Logo dos "movimentos" recentes, onde logo de 16 anos lograron despegar da presidencia o alcalde da Peroxa, deixando un triste bagaxe na súa xestión onde declarou ter investidos máis de 1.000 millóns das antigas pesetas a través do Consorcio....¿? nos Peares, onde realmente non se aprecian; a Deputación de Ourense certificou no seu pleno ordinario do 16/12/2011 o seu desexo de abandoar o Consorcio, e a súa correspondente aportación económica, deixando a situación moi complicada para ter continuidade.
Houbo moitas declaracións "de prensa" onde un día anunciaban a súa continuidade, outro día negándoa, pero en definitiva o único oficial é a súa renuncia que se fará efectiva o 01/01/2013.
Nas seguintes imaxes tedes o extracto da sesión onde se tratou este tema, que tamén podedes obter ìntegro da web da Deputación de Ourense, no apartado de plenos:
Agardamos polo ben do futuro do Consorcio e dos servizos os veciños e veciñas da zona unha rectificación "oficial" desta decisión, e agardamos que o novo presidente non volte usar o Consorcio como escaparate e promoción electoralista esquecéndose das funcións reais para o que foi constituido......DAR SERVIZOS E SOLUCIÓNS OS VECIÑOS E VECIÑAS DA ZONA DOS PEARES ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario