Recentemente se publicaron nas redes sociais "oficiais" do Concello de A Peroxa fotos do ximnasio municipal, ofrecendo os seus servizos.
As fotos quedaron moi bonitas, pero falta a parte principal deste servizo......OS USUARIOS ¡¡
Exemplos das fotos publicadas:
Na mesma publicación destas fotos ofrecese este servizo municipal logo de contactar coas oficinas municipais, dado que, nesta reportaxe fotográfica falta a foto principal de entrada onde se nos indica claramente que estas instalacións.....ESTÁN PECHADAS¡¡¡¡
Lembramos unha vez máis que estamos a falar dun servizo que costou preto de 9 millóns das antigas pesetas, para ser pechado os 3 meses de ser inaugurado.
Alègase no motivo do peche.....ESCASA AFLUENCIA ¡¡
Nòs engadiriamos tamén, nulo fomento na veciñanza para a actividade física, e facilidades de uso destas instalacións, xa que tamén recordamos que moitos dos veciños e veciñas deste Concello desprázanse a Concellos próximos a outros servizos semellantes como poden ser Vilamarin ou mesmo a Ourense.
Ofrecese a posibilidade de usar as instalacións contactando coas Oficinas Municipais.......¿?
¿Què teñen que facer entón os veciños e veciñas para usalo pola tarde?
¿nos festivos?
¿nas fins de semana?
sobre todo si por cuestións laborais non poden pasarse polas citadas oficinas no seu horario de apertura (de 9 a 14).
Pregùntanse tamén se hai algún tipo de privilexio por parte de varios usuarios que o usan o seu antoxo.
Os membros da nosa Agrupaciòn Municipal xa fai agora un ano se ocuparon e preocuparon polo peche deste servizo presentando unha moción no pleno do Concello.
A resposta foi negativa por parte do goberno municipal do PP a nosa proposta, argumentando o Sr. Alcalde que non hai xente suficiente para manter e seguir pagando un monitor deportivo.
Indicou que se no futuro se atopaba xente interesada e suficiente se podería tratar novamente o asunto.
Nesta mesma moción tamén solicitamos a recuperación das clases de ximnasia nos pobos e parroquias onde se viñan celebrando, e que a situación actualmente se está a manter coa prestación deste servizo, ainda que coa supresión nos locais de Graíces e Os Peares (segundo a versión do concello, por falta de asistencia).
Esta è a programación semanal deste servizo:
No seu día, cando se presentou esta moción rexeitada, a noticia tivo repercusión na prensa local:
POLO TANTO DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA VOLTAMOS A URXIR UNHA SOLUCIÓN A ESES VECIÑOS E VECIÑAS QUE DEMANDAN PODER USAR ESTE SERVIZO EN DÍAS E HORAS AXEITADOS AS SÚAS NECESIDADES, E COMPATIBLES COAS SUAS XORNADAS E HORARIOS LABORAIS.
SOLICITAREMOS OS RESPONSABLES MUNICIPAIS QUE APORTEN SOLUCIÓNS AS DEMANDAS DA VECIÑANZA PARA FACER USO DOS SERVIZOS CREADOS COS CARTOS DOS SEUS IMPOSTOS.
SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario