Convidamosvos a todolos veciños e veciñas que queirades asistir o pleno que se celebrará o Martes 28 de febreiro no salón de plenos do Concello de A Peroxa as 20:00.
Discutiranse temas importantes para a veciñanza, como son os orzamentos municipais 2012 ou varias propostas e preguntas feitas polo noso grupo municipal como poden ser entre outras: Moción contra o maís que posible peche das urxencias nocturnas en Vilarchao, Solicitude de arranxo de carreteras, Preguntas sobre situación de anomalías nos pobos de Graíces, Gulfariz, Vilarrubin.....e outros moitos temas de vital importancia, onde coñeceredes de primeira man cales son as respostas que o equipo de goberno do PP plantexa ante as nosas iniciativas.
Esta é a convocatoria oficial coa orde do día:
ACUDE E COÑECE COMO FUNCIONA O TEU CONCELLO ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario