Con uns medios insuficientes por parte da Xunta foi como se combateron os lumes pasados, uns lumes tan só freados pola man desinteresada e voluntaria de moitos veciños e veciñas do concello e de concellos limítrofes que loitaron noite e día contra esta lacra.
A día de hoxe seguimos na mesma situación de desamparo, non se levou a cabo nin unha soa medida para previr esta situación no futuro. Ninguén no concello deu unha explicación nin resposta os veciños.......onde están os medios do concello? o vehículo de emerxencias?.....algunhas destas respostas agardamos telas 4 meses despois de ser presentadas por nós. Será no vindeiro pleno.
Cales son as medidas que vai tomar o concello para paliar os efectos devastadores do lume? Vai plantexar a algunha administración a colaboración para reforestar as zonas afectadas? Que vai facer a Xunta o respecto, responsable dos lumes en Galicia?.....
Moitas preguntas que nos gustaría ter resposta.
O grupo socialista no parlamento ven de facer esas mesma preguntas os responsables da situación para ver que medidas se van a tomar para paliar o desastre do pasado verán.....e o que é tamén importante.....¿Que medidas de prevención van levar a cabo para que esta situación non volte a repetirse??
Este é o escrito presentado:
Agardemos respostas e accións contundentes por parte dos responsables dos incendios en Galicia ¡¡
Esta é a triste situación que viviu o noso concello......
Os posible medios que podía empregar o noso concello, estiveron "DESAPARECIDOS" ¡¡
NON PODEMOS VOLTAR A VIVIR OUTRA SITUACIÓN SEMELLANTE ¡¡
HAI QUE TOMAR MEDIDAS XA DENDE HOXE, NON SE PODE AGARDAR MÁIS ¡¡
SEGUIREMOS LOITANDO POR ESAS MEDIDAS DE PREVENCIÓN.
No hay comentarios:
Publicar un comentario