Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 4 de diciembre de 2013

Necesitamos melloras.....¡¡

Voltamos a traer a esta sección de "imaxes indesexables" algunha das anomalías e desperfectos que atopamos no termo municipal, e que precisan unha urxente solución por parte dos responsables do Concello.

A primeira deficiencia que queremos amosar e reclamar o seu arranxo, como xa fixemos en varias ocasións nos plenos do Concello, a través de Rogos, preguntas e mesmo mocións è unha antiga petición da veciñanza da parroquia de Graíces e un compromiso adquirido no seu día polo Sr. Alcalde, que ano tras ano incumpre.

Tràtase da mellora da carretera que pasa pola Peroxa Vella cara Graíces, solicitada no seu día polos veciños e veciñas da zona, mesmo coa entrega de firmas para buscar unha mellora nesta vía altamente transitada e que no seu treito que discurre a altura da zona coñecida como "as Zarras" presenta un lamentable aspecto, debido as falta de actuación e de mantemento.

Non só se incumpre a promesa da súa mellora e amplicación, senón que as anomalías que surxen non se reparan, como se ve nas imaxes seguintes...







PERIGOSO BURATO CUNHA SINALIZACIÓN ESCASA.....




DETERIORO PERMANENTE E CONSTANTE QUE FAI INTRANSITABLE O PASO DOS VEHÍCULOS.


NESTE CASO COMO EN OUTROS MOITOS SOLICITADOS POLOS MEMBROS DA NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA NO CONCELLO, A MELLORA DESTAS DETERIORADAS E ABANDOADAS INFRAESTRUCTURAS QUE TEMOS POLO CONCELLO BEN SE PODERÍAN INCLUIR EN ALGÚNS DOS VARIOS PLANS DE MELLORA DE ASFALTADO DAS ESTRADAS MUNICIPAIS A TRAVÉS DE VARIAS DAS SUBVENCIÒNS CONCEDIDAS O CONCELLO DA PEROXA PARA ESTE FIN......COMO AS DOS PLANS PROVINCIAIS 2013 DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL, O PLAN MARCO DE MELLORA DAS ESTRADAS, E ALGÚN OUTRO MÁIS....,QUE DOTAN O CONCELLO DA PEROXA DUN ORZAMENTO SUPERIOR OS 100.000€ PARA ESTE TIPO DE ACTUACIÓNS.

Sinalamos tamén unha recente anomalía que se produxo na carretera dende o pobo do Casar a Gulfariz, concretamente no pobo das Lamelas onde se desprenderon muros da carretera, ocasionando no caso dun deles un serio perigo de derrumbe parcial da carretera, polo que urximos unha pronta reparación para non ter que lamentar danos materiais ou persoais....




 ESTA ÚLTIMA IMAXE AMOSA A PERIGOSIDADE DO DERRUMBE, E SOBRE TODO A ESCASA SINALIZACIÓN, XA QUE É UNHA ESTRADA ESTREITA E CON POUCA VISIBILIDADE, POLO QUE A CIRCULACIÓN DE NOITE POR ESTE LUGAR FAISE REALMENTE COMPLICADA E CHEA DE RISCOS....

Finalmente, e non por iso menos importante, amosamos unha imaxe que non queríamos ter que amosar aquí, porque amosa unha gran falta de civismo e de coidado do noso patrimonio pùblico.
Aquí é compromiso e colaboración de todos o coidar as instalacións existentes no noso Concello, e no caso exposto, lamentamos esta situación.....

Tràtase dun banco roto na praza do Concello da Peroxa....


 

NESTE PUNTO QUEREMOS SOLICITAR TANTO DOS RESPONSABLES MUNICIPAIS COMO SOBRE TODO DOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO, ASÍ COMO TAMÉN DOS NOSOS VISITANTES EN ÉPOCAS ESTIVAIS, SOBRE TODO NO PERIODO DE APERTURA DA PISCINA MUNICIPAL, A COLABORACIÓN PARA NON USAR A PRAZA PÚBLICA DO CONCELLO COMO "APARCAMENTO" DE VEHÍCULOS, XA QUE É UNHA INFRAESTRUCTURA NON PREVISTA PARA ESE FIN.......TENDO ADEMÁIS EN CONTA, QUE NA CONTORNA O ESPACIO DE APARCAMENTO É MÁIS QUE ABUNDANTE, E MESMO CON SOMBRAS, POR ISO SOLICITAMOS QUE NON PRETENDAMOS "METER O COCHE NA PISCINA".....XA QUE OCASIONAN DESPERFECTOS NAS LOUSAS DA PRAZA QUE COMO BEN SABEDES, O IGUAL QUE O RESTO DE ESPAZOS PÙBLICOS FOI FEITA COS CARTOS DE TOD@S ¡¡¡

POLO TANTO, REITERAMOS A NOSA PETICIÓN DE COLABORACIÓN E DE CUIDADO DOS BENS DE TODOS E TODAS PARA PODER DISFRUTALOS CÍVICAMENTE.

SEGUIMOS TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO ¡¡¡

 



 




No hay comentarios:

Publicar un comentario