Estas son as nosas preguntas para solicitar información de algunhas problemáticas que afectan o concello:
Na pregunta 1, solicitamos situación prevista.....a Ponte dos Peares tería que estar en construcción, e o Centro de Saude xa rematado, e està todo PARALIZADO ¡¡
Ver fotos ilustrativas:
Na pregunta 2, mostramos a ubicación do vehículo de "emerxencias" mentras o concello ardía...
Na pregunta 3, pretendemos que nos informen como declaran urbana unha carretera onde a única construcción cercana é un garaxe....¡¡ :
Na pregunta 4, tras os votos favorables no anterior pleno do PP para subir a taxa do lixo un 10%, agardamos saber si este incremento se fixo efectivo según o acordo plenario de comenzar a data 01/01/2012.
Na pregunta 5, trasladamos a preocupación dos veciños e veciñas de Vilarrubin polo estado das columnas do campo da festa que suxeitan o teito do pendello, todas con gretas visibles, e con risco de rotura total que ocasionaría o derrumbe ¡¡
Finalmente na pregunta 6, solicitamos información de cales son as obras de mellora en infraestructuras municipais que se van acometer coa subvención que lle concedeu o Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Marino o noso concello según publicación no BOE do 09/12/2011, que podedes atopar no seguinte enlace buscando na páxina 10:
http://www.boe.es/boe/dias/2011/12/09/pdfs/BOE-A-2011-19331.pdf
Agardamos en breve poder informarvos destas cuestións plantexadas, e sobre todo informarvos das solucións que se van a tomar nos diferentes temas propostos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario