Tras formalizar no seu día esta petición acompañada de sinaturas dos veciños e a través dun acordo "verbal" co propio Alcalde, éste comprometíase a levala a cabo no momento de dispoñer dos fondos necesarios.
Pois ben, tras a negativa nos anteriores plans provinciais 2010 e 2011 (na que foi ofrecida como obra no plan "complementario), novamente poñen sobre a súa mesa esta proposta para que sexa executada.
En canto a este plan provincial 2011 destacar que a día de hoxe todavía non se comenzou a obra de arranxo de pistas no pobo da Abertesga.
Ante o sospeitoso silencio do Sr. Alcalde a todo tipo de peticións e recollendo as demandas dos veciños e veciñas, voltamos a propor o arranxo desta vía.
Novamente, como en outros moitos temas, estamos a espera de respostas, e do que é máis importante.....Solucións ¡¡ as demandas veciñais.
Presentamos a seguinte petición nas oficinas municipais....no vindeiro (e xa moi agardado pleno), esperemos ter algo positivo que comunicarlle os veciños e veciñas da parroquia de Graíces:
Fotos dalgunha das zonas onde se solicitaron e se precisan as obra de arranxo da vía:
Espero que esto sirva para que o Sr.Alcalde sepa repartir algo mais,e mellor o peto das arcas municipais. Posdata: o muro da finca do campo de Gulfariz SEGUE SEN CONSTRUIR despois de medio ano!!!!.
ResponderEliminarSeguiremos insistindo e solicitando inversión en tódolos pobos da Peroxa.
ResponderEliminarPreguntarei cal é ese muro do que falas e cal é a súa situación??