A pregunta do titulo do artigo é ben concreta, porque no enlace seguinte deixovos a publicacion no BOP do martes 7 de febreiro na súa paxina 2 das expropiacións correspondentes a carretera Vilarchao-A Peroxa.
Lembramos que é a terceira vez que se publican estas expropiación e agardemos que dunha vez por todas sexa a definitiva e non se volten a paralizar.
Informamos tamén que o proceso será de 6 meses e logo as obras, polo que como ben xa denunciamos e reclamamos o prazo de fin da OBRA para maio de 2012 antoxase imposible.
De todas maneiras, desexamos que non haxa novos impedimentos e logo de máis de 20 anos agardando vexamos por fin este proxecto rematado.
Aquí vos deixo o enlace a publicación:
https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=31&fecha=20120207
NON MAIS ENGANOS SR. ALCALDE ¡¡
NON MÁIS MENTIRAS ¡¡
LOITE POLOS INTERESES DOS VECIÑOS E DAS VECIÑAS E DEIXE DE AGOCHARSE ¡¡
UNHA VEZ REMATADA ESTA FARAÓNICA OBRA XA PODERÁ VOSTEDE RETIRARSE "TRANQUILO", POSTO QUE O DANO QUE LLE FIXO O CONCELLO TODOS ESTES ANOS FOI E SERÁ IRREPARABLE ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario