Un desproporcionado incremento que foi apoiado e defendido polo Alcalde e os concelleiros do PP da Peroxa no Pleno anterior, o rexeitar a moción presentada polos nosos concelleiros socialistas para que ese incremento non se levase a cabo e repercutise directamente nos petos dos veciños e veciñas do Concello da Peroxa.
Lembramos que a moción presentada foi a seguinte....
Estas son as noticias que parecen definitivas ao respecto:
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2013/11/30/xunta-aplaza-julio-tasazo-basura-rebajar-importe/0003_201311G30P4996.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz
O Alcalde como argumentario o seu voto e o dos seus concelleiros do PP negativo a apoiar esta moción da defensa dos intereses da veciñanza do Concello, indicou como xa expuxemos no resumo do citado pleno..."que os servizos hai que pagalos", e tamén garantiu que este ano vindeiro non aplicará a suba os recibos do lixo no concello.
Estamos de acordo que hai que pagar os servizos, pero tamén estamos de acordo que os prezos deben ser en relación a calidade coa que se prestan.....e lembramos que hai moitos concellos da provincia similares en poboación e territorio o noso que pagan aproximadamente 30€ no recibo do lixo, moi lonxe dos nosos 55€ ¡¡
Amosamos tamén algunha das anomalías das que xa demandamos unha solución nas oficinas municipais, e das que informamos os veciños e veciñas que transmitan calquer anomalía ou incidencia neste servizo como en calquer outro.
As imaxes seguinte corresponden o contenedor amarelo do pobo do Amido, que leva máis de 2 meses sin ser baleirado....
Aproveitamos tamén a publicación desta queixa para extendela a preguntar que foi do contenedor de papel que había diante do Mesón Fabas na Peroxa, a carón da Farmacia..¿? xa que fai varias semanas que foi retirado e todavía non foi reposto, sendo un lugar onde por mor dos negocios existentes tiña un uso frecuente...
Noutros puntos do pobo da Peroxa seguen estando na súa ubicación habitual e necesaria, incluso en algúns lugares de gran uso hai ata 2 como na zona da Ferreteria e do Supermercado...
Aproveitamos este artigo para facer un chamamento os responsables municipais, dos que sabemos son asiduos seguidores das nosas publicacións deste blog, para verificar a correcta ubicación e vaciado dos distintos contenedores nos pobos e parroquias do Concello, así como un fomento e campaña de sensibilización do gran valor económico e medioambiental que ten unha reciclaxe correcta.
Solicitamos tamén, polo tanto, a colaboración da veciñanza do Concello, xa que unha correcta reciclaxe repercute na economía do propio concello, o que se lle desconta na factura anual o valor dos distintos e correctos reciclaxes de plásticos, cartóns e vidros....por iso, canto mellor reciclemos menor será a factura que o Concello debe aboar. Aforro que polo tanto debería repercutir nuns mellores servizos.
SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario