Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 10 de diciembre de 2013

Resumo do Pleno Ordinario do 28/11/2013

A continuación facemos o resumo do que foi o interesante Pleno celebrado no Concello da Peroxa o pasado 28 de novembro.

Segundo a orde do día proposta polo Sr. Alcalde os acordos nos diferentes puntos foron os seguintes:

No primeiro punto, aprobouse por unanimidade a acta do pleno anterior.

No segunto punto, no apartado de Escritos e Comunicacións, o Sr. Alcalde, cumprindo coa normativa legal da conta o Pleno sobre o LEVANTAMENTO DUN REPARO IMPOSTO POLO SECRETARIO DO CONCELLO, en canto a vulneración das normas establecidas en canto a contratación de persoal. Neste caso o secretario do Concello emitiu o seu reparo baseándose na falta de expediente algún de contratación para un empregado que según manifestou textualmente o Sr. Alcalde...."contratei a dedo unha persoa para a limpeza da maleza nas cunetas no mes de xullo xa que daba pena velas, e a pesares de que a máquina habitual da limpeza andaba a facer esa labor, non ía dar tempo a facer o traballo, e non creo que por esto o Sr. Montoro me meta no cárcere....."

Por este tipo de "actuacións" ILEGAIS vemos diariamente na prensa Alcaldes que serán xulgados por posible delito de prevaricación, xa que incumpren a normativa vixente a pesares das advertencias xa sinaldas por parte do Secretario do Concello.     Continuará......

No terceiro punto, tivemos a nosa disposición e consultamos os decretos dictados.

No cuarto punto da orde do día, a nosa Agrupación Municipal Socialista o igual que fixo no pasado Pleno presentou unha moción na busqueda da colaboración dos responsables municipais para evitar a imposición da subida da taxa do lixo nun 34% que repercutirá directamente e negativamente nos petos dos veciños e veciñas do noso Concello.

A Mocion que presentamos foi a seguinte....



LEMBRAMOS QUE NO ANTERIOR PLENO ONDE TAMÉN PRESENTAMOS UNHA MOCIÓN SOLICITANDO A NON PRIVATIZACIÓN POR PARTE DA DEPUTACIÓN DESTE SERVIZO.....O SR. ALCALDE NAS SÚAS ALEGACIÓNS PARA NON APROBALA MANIFESTOU QUE "A SUBA DA TAXA DE RECOLLIDA DO LIXO SERÁ INCREMENTADA EN PROPORCIÓN A QUE REALICE SOGAMA"

Pois con estas manifestacións danos a razón e a xustificación de porqué presentamos esta moción solicitando que non se aplique esta abusiva suba.

POLA CONTRA, A RESPOSTA DESTE PLENO A MOCIÓN FOI A SEGUINTE...."ESTAMOS A FACER XESTIÓN PARA QUE OS VECIÑOS TEÑAN QUE PAGAR O MENOS POSIBLE, PRESIONANDO NA DEPUTACIÓN"

ASEGURANDO TAMÉN, QUE NESTE VINDEIRO ANO 2014 A TAXA SEGUIRÁ IGUAL, SEN NINGUN TIPO DE INCREMENTO...¡¡¡

A PESAR DESTAS RESPOSTAS, REXEITAN A MOCIÓN OS 8 CONCELLEIROS DO PP CO SEU VOTO EN CONTRA DA MOCIÓN, ANTEPONDO UNHA VEZ MÁIS, OS INTERESES DO SEU PARTIDO AOS INTERESES DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS.


As noticias que a prensa publica sobre este asunto, entre outras son as que siguen...

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/13/galicia/1384345667_790849.html

http://www.laregion.es/noticia/269937/recibo/basura/subira/entre/euros/

Diante desta medida, hai alcaldes que defenden as economías e intereses da veciñanza....

http://www.lavozdegalicia.es/SSEE/print.jsp?idContenido=0003_201311G19P6998&idSeccion=9D499C8D0A80B1980007D8BB1AB0D78E

O organismo representante dos concellos de Galicia, temén fixo a súa valoración e propostas alternativas...

http://www.farodevigo.es/galicia/2013/11/21/fegamp-suma-conflicto-sogama-pide/918497.html

O Sr. Feijoo no seu estilo habitual, ameazando os Concellos:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/11/21/galicia/1385060699_494436.html

A posición dos Socialistas Galegos...

http://www.youtube.com/watch?v=kI5NrkfX0eI&feature=youtu.be

Finalmente, a mesma Xunta de Galicia parece recuar.....

http://www.laopinioncoruna.es/galicia/2013/11/30/xunta-aplaza-aumento-canon-sogama/788508.html


No punto quinto da orde do día, no que respecta os Rogos, os nosos Concelleiros Socialistas solicitan as seguintes melloras:



As imaxes que xustifican as nosas peticións, feitas moitas delas a través das suxerencias que nos fan chegar os veciños e veciñas do Concello son as seguintes para cada situación de mellora solicitada:

NA PETICIÓN DE MELLORA DA CARRETERA NO POBO DE MIRALLOS A SITUACIÓN ACTUAL E A QUE VOS AMOSAMOS....



 NA SOLICITUDE DE REPARACIÓN DOS BURATOS NA CARRETERA QUE VAI DENDE A ZONA DE VERDELLE E BARBEITAS CARA A ZONA DO GULFAR AS IMAXES SON BEN SIGNIFICATIVAS DO DETERIORO DESTA ZONA, ONDE A "REPARACIÓN" PROVISIONAL NOS PARECE RIDÍCULA....






NA MELLORA DO CAMIÑO DE ACCESO AS FINCAS NA ZONA ENTRE O CRUCE DO CAMPO DA SAUDE E ATA O POBO DE BUSTOS, CREEMOS QUE AS IMAXES EN SÍ XA XUSTIFICAN A NOSA PETICIÓN POLO LAMENTABLE ESTADO.....




 A NOSA PETICIÒN DUNHA MELLORA NA SINALIZACIÓN DO CRUCE NA CARRETERA DE MIRALLOS CARA A ZONA DA PARROQUIA DE SAN CRISTOVO DE SOUTO TAMÉN POLO QUE AMOSAN AS IMAXES XUSTIFICAN A PETICIÓN.






A RESPOSTA DO SR. ALCALDE A TODAS ESTAS PETICIÓNS DE MELLORA E ARRANXO DOS SERVIZOS FOI....."TOMO NOTA E FAREMOS O QUE PODAMOS...."

No apartado de Preguntas a Alcaldía sobre asuntos de interese para a veciñanza, foron as seguintes:



A resposta a 1ª pregunta por parte do Sr. Alcalde foi que "ainda non veu a brigada da Deputación, está solicitada. O Sr. Montoro ten os cartos paralizados".

 Non sabemos si a resposta é triste ou graciosa ¡¡ pero un ano máis o veciñanza deste pobo seguirá sufrindo estas situacións de deterioro...



  Con respecto a 2ª pregunta, indicou que "o Concello fixera todo o que estaba nas súas máns para subsanar esta anomalía, tamén manifestou que existía compromiso da Delegación para mellorar esta situación, pero non sabía cando ía obter solución a esta grave anomalía..."

Ainda que xa adicamos un artigo completo neste blog a esta problématica e ante a insistencia por parte do Concello e do Alcalde en impor a "lei do silencio" sobre este asunto, indicou no Pleno que esta situación produciuse porque así o quixeran tanto os pais e nais como a propia directora do Centro, a que calificou de "inexperta", e que a través da Asociación de Pais non lle pediran colaboración algúnha o Concello.

Este asunto tivo a súa repercusión na prensa local...

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/11/23/reclaman-encienda-calefaccion-centro-educativo-peroxa/00031385226866741351560.htm

http://www.ourensedixital.com/_novas/13/11/25_03.htm

En resposta a 3ª pregunta, o Sr. Alcalde indicou que esa subvención finalmente non se lle concedeu o Concello da Peroxa.

A nosa pregunta era sobre este acordo da Xunta de Goberno Local...




A resposta a 4ª pregunta por parte do Sr. Alcalde foi a seguinte: "esta foi unha solicitude que se fixo no 2010 ou 2011, pensando que o Auditorio estaría feito, pero como ainda non está rematado este ano só se puxeron unhs estores...., e no castelo acondicionouse a zona, cortando árbores, construise un espazo para dar a volta os vehículos, valados metálicos, sinalizacion....por un total de 51.000€"

 No seu día dende a nosa Agrupación xa solicitamos estas melloras, expostas no artigo publicado no blog:

http://www.socialistasdaperoxa.blogspot.com.es/2013/04/esta-e-realidade-actual.html

A situación mellorou moito....







Pero ainda quedaron outras por mellorar....





No apartado onde preguntamos sobre o "AUDITORIO", a resposta foi pa sair do paso, pero neste asunto pronto teremos importantes novidades, xa que esta obra é un autentico engano para os veciños e veciñas do Concello da Peroxa que despois de máis de 100 MILLONS DE PESETAS ¡¡¡¡  investidos nesta obra, ven como ainda hoxe non hai nada maís que unha sala acristalada, un teito de chapa e un "garaxe" de formigón......






Para refrescar a memoria....

http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2007/01/24/5483577.shtml

http://www.revistalegal.com/revistalegal/concurso/documento/Edicto-contratacion-Fase-construccion-Edificio-Multiusos-Centro-Cultural,4744059/

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2007/08/15/0003_6061435.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

En canto a resposta a pregunta nº 5, manifestou o Sr. Alcalde..." que este ano non se solicitou ningunha, que a principios de 2014 falaría con "eles" haber si nos incluían en algunha partida económica".

Unha vez máis chegamos tarde¡¡¡ porque esta situación e solicitude de mellora xa se transmitiu dende a nosa Agrupación fai bastantes meses sen por parte da Alcaldía atender a nosa petición e agora vemos como noutos moitos concellos da provincia se realizarán limpezas e melloras nos cauces dos ríos e nos unha vez máis agardando.....

A situación actual nas seguintes imaxes...




Dende a nosa Agrupación Municipal Socialista seguiremos solicitando estas actuacións e mesmo coa recollida da sinaturas dos veciños e veciñas dos pobos afectados para presentar solicitude diante do propio Concello e da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

As actuacións que se levarán a cabo en toda a provincia:



Algúns concellos veciños parece que tiveron máis "sorte".....ou mellor xestión e interese polos problemas dos veciños e veciñas:



Finalmente, na resposta a 6ª pregunta  o Sr. Alcalde indicou " que xa dudaba deste proxecto dende o inicio xa que foi un desastre, viñeron os técnicos da Xunta e había un desfase xa que se acomenteron obras inicialmente non reflexadas no proxecto e por iso quedaron sen atender algunhas que considerou non prioritarias como foron o Campo da festa de Graìces e a Praza do Concello da Peroxa".

Adicaremos nos vindeiros días un artigo completo a estas "actuacións", pero amosamos nas seguintes imaxes as obras que finalmente non se realizaron...


CAMPO DA FESTA DE GRAÍCES

 

ACCESO A PRAZA DO CONCELLO NA PEROXA

Tamén preguntamos oralmente o Sr. Alcalde sobre cuestións de actualidade:

PREGUNTAMOS SOBRE AS NEGOCIACIÓNS PARA REINCORPORAR O MEDICO QUE O SERGAS SUPRIMIU NO CENTRO DE SAUDE DA PEROXA......AQUÍ O ALCALDE MANIFESTOU QUE "ANDAMOS EN ESO".

TAMÉN PREGUNTAMOS SI ERA COÑECEDOR DA PROBLEMÁTICA DO COLEXIO ONDE AGORA OS ALUMNOS E ALUMNAS DEBEN LEVAR AUGA EMBOTELLADA DA CASA XA QUE A DO COLEXIO NON SE PODE BEBER......A RESPOSTA FOI CATEGÓRICA.."NIN PUTA IDEA, NON PODE SER, A FARMACEUTICA GARANTIZA COS ANALISES MENSUAIS O SEU CONSUMO".

FINALMENTE, CONSULTAMOS SI XA ERA COÑECEDOR DO TRAZADA DA AUTOVÍA A-76 POLO NOSO CONCELLO  E INDICOU....QUE FALARA DIRECTAMENTE DO DEPUTADO OURENSAN CELSO DELGADO RESPONSABLE EN FOMENTO E LLE GARANTIRA QUE O TRAZADO NON SE VARIARA E NON PASARÍA POLO CONCELLO DA PEROXA.

Quedamos en mandarlle a publicación do novo trazada publicada no BOE, contradecindo a súa versión e así o fixemos o día seguinte.

ATA AQUÍ O RESUMO DESTE PLENO E A INFORMACIÓN PARA QUE TODA A VECIÑANZA DO CONCELLO COÑEZA O FUNCIONAMENTO E OS ACORDOS TOMADOS NESTA SESIÓN.

SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POR UN CONCELLO MELLOR ¡¡

 




No hay comentarios:

Publicar un comentario