Sorprendentemente publicase no BOP de hoxe venres 19 de abril na súa pàxina 9 o Regulamento de rèxime interno do Punto de Atención a Infancia do Concello de A Peroxa.
Toda a información no seguinte enlace:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=90&fecha=20130419
Calificamos de sorprendente a publicación, non polo seu contido, senón pola pouca credibilidade que pode ter, xa que lembramos o recente intento de peche deste servizo por parte do Sr. Alcalde e os seus concelleiros, alegando que era un servizo deficitario.
Xa no seu momento explicamos a situación e non vamos a voltar sobre ela, simplemente lembrar que un dos motivos dese déficit e a falta da subvención por parte da Xunta de Galicia que o Sr. Alcalde prometera e o final non foi concedida, enganando así aos usuarios e traballadores deste servizo.
Acordouse, como xa indicamos tamén que polo empeño e petición dos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista, esta gardería continuará ata finais se xullo, valorándose nese momento segundo a demanda existente a continuidade ou non durante maís tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario