BASTANTES MÁIS DOS QUE ÉL CREE.

A SÙA ÚNICA PREOCUPACIÓN PARECE SER IMPOR A "LEI DO SILENCIO", E MANTER O "CONTROL" DOS ÓRGANOS E DAS PERSOAS, SEN IMPORTARLLE A REALIDADE E AS NECESIDADES QUE TEN DIANTE DOS OLLOS....¡¡¡

Para os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista a través dos nosos 3 concelleiros, que neste asunto, precisamente nos reunimos os 3 cos responsables desta situación por considerar de vital importancia.

POR CERTO.....

PARA NÓS E SUFICIENTE CON QUE TAN SÒ UN VECIÑO OU VECIÑA, E NESTA CASO PAI O NAI, (que como indicamos para tristeza do Sr. Alcalde fòron bastante máis) NOS SOLICITE COLABORACIÓN PARA ARRANXAR CALQUER ANOMALÍA, XA QUE NOS MERECE TODA A NOSA ATENCIÓN, CUESTIÓN QUE PARECE NON SER ASÍ PARA A ALCALDÍA, PREOCUPADA SÓ POLOS ASUNTOS DOS "SEUS".

Neste mesmo Pleno tamén nos interesamos e preguntamos o Sr. Alcalde si era sabedor de que dende a dirección do Centro se solicitara os pais e nais dos alumnos/as que levasen da casa a auga embotellada, por non poder facer uso da que existe no Colexio.

NOVAMENTE, MANIFESTOU QUE ESO NON ERA CERTO¡¡¡¡¡ E QUE NAIDE LLE COMUNICARA ESA SITUACIÓN.......

Supoñemos entón que tampouco será coñecedor da supresión dun docente que atendía as necesidades especiais dalgúns alumnos deste Centro, e que tamén loitaremos pola súa reposición.


Igual debería preocuparse mais polo Concello......¡¡¡¡















No hay comentarios:

Publicar un comentario