Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

miércoles, 24 de abril de 2013

Coñeces a realidade ??

Estamos xa moi acostumados as contínuas mentiras do Sr. Alcalde de A Peroxa e do seu equipo de goberno do PP, onde ante as nosas propostas e sobre todo ante as nosas críticas a súa nefasta xestión dos servizos municipais, se nos responda que o Concello està moi ben xestionado porque ten unhas contas envididadas por moitos outros concellos.

Ante a súa falta de argumentos e resposta eficaces para as nosas demandas e peticións de mellora de servizos que lles trasladamos por petición propia, ou na maioría dos casos por peticións que nos fan os veciños e veciñas do Concello sempre sacan a relucir os excelentes datos económicos que posee o Concello.

As nosas demandas e propostas son sempre para mellorar os servizos que a vista están de todos no seu estado de total abandono, como son as nosas vías de comunicación, propias de países do tercer mundo, onde circular cos vehículos cada vez resulta máis complicado.

O estado dos lugares pùblicos dos pobos como prazas, fontes, lavadoiros, etc, está a vista de todos.

A instalación obrigatoria por parte do concello do servizo de saneamento non aparece nunha gran parte dos pobos e parroquias da Peroxa.

Os datos económicos e orzamentarios dos que tentan "presumir" fan sempre referencia o superávit anual que poidan obter o Concello, como neste recentemente rematado 2012 onde o Concello de A Peroxa, segundo o seu Alcalde lle "sobraron" màis de 300.000€ ¡¡¡¡.

Voltamos a manifestar que son cartos dos impostos da veciñanza da Peroxa que están en contas bancarias e sen invertir no propio Concello nas moitas necesidades que temos e que xa enumeramos, polo tanto....moi triste dato un ano máis ¡¡¡

Tristemente presumen dunha boa xestión por ter ese superávit, cando a realidade e que è unha nefasta xestión por non executar o propio orzamento anual. 

¿Como se pode ter a cara de xustificar diante dos veciños a falta de actuación e obras necesarias alegando que neste momento non hai cartos nas arcas municipais??

Ademáis úsase o tema económico tamén como por exemplo para tentar pechar algúns servizos municipais, como por exemplo o da gardería por non resultar "rentable", ou mesmo o propio ximnasio municipal por non poder contratar un monitor deportivo.

E o caso máis sangrante è como se poden permitir unha suba de taxas os veciños e veciñas da Peroxa na auga, no lixo, na axuda do fogar, cando realmente están a "sobrarlle" cartos.

Con toda esta explicación anterior sen fundamentos e chea de mentiras o ùnico que queremos por de manifesto e amosar a todos os veciños e veciñas do Concello realidade, unha realidade moi lonxe do que nos pretender facer ver.

A DEUDA REAL DO CONCELLO DE A PEROXA È DE 354.000€, PUBLICADA RECENTEMENTE POLO PROPIO MINISTERIO DE HACIENDA.

No seguinte enlace tedes os datos publicados de cada Concello de España:

http://www.minhap.gob.es/Documentacion/Publico/DGCFEL/DeudaViva/DeudaVivaAyuntamientos2012.xls


Atendendo pois a verdadeira realidade tamén vos publicamos na seguinte imaxe a deuda comparativa dos concellos que forman a Mancomunidade Santa Àgueda e que pode servirvos de referencia.



Esto son o que dín os datos oficiais e o resto son contos ¡¡

Vemos como concellos limítrofes como Coles ou mesmo Vilamarin non teñen deuda ningunha, e postos a comparar, contan con servizos mui superiores os do noso concello, así como na maioría dos casos unhas vías de comunicación e acceso dignas para cada pobo.

Son Concellos que xunto co de Amoeiro (con poboación similar a nosa) se preocupan pola mellora constante de servizos e infraestructuras para os seus veciños...

¿QUÉ OBRAS MUNICIPAIS PROPIAS FEITAS POLO CONCELLO DE A PEROXA PODEDES INDICAR?........difícil atopar algúnha.

BASTA XA DE ENGANAR A POBOACIÓN, MERECEMOS UNHA MELLOR XESTIÓN DOS RECURSOS ¡¡¡¡


 SEGUIREMOS INFORMANDO PARA AMOSAR A REALIDADE DO CONCELLO ¡¡¡¡

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario