Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 5 de abril de 2013

Reparacións anomalías..........a medias ¡¡

A raíz do temporal que sufrimos en datas pasadas foron moitos os desperfectos que deixou no noso Concello, entre os que máis perigo produciron foi o desprendemento de rochas na pista de acceso o pobo de Cidadella.



Dende a nosa Agrupación Municipal solicitamos un Rogo Urxente para a reparación desta perigosa situación, coa resposta por parte do Sr. Alcalde que a reparación para garantir o acceso o pobo xa se fixo, pero a retirada definitiva se faría con posterioridade por parte da Deputación Provincial para abaratar o coste da actuación.

Pois esa actuación realizouse, pero lamentamos que non se tivera feito unha reparación en mellores condicións e que garantizase que non se repitan situacións parecidas no futuro.

A actuación limitouse ùnicamente a retirada das rochas caídas, as cales provocaron danos no pavimento da vía que non se repararon nin retocaron o asfaltado, polo que en breve se producirán importante baches no lugar....

Tampouco se fixo ningunha mellora para que non se produzan futuros desprendementos, mesmo se deixou algúnha árbore con serio risco de caída sobre a vía novamente, e o mesmo que sucedeu coas rochas, agardemos que non ocasiones danos graves persoais nin materiais.....

Finalmente, creemos que para garantir o paso de vehículos con seguridade e evitar graves problemas  debido o estado da vía deteriorado e tendo en conta o barranco tan perigoso que existe, deberíase ter colocado un valado metálico de seguridade.


 
ACTUACIÓNS DESTE TIPO POÑEN UNHA VEZ DE MANIFESTO O POUCO INTERÈS POR MELLORAR OS SERVIZOS E GARANTIR A SEGURIDADE DOS VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS E PARROQUIAS DESTE NOSO CONCELLO.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario