Unha carretera moi utilizada a diario por moitos vehículos que están vendo como co paso do tempo surxen cada vez máis deficiencias que ninguén se propón mellorar, pondo en risco a seguridade da xente que a usa habitualmente.
Non podemos agardar a que surxa algunha desgracia para porlle solucións a unha vía abandoada fai xa moitos anos.
Téñennos enganado estes últimos anos coa famosa "carretera nova", que unha vez maís reivindicamos e que cada vez acumula máis retraso sin que ningúen dé unha explicación creíble.
Mentras agardamos por ese tan prometido vial e tantas veces paralizado, solicitamos unha mellora para o tramo xa rematado ante a súa peligrosidade, sobre todo en épocas invernais.
Esta foi a nosa petición rexistrada nas oficinas municipais para ser tratada no vindeiro pleno:
Para completar toda esta nosa exposición de deficiencias que todos e todas podedes comprobar cada día, ilustramos esta petición con imaxes que falan por sí soas.
AGARDEMOS SEXA ACEPTADA A NOSA PETICIÓN E SE ARRANXEN AS PERIGOSAS DEFICIENCIAS INDICADAS ¡¡
IMPORTARALLE O SR. ALCALDE A SEGURIDADE DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS?
SERÁ CAPAZ DE PREOCUPARSE POLAS PETICIÓNS FEITAS O SEU CONCELLO?
NUNS DÍAS A RESPOSTA.........
No hay comentarios:
Publicar un comentario