Visita feita o pasado 6 de abril onde percorremos os pobos desta parroquia, conversamos cos veciños e veciñas dos mesmos e comprobamos as situacións de deterioro preocupante na que se atopan moitos dos pobos visitados.
Como en calquer outra parte do Concello unha das necesidades urxentes que precisan os veciños e veciñas dos pobos, è o servizo de saneamento, un servizo de obrigatoria instalación por parte do Concello de A Peroxa, segundo as normas legais que así o estipulan.
Certo è tamén que recentemente se fixeron actuación neste sentido, pero que todavía queda unha maioría de pobos sin este servizo básico e obrigatorio.......Vilamaior, Diarada, Pedreira, Recheda.....
Ainda que sen lugar a dúbidas a demanda máis solicitada polos veciños e veciñas consultados è a limpeza das vías e camiños de comunicación, así como a reparación e asfaltado das carreteras municipais dos pobos, que se atopan en estado de case total abandono, tendo constancia e declaracións de veciños de idade avanzada que non lembraban a ùltima vez que as brigadas do propio Concello ou mesmo da Deputación pasaran polo lugar.
A continuación ilustramos con imaxes exemplos das demandas que precisan subsanación por parte do Concello de A Peroxa, para mellorar os servizos da veciñanza, que en moitos casos non conseguen ver onde se gastan os cartos dos seus impostos, que pagan relixiosamente:
PERIGOSOS BURATOS PARA VEHÍCULOS E PERSOAS NA PISTA DE VILABOA
CANELLA CON AUGA NO COTO QUE DIFICULTA O PASO DOS VECIÑOS AS FINCAS
MALEZA NO LAVADOIRO E FONTE DE PIÑEIRON
CONTADOR DE AUGA EN OUTEIRO DE CARRACEDO
CASETA DOS CONTADORES DA AUGA NA RECHEDA "CON PROTECCIÓN"
DERRUMBE CARRETERA EN PIÑEIRON (PREVISTO O SEU ARRANXO URXENTE)
NECESIDADE DUN VALADO METÀLICO EN VILABOA POLO PERIGOSO DESNIVEL
CANELLA NA RECHDA EN PERIGOSO ESTADO, E PETICIÓN XA FEITA VARIAS VECES POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DIRECTAMENTE O SR. ALCALDE E NUNCA FOI ATENDIDA.
ESTADO DE ACCESOS A VIVENDAS NA RECHEDA
ASFALTADO EN ESTADO DE TOTAL ABANDONO NA RECHEDA
DETERIORO VISIBLE DA PISTA NA RECHEDA QUE CANDO HAI CHOIVAS FACILITA A ENTRADA DE AUGA MESMO EN ALGÚNHAS VIVENDAS.
ESTADO DE ABANDONO EN PISTA EN VILABOA
CANELLA PÚBLICA DE ACCESO A VIVENDAS EN VILABOA, ARRANXO TAMÉN XA DEMANDADO O CONCELLO SEN ATENDER A PETICIÓN.
LAMENTABLE ESTADO DUNHA PISTA EN VILABOA.
ESTES SON EXEMPLOS DA REALIDADE EXISTENTE EN MOITOS DOS POBOS DO NOSO CONCELLO, ESTÁ È A SITUACIÓN QUE TEÑEN MOITOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DIANTE DAS SÚAS VIVENDAS, QUE CONTRASTAN CON IMAXES IDÍLICAS QUE NOS QUEREN FACER VER DENDE AS OFICINAS MUNICIPAIS PROMOCIONANDO SERVIZOS INEXISTENTES E QUE PARA NADA REFLEXAN A SITUACIÓN REAL NIN MOITO MENOS AS NECESIDADES QUE OS NOSOS VECIÑOS/AS PRECISAN.
VAI SENDO XA HORA DE ATENDER AS DEMANDAS REAIS DA VECIÑANZA E NON MALGASTAR OS CARTOS DOS SEUS IMPOSTOS EN OBRAS FARAÓNICAS E CARENTES DE SENTIDO NOS TEMPOS E NA REALIDADE QUE TEMOS NOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS.
NON SE PODE SEGUIR MIRANDO CARA OUTRO LADO E DANDOLLE A ESPALDA AS NECESIDADES REAIS QUE TEN O NOSO CONCELLO, QUE CONTRASTA CON PROXECTOS CAPRICHOSOS E CHEOS DE INTERESES PERSOAIS. NON HAI MÁIS QUE BOTAR UNHA OLLADA AS RECENTES ACTUACIÓNS E SOBRE TODO AS QUE SE AVECIÑAN ¡¡¡¡¡
SEGUINDO COA NOSA LABOR DE OCUPARNOS E PREOCUPARNOS POLA SITUACIÓN DE ABANDONO DE MOITOS DOS NOSOS POBOS TRASLADAREMOS ESTAS DEMANDAS VECIÑAIS DE ARRANXO E MELLORA DE SERVIZOS OS ORGANOS E MANDATARIOS MUNICIPAIS ENCABEZADOS POLO SEÑOR ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS, ONDE PARECE QUE NON VEN OU NON QUEREN VER AS NECESIDADES DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS, QUE FOI REALMENTE PARA O QUE FORON ELEXIDOS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario