Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 18 de diciembre de 2013

Melloras necesarias realizadas

Certamente...unhas máis que outras, pero finalmente as obras pendentes de asfaltado de vías existentes no noso Concello executaronse.

Unhas actuacións xa analizadas nun artigo anterior neste mesmo blog:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2012/07/obras-que-se-van-realizar-no-concello.html

Unha vez reiteramos a nosa ledicia polas melloras acometidas, ainda que tamén botamos en falta algunhas outras que ven se podían ter incluído neste plan debido a súa urxencia de mellora e solicitadas polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista en reiteradas ocasións. Onde se amosa unha vez máis, e sempre dentro do respeto polo traballo feito a prol da mellora do Concello, que discrepamos na necesidade dalgunha das obras que se acometeron, xa que consideramos que había outras prioritarias.

Tamén amosamos o noso interès para o control e seguimento pola execución destas actuacións a través da petición da información correspondente do expediente das obras que se iban acometer:


Fixemos como función que nos corresponde como oposición o noso seguimento as actuacións previstas velando polo seu estricto cumprimento....

O CARTEL QUE ANUNCIABA ESTE PROXECTO ERA O SEGUINTE:



As actuacións realizadas foron as seguintes, onde amosamos o estado inicial e a situación actual despois das melloras realizadas....

 ACCESOS O POBO DE PIÑEIRON E VILABOA ANTES

  ACCESOS O POBO DE PIÑEIRON E VILABOA AGORA



   ACCESOS OS POBOS DE BEACAN E AIROA ANTES


 ACCESOS OS POBOS DE BEACAN E AIROA AGORA
Nesta actuación lamentamos non se tivera limpiado a maleza previamente para un mellor asfaltado aproveitando todo o ancho da carretera.

  ACCESOS O POBO DO SOUTO ANTES


ACCESOS O POBO DO SOUTO AGORA


 CARRETERA ENTRE O SOUTO E O FORO ANTES


 CARRETERA ENTRE O SOUTO E O FORO AGORA
Nesta actuación a veciñanza e conductores habituais que usan esta carretera botaron de menos que o asfaltado non chegase ata o cruce de Cinconogueiras, xa que o seu estado está moi deteriorado.


RUA NO POBO DO SOUTO ANTES


RUA NO POBO DO SOUTO AGORA


CARRETERA ENTRE OUTEIRO DE GRAICES E A PEROXA VELLA ANTES


CARRETERA ENTRE OUTEIRO DE GRAICES E A PEROXA VELLA AGORA
Esta actuación "vendeuselle" como un gran favor os veciños de Outeiro tras o paso do Rally de Ourense por este lugar, cando a obra xa estaba prevista con moitos meses de antelación a dito evento, no que por certo, os propios pilotos participantes criticaron pùblicamente o lamentable estado desta vía, onde recordemos provocaron o abandono de varios vehículos, entre eles uns dos favoritos a victoria e "Ourensán de adopción" Serxio Vallejo por reventar unha roda nun pinchazo.


RUA NO POBO DAS CUARTAS ANTES


 
 RUA NO POBO DAS CUARTAS AGORA


 ACCESO O POBO DE FERRADAL ANTES



 ACCESO O POBO DE FERRADAL AGORA
Nesta actuación creemos que pesaron máis outros "criterios" que a propia necesidade polo seu mal estado.



 AS FOTOS ANTERIORES CORRESPONDEN OS ACCESOS O POBO DE LENTOMIL


 
 ASFALTADO CARRETERA CARA LENTOMIL, GAIOSO E VILANOVA
 Novamente esta actuación non estivo acertado totalmente, xa que tampouco se limpiou a maleza previamente dificultando as labores de asfaltado correcto de toda a vía. Con respecto as actuacións das dúas imaxes anteriores, quizáis das màis necesarias non se executaron na súa totalidade.


RUAS NO POBO DE LENTOMIL AGORA


Na seguinte imaxe que amosaremos ilustra perfectamente outra das "chapuzas" efectuadas pola empresa encargada das obras. No seu día, debido as excesivas choivas do inverno pasado, nese punto, a carón da ponte sobre o regato produciuse un desprendemento perigoso de parte da vía, que os nosos Concelleiros Socialistas no Concello solicitaron o Sr. Alcalde o seu arranxo, o cal respostou no Pleno que se incluiría a reparación dentro desta actuación de asfaltado que estaba pendente de facer neste punto, pero o que fixo a empresa foi botar terra sobre o regato para tapar o burato e non foron capaces nin de asfaltar ata o borde da estrada, polo que seeguramente coas primeiras choivas se volva a derrumbar sobre o regato.

A imaxe da situación actual é a seguinte:



A petición que os nosos concelleiros fixeron a través dos Rogos de mellora no Pleno do Concello foi o seguinte no punto numero 4, onde unha vez máis amosamos e nos preocupamos polas actuacións que a veciñanza demanda:






AS TRES IMAXES ANTERIORES CORRESPONDEN A ESTRADA QUE VAI DENDE O CRUCE DO RIAL ATA OS ACCESOS OS POBOS DE DIARADA, LENTOMIL E GAIOSO ANTES DO ARRANXO.






 AS 5 IMAXES ANTERIORES SON ACTUACIÓNS QUE SE ACOMETERON PARA A MELLORA DESTA VIA, ATA DIARADA E ATA GAIOSO, E AS PROPIAS IMAXES FALAN POR SÍ SOAS DA LAMENTABLE ACTUACIÓN, ONDE SE VE COMO SE TIRAN COS CARTOS DOS NOSOS IMPOSTOS EN OBRAS INCOMPLETAS OU FALTAS TOTALMENTE DE CRITERIO, CUNETAS SEN ARRANXAR, BACHES NAS BEIRAS DA CARRETERA, ASFALTADO ESCASO......UNHAS ACTUACIÓNS QUE SEGURAMENTE TARDARÁN ANOS EN VOLVER A REALIZARSE NESTAS VÍAS E QUE POLO TANTO, NUN BREVE PRAZO OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ZONA VOLTARAN A SUFRIR NOVAMENTE O DETERIORO DESTA VÍA ANTE ESTA NEGLIXENTE ACTUACIÓN QUE DENDE O CONCELLO DA PEROXA DEBERÍAN PEDIR RESPONSABILIDADES E GARANTÍAS NA SÚA EXECUCIÓN.


ESTA SITUACIÓN DA IMAXE QUE AMOSAMOS DASE A ESCASOS 5 METROS DE ONDE FINALIZARON O ASFALTADO DA CARRETERA QUE SUBE CARA GAIOSO E A VILANOVA......OU ACABOUSE O ASFALTO .....OU OS CARTOS.....PERO É LAMENTABLE DEIXAR A CARRETERA NESTE DEPLORABLE ESTADO.

Unha vez executadas estas actuacións no verán pasado, os nosos Concelleiros solicitaron no Concello información sobre un par de actuacións que quedaban pendentes todavía das previstas incialmente. No Concello non foron quen de respostar os motivos polos que non se acometeran.
Acudimos as oficinas en Ourense de Medio Rural, responsable e organo financiador das obras, e tivemos acceso o expediente, onde vemos como por motivos dunha modificación que aumentaba actuacións, fixo que se suprimiran outras dúas previstas como eran o asfaltado do Campo da Festa de Graíces e a Praza do Concello da Peroxa.


CAMPO DA FESTA DE GRAÍCES


PRAZA CONCELLO DA PEROXA

Como amosamos nas seguintes imaxes dos Planos da obra, estaban inicialmente previstos:



Una vez obtida a resposta "oficial" na Delegación Territorial de Medio Rural, trasladamos a mesma pregunta o Pleno do Concello do pasado mes de novembro....como podedes ver na pregunta numero 6.


 
O Sr. Alcalde respostou "que debido a unha modificación das outras actuacións, decidira suprimir estas dúas previstas, xa que dende un principio dudaba deste proxecto pola pouca fiabilidade que lle daba o tecnico da Xunta que o redactou".


ESTA É A INFORMACIÓN QUE DESTA ACTUACIÓN FACILITAMOS A VECIÑANZA DO CONCELLO DA PEROXA, PARA O SEU ANALISE.

REITERAMOS, O MESMO TEMPO, A NOSA PETICIÓN DE MELLORA DE ACTUACIÓNS URXENTES EN MOITAS ESTRADAS DO NOSO CONCELLO COMO XA SOLICITAMOS NOS PLENOS A TRAVÉS DOS CORRESPONDENTES ROGOS....

-- Nas rúas de Bouzasvedras....
-- Na pista que atravesa os pobos de Abertesga e Vilar.
-- Accesos o pobo de Besteiros....
---Carretera entre Casdeguìstola e Alende....
---Estrada dende o Conchouso ata a carretera Peroxa-Gueral....
---Rùas na Recheda.....
---Etc, etc.

As cales ben se poderían incluir nas vindeiras actuacións que se van acometer a través dos distintos Plans Provinciais, Plans de mellora de viais do Concello.....etc.

A imaxes das nosas peticións a través de iniciativas propias ou por demandas da veciñanza amosan esa necesidade:






SEGUIREMOS TRABALLANDO PARA A MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario