Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 20 de diciembre de 2013

Actividades nas Festas do Nadal 2013

Celebraránse durante varios días das vacacións de nadal 2013 para os nosos peques do Concello actividades para compartir e desfrutar destas festas especiales para eles.

As actividades que ofrece o Concello da Peroxa serán nos días e horas que se publican no cartel anunciador elaborado polo propio Concello, e que é o seguinte:

Celebraránse actividades de lecer, deportivas, etc.

Tamén un ano máis estamos a piques de poder disfrutar dun dos eventos por excelencia na nosa provincia en canto a diversión para os máis cativos se refire.......chega Pazolandia.


Un gran parque de atraccións que en horarios de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 e por un prezo na entrada de 4€ calquer cativo ou cativa poder desfrutar das súas atraccions favoritas.

Os días dispoñibles de apertura son os que se amosan no cartel anunciador....


Como en anos anteriores, estamos a espera de que o Concello da Peroxa, comunique o día e hora na que levará os nenos e nenas do concello a disfrutar deste evento, e no que participaran en convenio coa Deputación máis de 65 concellos de toda a provincia.

Finalmente, e seguramente o de máis importancia, è o anuncio que se fai por parte do Concello dunha nova campaña de recollida de alimentos non perecedeiros e xoguetes para COMPARTIR coas persoas e cativos que estàn a pasar dificultades, para que igual que o resto dos seus compañeiros disfruten como se merecen as "suas festas" de Nadal, da que son os verdadeiros protagonistas.

Por este motivo e iniciativa, solicitamos a colaboración de toda a veciñanza do Concello para que participe nesta acción gratificante, e unha vez máis, felicitamos públicamente o Concello da Peroxa pola iniciativa e colaboración coas parroquias do Concello.

O cartel que anuncia esta campaña.....


PARTICIPA DAS ACTIVIDADES E COLABORA COAS  INICIATIVAS PROPOSTAS NO NOSO CONCELLO.

 



1 comentario:

  1. A Pazolandia vaise o día 2 de xaneiro ás 16:00 e para apuntarse hai que acudir ou chamar ó concello ata o día 30 de decembro!!.

    ResponderEliminar