Para mostra un exemplo.....
A principios de xaneiro deste ano, ocorreu un desprendemento na entrada do Polideportivo dos Peares (que lembremos foi unha obra feita e inaugurada recentemente), que dificulta o acceso os deportistas o recinto, e que se agrava no caso de que por desgraza algún día destes teña que actuar algún vehículo de emerxencias......
Como xa indicamos, presentamos un ROGO no Concello para a subsanación deste desperfecto. No Pleno Ordinario do 29 de Xaneiro de 2013 o Sr. Alcalde respostou literalmente....."vaise arranzar moi pronto", segundo consta na Acta da Sesión.
Pois atopàmonos que unha vez máis, faltando o seu compromiso e 3 meses despois ¡¡¡ a situación segue sendo a mesma......
Tamén queremos sinalar como ben se indica no titular deste artigo, que si ben en algúns casos o Sr. Alcalde sí recoñece as anomalías denunciadas polos nosos concelleiros socialistas e se compromete a solucionalas, ainda que parece esquecerse delas.........
Vemos con moita máis preocupación cando nega as evidencias e as demandas dos veciños e veciñas dos pobos, e o máis triste, e que nin è capaz de comprobalas por el mesmo, senón confiando en algún dos seus concelleiros que máis ben parece que van en contra da vontade dos seus veciños e veciñas máis cercanos negando as evidencias, preocupándose, eso sí, de arranxar as súas cuestións máis persoais ¡¡¡¡
Referìmonos neste caso a nosa petición de mellora do asfaltado que fixemos no Concello da pista que baixa cara o pobo de Forxán, que presenta un lamentable estado dificultando o acceso os vehículos, que sufren os baches a diario e que o Sr. Alcalde no Pleno Ordinario de Xaneiro negou que existiran tales fochancas nesa vía, mesmo facendo comentarios fóra de lugar que desta vez non vamos a reproducir, sobre a cuestión que plantexamos.
Esta è a situación real da citada pista, o que aparece pola esqueda da vía, non son debuxos....., SON BACHES ¡¡¡¡¡¡¡¡
Lembramoslle, unha vez máis o Sr. Alcalde e os seus concelleiros, que non facemos peticións propias, para melloras de interese persoal, senón de interese xeral, e demandadas pola veciñanza do Concello, e que o noso único fin e obxetivo e traballar por mellorar os servizos deste abandoado Concello e mellorar a calidade de vida da veciñanza, en todos os puntos do termo municipal onde observamos desperfectos, anomalías ou outras situacións que se poden mellorar.
E ASÍ SEGUIREMOS ¡¡¡¡ QUE PARA ESTA FUNCIÓN OS VOTANTES DA PEROXA NOS ELEXIRON E NOS COLOCARON NESTA POSICIÓN.
CUMPRIREMOS CO NOSO COMETIDO, XUSTO AO CONTRARIO DO QUE O GOBERNO MUNICIPAL DO PP ESTÁ MOI LONXE DE FACER PARA O QUE FORON ELEXIDOS ¡¡¡¡
SEGUIREMOS INSISTINDO E RECLAMANDO ACTUACIÓNS PARA MELLORAR ESTAS TRISTES SITUACIÓNS DE ABANDONO E DESPREOCUPACIÓN POLO CONCELLO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario