Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 17 de febrero de 2012

Importante convocatoria de axuda económica ¡¡

A Xunta de Galicia convocou no DOG do mercores 15 de febreiro (pàxina 5948) as axudas de prestacións económicas por fillos e fillas menores de 3 anos (nacidos entre o 02/01/2009 e o 01/01/2012).

A tramitación e a documentación a presentar é sinxela, pero igual que en anos anteriores nesta mesma convocatoria como en outras, ofrecemos a nosa colaboración para aqueles pais e nais que teñen dúbidas ou precisen axuda para tramitar e solicitar esta axuda (360€). Lembramos que esta axuda pódese solicitar durante os tres primeiros anos dos peques, é decir, pódese voltar a pedir este ano si xa o fixestes con anterioridade sempre que o peque este nas datas comprendidas na convocatoria.

No seguinte enlace a publicación do DOG tedes as bases e requisitos completos así como a solicitude e outros documentos para presentar:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2012/20120215/AnuncioCA05-090212-12033_gl.pdf

Se tes dereito a esta axuda, non o dubides.......SOLICITAA ¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario