Lembramos que no día de mañá celebrarase en Ourense unha importante e necesaria manifestación contra os graves recortes sanitarios que se están a producir na nosa provincia, e mesmo no noso Concello,
onde vos recordamos que recentemente se nos suprimiu un dos médicos do Centro de Saùde da Peroxa, e tamén indicar que xa algún dos nosos nenos e nenas veciñas do Concello, xa sufriron as consecuencias dos traslados a Vigo para operarse pola supresión do Servizo de Pediatría Cirurxica en Ourense.
Polo tanto, sobran os motivos para asistir e amosar públicamente o noso rexeitamento a estas medidas inxustas e inxustificadas por parte da Xunta de Galicia.
A cita será mañá martes día 10, con saída as 20:00 dende o Pabellón dos Remedios.
LOITA E PELEXA POLA DEFENSA DOS NOSOS DEREITOS ¡¡¡
ACOMPÀÑANOS ¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario