Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 30 de abril de 2013

Denuncia sobre as graves irregularidades en material de persoal no Concello de A Peroxa

Traemos a este blog un artigo que levábamos tempo desexando darlle forma e que vise a luz para informar das graves irregularidades (e mesmo ilegalidades) que se producen na contratación de persoal que realiza o noso Concello de A Peroxa, baixo o amparo e mandato do Sr. Alcalde.

A situación que denunciamos públicamente diante dos veciños e veciñas da Peroxa (aparte doutra vías) refírese a unha convocatoria que mediante a actuación de control dos membros da Agrupación Municipal Socialista se anulou porque se vulneraban as leis e os dereitos dos aspirantes a un posto de traballo no Concello.

O traslado a veciñanza desta situación chega con certo retraso no tempo, xa que os feitos se produciron no pasado ano 2012, pero as continuas trabas, impedimentos e retrasos a hora de acceder a información que se nos fai dende os mandatarios e xestores do Concello de A Peroxa fixo difícil a súa difusión pùblica.

Os feitos comenzan cando se ofertan dende o Concello dous postos de traballo dependentes do mesmo, unha praza para traballador/a de limpeza e outra praza para AUXILIAR DA OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil).

A situación centrámola na praza ofertada para Auxiliar da OMIX, polas moitas irregularidades e ilegalidades que se cometeron con este proceso, que dito sea de paso ainda hoxe non se solucionaron.

A nosa actuación comenzou cando nos enteramos desta convocatoria nunha das visitas as oficinas municipais, como facemos con asiduidade para o control da actividade e actuacións que se están a levar a cabo, e nos atopamos con esta convocatoria colocada no taboleiro de anuncios do Concello, da cal solicitamos unha copia para o seu seguimento, que é a que vos amosamos a continuación:



UN DETALLE "IMPORTANTE", AS BASES ESTÁN ASINADAS POLO SR. ALCALDE DO CONCELLO DE A PEROXA.

Analizamos as bases publicadas e atopamos un montón de irregularidades:

--- Comenzamos por indicar a falta de publicidade desta oferta para que todos os veciños e veciñas do Concello poidan optar a este posto. non se publicou nin no Boletín Oficial da Provincia nin moito menos se fixo a través dos habituais Bandos que sí reparte o Concello polas parroquias para outros temas, tratando de ocultar esta oportunidade de traballo.

--- O prazo de presentación de solicitudes tamén se fixo "a mala fe" xa que se abriu en plena Semana Santa, disminuíndo claramente os poucos días que se ofrecìan para entregar as solicitudes.

--- Cometeuse unha grave ilegalidade o pedir para este posto unha titulación que non se corresponde co posto nin coas suas funcións......solicitàbase un título universitario de grado medio ¡¡¡¡¡

--- Outra grave ilegalidade è na idade mínima para participar que a fixan en 18 anos, cando dende o ano 2007 onde se publica o Estatudo do Empregado Pùblico se fixa nos.....16 anos ¡¡¡¡¡

--- En canto o apartado de "mèritos" non se respetaban os principios constitucionais de igualdade, mérito e capacidade, xa que se fixaban uns criterios para nada obxetivos e onde os posibles candidatos poideran participar en igualdade de condicións, sobre todo cando a "entrevista persoal" abarca a metade da posible puntuación, asì como valorar como un mérito de ata 2 puntos "OUTRAS CIRCUNSTANCIAS ALEGADAS QUE TEÑAN QUE VER CUNHA MELLOR PRESTACIÓN DO SERVIZO". 

Certamente este último mèrito pódemolo considerar como un insulto os posibles candidatos.......podía poñer directamente........o posto é para quen o Sr. Alcalde decida directamente e acababase o problema.


Estas son as anomalías màis graves entre outras, como non recoller que tipo de recurso se pode interpor contra a elaboración e publicación destas bases.

Sìrvase como exemplo de como tería que ter actuado o Concello neste proceso selectivo unha convocatoria semellante noutro concello de Galicia, onde se fixo a convocatoria pùblica, con todos os requisitos legais e onde poderedes observar a titulación que exixen para a citada praza (Graduado Escolar):



 A partir deste punto e a raìz da nosa actuación e despois de varias xuntanzas co señor secretario sobre a situación......... en lugar de mellorar e subsanar os defectos e graves anomalías e ilegalidades......a cousa empeora GRAVEMENTE, xa que nos presentamos no Concello o mesmo día que se está a valorar  por unha comisión integrada por 5 persoas entre os que se atopa o propio secretario do Concello de A Peroxa, que levanta acta de todo o "acordado", da única candidata (como era de esperar) que se presentou o proceso e a nosa sorpresa è confirmar QUE XA LEVA TEMPO TRABALLANDO NO CONCELLO DENDE XA FAI VARIAS SEMANAS NO POSTO PARA A QUE NESE INTRE A ESTÁN VALORANDO.

Esta situación è confirmada por varios testigos que consultamos sobre a súa asistencia diaria as oficinas municipais e mesmo atendendo a veciños e veciñas en asesoramente e tramitación de expedientes (que precisamente non son as súas funciòns), así como participando en diferentes actos que o Concello organiza como pode ser en abril de 2012 onde se fai unha actuación por parte de algúns nenos e nenos do Concello nunha curtometraxe titulada "O maleficio da Peroxa":

Este era o cartel desta acto "impulsado" e atendido pola persoa candidata o posto:

 Moitos dos pais lembrarán que foron convocados vía telefónica dende o Concello para participar neste acto a través da persoa da que nos estamos a  referir.

E este è o video resultante dese día:

 http://www.youtube.com/watch?v=BWjAnvFcdwM


Consultado novamente o señor secretario do Concello sobre esta situación de grave irregularidade manifestanos nun tono despectivo e falto de respeto total a nosa labor que ESTA PERSOA NIN PERTENCE NIN TRABALLA NO CONCELLO DE A PEROXA, si manifesta tela visto algunha maña polas oficinas municipais pero que él pensaba que "viña de visita"........

INCREÍBLE E TOTALMENTE FÓRA DA REALIDADE O QUE ACABAMOS DE ESCOITAR ¡¡¡¡

NO CONCELLO DA PEROXA ESTÁ A REALIZAR FUNCIÓNS UNHA PERSOA QUE NON TEN RELACIÓN CONTRACTUAL CO CONCELLO ¡¡¡ 

GRAVÌSIMO QUE O SR. ALCALDE O O SR. SECRETARIO PERMITAN TER A UNHA PERSOA SEN CONTRATO DE NINGÚN TIPO NAS OFICINAS MUNICIPAIS.....ESTO É UN DELITO GRAVE NO ÁMBITO LABORAL ¡¡¡¡¡

POIS ESTO ACONTECEU DURANTE TEMPO NO CONCELLO DE A PEROXA ¡¡¡

A partir destas situacións e actuacións propias dunha administración dun país subdesarrollado pedimos por escrito o acceso e copia de todo o expediente deste procedemento selectivo. Asì como os datos de contratación da citada "candidata" o posto na súa relación co Concello de A Peroxa, así como un informe por escrito do secretario que expoña a situación que se está a producir no Concello co seu consentimento e o do Sr. Alcalde que non sabe nin quere saber do asunto, fiel o seu estilo de botar balóns fora ¡¡¡¡¡

Esta è a nosa petición:



Levamos o "asunto" o Pleno Ordinario celebrado o 30 de abril de 2012 e preguntamos sobre esta cuestión de gravidade que se estaba a producir no Concello a través de varias preguntas por escrito, e nas que o Sr. Alcalde se negou a contestar porque non dispoñía de datos suficientes sobre o tema en cuestión, e comprometeuse a que as contestaría no vindeiro (2 meses despois).

Pois ben, con data do 9 de xullo de 2012 voltamos a facerlle as mesmas preguntas, e sì obtivemos respostas, ainda que non teñen nin fundamente nin son creíbles para ninguén, respostou de forma simple e sen concretar nada para sair do paso e negouse a seguir falando do asunto.

No seguinte documento as nosas preguntas e as súas respostas:



 A partires do inicio das nosas investigacións e actuacións a persoa en cuestión non voltou aparecer polas oficinas municipais confirmando as nosas afirmacións de QUE ESTABA A TRABALLAR SEN CONTRATO E SEGURAMENTE (por desgracia para ela)......SIN SOLDO ¡¡¡¡

Pouco a pouco nos foi chegando a documentación que tiñamos solicitado, así como o acceso o expediente do proceso selectivo onde faltaba un montón de documentación básica e imprescindible como os informes por parte do secretario acreditando a necesidade desta praza entre outros....

No seguinte documento a convocatoria para o exame, valoración de méritos e entrevista persoal.....TODO NO MESMO DÍA ¿?



Neste documento podemos observar o mesmo tempo, como tan só transcurren 7 días dende a finalización do prazo de presentación de instancias (10 abril), ata a sinatura por parte do Alcalde e do Secretario da data do exame e valoración (17 abril).
Faltando entre medias documentos imprescindibles nun proceso selectivo como son o listado de admitidos e excluídos, así como o tempo legal (10 días) para subsanar posibles erros.




NON CONTENTOS CON TODO ESTO, SACAN O DECRETO DE NOMBRAMENTO O MESMO DÍA DO EXAME, DA VALORACIÓN E DA ENTREVISTA. 
PARECE QUE TIÑAN PRESA POR REMATAR CON ESTA ILEGALIDADE ¡¡¡¡¡


NOVAMENTE COMO TODOS OS DOCUMENTOS DO PROCESO ESTÁN ASINADOS POLO ALCALDE O MESMO TEMPO CO SECRETARIO, A PESARES DE MANIFESTAR EN VARIAS OCASIÓNS QUE NON COÑECÍA A TRAMITACIÓN DESTE PROCESO SELECTIVO.......ENTÓN PORQUE DA A SÚA CONFORMIDADE ASINANDO?????
DIFÍCIL EXPLICACIÓN ¡¡¡¡¡   UN MUNDO DE MENTIRAS ¡¡¡




O seguinte documento non ten desperdicio.....

Despois de moito insistir e denunciar o procedemento ilegal por parte dos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello para garantir a transparencia e legalidade do proceso na defensa dos intereses dos veciños e veciñas da Peroxa, o señor secretario parece "recapacitar" e emite un informe declarando a ilegalidade do proceso e......RECOMENDA A SÚA ANULACIÓN ¡¡¡¡¡

ADMITINDO DESTE XEITO QUE ESTABAMOS NO CERTO CANDO DENUNCIAMOS AS MOITAS IRREGULARIDADES (COMO LLE CHAMA ÉL), OU ILEGALIDADES (COMO LLE CHAMAMOS NÓS).



A raíz deste informe declarando a ilegalidade do proceso o Sr. Alcalde, agora sí, unha vez que parece que se enterou que as cousas non se fan así, senón respetando a legalidade e  sobre todo os dereitos da veciñanza decide anular o proceso e o nomeamento da súa persoa "imposta" para o posto.


OFRÉCESE A CONVOCAR UN NOVO PROCESO DENTRO DA LEGALIDADE PARA ESTE POSTO PERO UNHA VEZ MÁIS INCUMPLE AS SÚAS PALABRAS, XA QUE XUSTO UN ANO DESPOIS O PROCESO SEGUE SEN CONVOCARSE.

ESO DÍA, A SÚA PERSOA ELEXIDA VOLTA A ESTAR NAS OFICINAS MUNICIPAIS UNHA VEZ MÁIS POLA SÚA DECISIÓN E MEDIANTE A CREACIÓN DUN NOVO POSTO DEPENDENTE DO CONCELLO QUE VAI DIRECTAMENTE O GASTO DAS ARCAS MUNICIPAIS, CANDO A PRAZA EN CUESTIÓN DA OMIX ERA SUBVENCIONADA POLA XUNTA DE GALICIA...


ASÍ FUNCIONA O NOSO CONCELLO E ASÍ SON OS CAPRICHOS DO SR. ALCALDE, FAI E DESFAI A SÚA MANEIRA COS CARTOS DOS IMPOSTOS DE TODOLOS VECIÑOS E VECIÑAS DO CONCELLO.

Para rematar con esta "historia" recibimos os periódos onde a persoa en cuestión estivo legalmente contratada polo concello, ben con fondos propios ou a través de subvencións doutras administracións onde se confirma que como xa manifestamos, a sús relación laboral rematara en decembro de 2011:


  

 Polo que, por tanto..........

 
 CONFIRMA QUE AS SEMANAS OU POSIBLEMENTE MESES QUE ESTIVO NAS OFICINAS MUNICIPAIS E REALIZANDO OUTRAS ACTIVIDADES COMO AS XA DESCRITAS ESTABA SIN NINGUNHA RELACIÓN LABORAL, COA GRAVIDADE DOS FEITOS QUE ESO ACARREA E QUE AGARDEMOS QUE A XUSTIZA CEGA QUE TEMOS NESTE PAIS E MÁIS CONCRETAMENTE NA NOSA PROVINCIA NON PECHE OS OLLOS OU MIRE PARA OUTRO LADO ANTE TALES ILEGALIDADES DOS MANDATARIOS PÙBLICOS E LLES ESIXA RESPONSABILIDADE NO EXERCICIO DO SEU CARGO.

 
TRISTEMENTE, LAMENTAMOS TER QUE INFORMAR DESTAS SITUACIÓNS QUE PARECEN DE REALMENTE DOUTRO SÉCULO, E FALTAS DE TOTAL RESPETO POLAS INSTITUCIÓNS E SOBRE TODO DIANTE DUNHA VECIÑANZA QUE NOS TEMPOS QUE CORREN ESTÁN A VIVIR SITUACIÓN DRAMÁTICAS NO QUE SE REFIRE A CUESTIÓNS LABORAIS E NUN CONCELLO COMO O NOSO DE A PEROXA ONDE CONFIAMOS VOLTE A CORDURA E O SENTIDO COMÚN.


COMO SEMPRE, E SOBRE TODO NUN TEMA TAN DELICADO COMO O QUE ACABAMOS DE PUBLICAR QUEDAMOS A ENTEIRA DISPOSICIÓN DE CALQUER INTERESADO QUE PRECISE MÁIS INFORMACIÓN DO TEMA TRATADO.


SEGUIREMOS INFORMANDO E DENUNCIANDO AS IRREGULARIDADES QUE SE COMETAN NO CONCELLO DE A PEROXA, CUMPRINDO ASÍ O COMETIDO QUE SE NOS ENCARGOU COMO OPOSICIÓN A UN GOBERNO MUNICIPAL QUE ESTÁ A COMETER GRAVES ERROS E QUE NON FORON ELEXIDOS NAS URNAS PARA GOBERNAR DESTE XEITO ¡¡¡





viernes, 26 de abril de 2013

Convocatoria interesante ¡¡

No DOG de hoxe venres 26 de abril publicouse a convocatoria de axudas do Cheque Infantil para os nenos/as de 0-3 anos en gardería non de carácter público.

Se estas interesad@ aquí tes a convocatoria:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2013/20130426/AnuncioCA05-220413-0004_gl.pdf


Para calquer dúbida, coma sempre ponte en contacto connosco.


Eventos deportivos no Concello na fin de semana do 27 e 28 de abril de 2013.

 A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
A PEROXA C.F - A.D. COVADONGA:  Domingo 28 as 17:00 no campo do Marco.
 
C.F. OS CHAOS - ATL. PEROXA : Domingo 28 as 17:15 no campo de Amoeiro.

A PEROXA C.F "B" - ATL. PONTEDEVA : Domingo 28 as 19:00 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F XUVENIL - C.D.C. STA. TERESITA:  Sàbado  27 as 19:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVÍN - E.D.C. CHANTADA: Sàbado 27 as 11:00 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - C.F. MONFORTE: Sàbado 27 as 12:00 no campo do Marco.

CALDARIA- GADAFFI PEROXA VETERÁNS:  Sàbado 27 as 19:00 no campo de Santa Cruz.

BAR EN XOGO/KARLASCA - OS PEARES FS: Sàbado 27 as 19:30 no pabellón dos Remedios.
A PEROXA F.S. FEMININO - CIDADE DAS BURGAS: Sàbado 27 as 20:30 no polideportivo da Peroxa.






ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡¡

jueves, 25 de abril de 2013

Fin de semana de festas no Concello

Neste vindeiro fin de semana derradeiro de abril e na ponte do 1 de maio celebranse varias festas tradicionais no noso Concello.

FESTAS EN BEACÁN O SÁBADO 27

FESTAS EN GRAÍCES O DOMINGO 28

FESTAS EN SAN XÉS O LUNS 29 E MARTES 30


En tódas elas poderase disfrutar de boa música e mesmo de actos gastronómicos e relixiosos.


PARTICIPA E DISFRUTA DAS NOSAS FESTAS ¡¡¡


Aumento de taxas ¡¡¡

No BOP do pasado martes 23 de abril na súa pàxina 12 publicase a Modificación e a Ordenanza definitiva do Servizo Municipal de Axuda no Fogar no noso Concello de A Peroxa.

Unha modificación como outras que se levan feito publicada e aprobada polo goberno municipal do PP para unha nova suba das taxas existentes.

No seguinte enlace tes a publicación da ordenanza completa onde podes coñecer os servizos que presta e a atención e dereitos que ten cada veciños ou veciña da Peroxa que queira acceder a este servizo:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=93&fecha=20130423


INFÒRMATE ¡¡¡


miércoles, 24 de abril de 2013

Coñeces a realidade ??

Estamos xa moi acostumados as contínuas mentiras do Sr. Alcalde de A Peroxa e do seu equipo de goberno do PP, onde ante as nosas propostas e sobre todo ante as nosas críticas a súa nefasta xestión dos servizos municipais, se nos responda que o Concello està moi ben xestionado porque ten unhas contas envididadas por moitos outros concellos.

Ante a súa falta de argumentos e resposta eficaces para as nosas demandas e peticións de mellora de servizos que lles trasladamos por petición propia, ou na maioría dos casos por peticións que nos fan os veciños e veciñas do Concello sempre sacan a relucir os excelentes datos económicos que posee o Concello.

As nosas demandas e propostas son sempre para mellorar os servizos que a vista están de todos no seu estado de total abandono, como son as nosas vías de comunicación, propias de países do tercer mundo, onde circular cos vehículos cada vez resulta máis complicado.

O estado dos lugares pùblicos dos pobos como prazas, fontes, lavadoiros, etc, está a vista de todos.

A instalación obrigatoria por parte do concello do servizo de saneamento non aparece nunha gran parte dos pobos e parroquias da Peroxa.

Os datos económicos e orzamentarios dos que tentan "presumir" fan sempre referencia o superávit anual que poidan obter o Concello, como neste recentemente rematado 2012 onde o Concello de A Peroxa, segundo o seu Alcalde lle "sobraron" màis de 300.000€ ¡¡¡¡.

Voltamos a manifestar que son cartos dos impostos da veciñanza da Peroxa que están en contas bancarias e sen invertir no propio Concello nas moitas necesidades que temos e que xa enumeramos, polo tanto....moi triste dato un ano máis ¡¡¡

Tristemente presumen dunha boa xestión por ter ese superávit, cando a realidade e que è unha nefasta xestión por non executar o propio orzamento anual. 

¿Como se pode ter a cara de xustificar diante dos veciños a falta de actuación e obras necesarias alegando que neste momento non hai cartos nas arcas municipais??

Ademáis úsase o tema económico tamén como por exemplo para tentar pechar algúns servizos municipais, como por exemplo o da gardería por non resultar "rentable", ou mesmo o propio ximnasio municipal por non poder contratar un monitor deportivo.

E o caso máis sangrante è como se poden permitir unha suba de taxas os veciños e veciñas da Peroxa na auga, no lixo, na axuda do fogar, cando realmente están a "sobrarlle" cartos.

Con toda esta explicación anterior sen fundamentos e chea de mentiras o ùnico que queremos por de manifesto e amosar a todos os veciños e veciñas do Concello realidade, unha realidade moi lonxe do que nos pretender facer ver.

A DEUDA REAL DO CONCELLO DE A PEROXA È DE 354.000€, PUBLICADA RECENTEMENTE POLO PROPIO MINISTERIO DE HACIENDA.

No seguinte enlace tedes os datos publicados de cada Concello de España:

http://www.minhap.gob.es/Documentacion/Publico/DGCFEL/DeudaViva/DeudaVivaAyuntamientos2012.xls


Atendendo pois a verdadeira realidade tamén vos publicamos na seguinte imaxe a deuda comparativa dos concellos que forman a Mancomunidade Santa Àgueda e que pode servirvos de referencia.



Esto son o que dín os datos oficiais e o resto son contos ¡¡

Vemos como concellos limítrofes como Coles ou mesmo Vilamarin non teñen deuda ningunha, e postos a comparar, contan con servizos mui superiores os do noso concello, así como na maioría dos casos unhas vías de comunicación e acceso dignas para cada pobo.

Son Concellos que xunto co de Amoeiro (con poboación similar a nosa) se preocupan pola mellora constante de servizos e infraestructuras para os seus veciños...

¿QUÉ OBRAS MUNICIPAIS PROPIAS FEITAS POLO CONCELLO DE A PEROXA PODEDES INDICAR?........difícil atopar algúnha.

BASTA XA DE ENGANAR A POBOACIÓN, MERECEMOS UNHA MELLOR XESTIÓN DOS RECURSOS ¡¡¡¡


 SEGUIREMOS INFORMANDO PARA AMOSAR A REALIDADE DO CONCELLO ¡¡¡¡

 


viernes, 19 de abril de 2013

Eventos deportivos no Concello na fin de semana do 20 e 21 de abril de 2013.

A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
S.D. MANCHICA  - A PEROXA C.F  Domingo 21 as 17:00 no campo da Manchica.
 
ATL. PEROXA - PARADA DO SIL C.F: Domingo 21 as 17:15 no campo do Marco.
 
AT. RAZAMONDE C.F - A PEROXA C.F "B" : Domingo 21 as 17:15 no campo de Laias.

S.D.C. ARRABALDO - A PEROXA C.F XUVENIL: Sàbado 20 as 17:00 no campo de Sta. Cruz.

C.P. CALASANCIO "B" -A PEROXA C.F ALEVIN: Sàbado 20 as 12:00 no campo dos Escolapios.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN - ANTELA C.F.: Sàbado 20 as 12:00 no campo do Marco

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - VET. POLIGONO : Sàbado 20 as 17:00 no campo do Marco.

OS PEARES F.S - CIDADE DE OURENSE F.S. :  Sàbado 20 as 19:00 no pabellón dos Peares.

A PEROXA F.S. FEMININO - CALDELAO F.S.F. : Sàbado 20 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.



APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

Deficiencias nos pobos da parroquia de Carracedo.

Tiñamos pendente de publicar este artigo sobre a recente visita que os nosos concelleiros socialistas acompañados doutros membros da Agrupación Socialista de A Peroxa fixeran a parroquia de Carracedo.

Visita feita o pasado 6 de abril onde percorremos os pobos desta parroquia, conversamos cos veciños e veciñas dos mesmos e comprobamos as situacións de deterioro preocupante na que se atopan moitos dos pobos visitados.

Como en calquer outra parte do Concello unha das necesidades urxentes que precisan os veciños e veciñas dos pobos, è o servizo de saneamento, un servizo de obrigatoria instalación por parte do Concello de A Peroxa, segundo as normas legais que así o estipulan.

Certo è tamén que recentemente se fixeron actuación neste sentido, pero que todavía queda unha maioría de pobos sin este servizo básico e obrigatorio.......Vilamaior, Diarada, Pedreira, Recheda.....

Ainda que sen lugar a dúbidas a demanda máis solicitada polos veciños e veciñas consultados è a limpeza das vías e camiños de comunicación, así como a reparación e asfaltado das carreteras municipais dos pobos, que se atopan en estado de case total abandono, tendo constancia e declaracións de veciños de idade avanzada que non lembraban a ùltima vez que as brigadas do propio Concello ou mesmo da Deputación pasaran polo lugar.

A continuación ilustramos con imaxes exemplos das demandas que precisan subsanación por parte do Concello de A Peroxa, para mellorar os servizos da veciñanza, que en moitos casos non conseguen ver onde se gastan os cartos dos seus impostos, que pagan relixiosamente:


PERIGOSOS BURATOS PARA VEHÍCULOS E PERSOAS NA PISTA DE VILABOA


CANELLA CON AUGA NO COTO QUE DIFICULTA O PASO DOS VECIÑOS AS FINCAS


MALEZA NO LAVADOIRO E FONTE DE PIÑEIRON


CONTADOR DE AUGA EN OUTEIRO DE CARRACEDO


CASETA DOS CONTADORES DA AUGA NA RECHEDA "CON PROTECCIÓN"


DERRUMBE CARRETERA EN PIÑEIRON (PREVISTO O SEU ARRANXO URXENTE)


NECESIDADE DUN VALADO METÀLICO EN VILABOA POLO PERIGOSO DESNIVEL


CANELLA NA RECHDA EN PERIGOSO ESTADO, E PETICIÓN XA FEITA VARIAS VECES POLOS VECIÑOS E VECIÑAS DIRECTAMENTE O SR. ALCALDE E NUNCA FOI ATENDIDA.


ESTADO DE ACCESOS A VIVENDAS NA RECHEDA

 
ASFALTADO EN ESTADO DE TOTAL ABANDONO NA RECHEDA

 
DETERIORO VISIBLE DA PISTA NA RECHEDA QUE CANDO HAI CHOIVAS FACILITA A ENTRADA DE AUGA MESMO EN ALGÚNHAS VIVENDAS.


ESTADO DE ABANDONO EN PISTA EN VILABOA


CANELLA PÚBLICA DE ACCESO A VIVENDAS EN VILABOA, ARRANXO TAMÉN XA DEMANDADO O CONCELLO SEN ATENDER A PETICIÓN.


LAMENTABLE ESTADO DUNHA PISTA EN VILABOA.


ESTES SON EXEMPLOS DA REALIDADE EXISTENTE EN MOITOS DOS POBOS DO NOSO CONCELLO, ESTÁ È A SITUACIÓN QUE TEÑEN MOITOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DIANTE DAS SÚAS VIVENDAS, QUE CONTRASTAN CON IMAXES IDÍLICAS QUE NOS QUEREN FACER VER DENDE AS OFICINAS MUNICIPAIS PROMOCIONANDO SERVIZOS INEXISTENTES E QUE PARA NADA REFLEXAN A SITUACIÓN REAL NIN MOITO MENOS AS NECESIDADES QUE OS NOSOS VECIÑOS/AS PRECISAN.

VAI SENDO XA HORA DE ATENDER AS DEMANDAS REAIS DA VECIÑANZA E NON MALGASTAR OS CARTOS DOS SEUS IMPOSTOS EN OBRAS FARAÓNICAS E CARENTES DE SENTIDO NOS TEMPOS E NA REALIDADE QUE TEMOS NOS NOSOS POBOS E PARROQUIAS.

NON SE PODE SEGUIR MIRANDO CARA OUTRO LADO E DANDOLLE A ESPALDA AS NECESIDADES REAIS QUE TEN O NOSO CONCELLO, QUE CONTRASTA CON PROXECTOS CAPRICHOSOS E CHEOS DE INTERESES PERSOAIS. NON HAI MÁIS QUE BOTAR UNHA OLLADA AS RECENTES ACTUACIÓNS E SOBRE TODO AS QUE SE AVECIÑAN ¡¡¡¡¡

SEGUINDO COA NOSA LABOR DE OCUPARNOS E PREOCUPARNOS POLA SITUACIÓN DE ABANDONO DE MOITOS DOS NOSOS POBOS TRASLADAREMOS ESTAS DEMANDAS VECIÑAIS DE ARRANXO E MELLORA DE SERVIZOS OS ORGANOS E MANDATARIOS MUNICIPAIS ENCABEZADOS POLO SEÑOR ALCALDE E OS SEUS CONCELLEIROS, ONDE PARECE QUE NON VEN OU NON QUEREN VER AS NECESIDADES DOS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS, QUE FOI REALMENTE PARA O QUE FORON ELEXIDOS.

 
 

Sobre a gardería.....¡¡

Sorprendentemente publicase no BOP de hoxe venres 19 de abril na súa pàxina 9 o Regulamento de rèxime interno do Punto de Atención a Infancia do Concello de A Peroxa.

Toda a información no seguinte enlace:

https://bop.depourense.es/portal/descargarPdf.do?numBoletin=90&fecha=20130419

Calificamos de sorprendente a publicación, non polo seu contido, senón pola pouca credibilidade que pode ter, xa que lembramos o recente intento de peche deste servizo por parte do Sr. Alcalde e os seus concelleiros, alegando que era un servizo deficitario.
Xa no seu momento explicamos a situación e non vamos a voltar sobre ela, simplemente lembrar que un dos motivos dese déficit e a falta da subvención por parte da Xunta de Galicia que o Sr. Alcalde prometera e o final non foi concedida, enganando así aos usuarios e traballadores deste servizo.

Acordouse, como xa indicamos tamén que polo empeño e petición dos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista, esta gardería continuará ata finais se xullo, valorándose nese momento segundo a demanda existente a continuidade ou non durante maís tempo.

viernes, 12 de abril de 2013

Eventos deportivos na fin de semana do 13 e 14 de abril de 2013

 A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
A PEROXA C.F - RAMIRAS:  Domingo 14 as 17:00 no campo do Marco.
 
C.D. CENLLE - ATL. PEROXA : Domingo 14 as 17:15 no campo de Cenlle.

A PEROXA C.F "B" - ATL. RIBADAVIA : Domingo 14 as 19:00 no campo do Marco.
 
A PEROXA C.F XUVENIL - S.D.C. ARRABALDO:  Sàbado  13 as 10:30 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. ALEVÍN - MARISTAS: Sàbado 13 as 12:30 no campo do Marco.
 
C.D. OURENSE - A PEROXA C.F. PREBENXAMIN:  Sàbado 13 as 11:45 no campo de Salesianos.

BAR A TERRAZA - GADAFFI PEROXA VETERÁNS:  Sàbado 13 as 17:30 no campo de Coles.

LA BULL 2.0 - OS PEARES FS: Sàbado 13 as 17:30 no pabellón do Colexio Miraflores.

A PEROXA F.S. MASCULINO - OS ESCORNABOYS: Sàbado 13 as 19:00 no pabellon da Peroxa.

CARBALLIÑO F.S. - A PEROXA F.S. FEMININO : Sàbado 13 as 18:00 no pabellón do Carballiño.






ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡¡



jueves, 11 de abril de 2013

Ocultando a realidade ¡¡

Unha vez máis temos que refererirnos a unhas actuacións que están moi lonxe da realidade.

Recentemente se publicaron nas redes sociais "oficiais" do Concello de A Peroxa fotos do ximnasio municipal, ofrecendo os seus servizos.

As fotos quedaron moi bonitas, pero falta a parte principal deste servizo......OS USUARIOS ¡¡

Exemplos das fotos publicadas:





Na mesma publicación destas fotos ofrecese este servizo municipal logo de contactar coas oficinas municipais, dado que, nesta reportaxe fotográfica falta a foto principal de entrada onde se nos indica claramente que estas instalacións.....ESTÁN PECHADAS¡¡¡¡


Lembramos unha vez máis que estamos a falar dun servizo que costou preto de 9 millóns das antigas pesetas, para ser pechado os 3 meses de ser inaugurado.

Alègase no motivo do peche.....ESCASA AFLUENCIA ¡¡

Nòs engadiriamos tamén, nulo fomento na veciñanza para a actividade física, e facilidades de uso destas instalacións, xa que tamén recordamos que moitos dos veciños e veciñas deste Concello desprázanse a Concellos próximos a outros servizos semellantes como poden ser Vilamarin ou mesmo a Ourense.

Ofrecese a posibilidade de usar as instalacións contactando coas Oficinas Municipais.......¿?

¿Què teñen que facer entón os veciños e veciñas para usalo pola tarde?
¿nos festivos? 
¿nas fins de semana?
sobre todo si por cuestións laborais non poden pasarse polas citadas oficinas no seu horario de apertura (de 9 a 14).

Pregùntanse tamén se hai algún tipo de privilexio por parte de varios usuarios que o usan o seu antoxo.

Os membros da nosa Agrupaciòn Municipal xa fai agora un ano se ocuparon e preocuparon polo peche deste servizo presentando unha moción no pleno do Concello.


A resposta foi negativa por parte do goberno municipal do PP a nosa proposta, argumentando o Sr. Alcalde que non hai xente suficiente para manter e seguir pagando un monitor deportivo.
Indicou que se no futuro se atopaba xente interesada e suficiente se podería tratar novamente o asunto.

Nesta mesma moción tamén solicitamos a recuperación das clases de ximnasia nos pobos e parroquias onde se viñan celebrando, e que a situación actualmente se está a manter coa prestación deste servizo, ainda que coa supresión nos locais de Graíces e Os Peares (segundo a versión do concello, por falta de asistencia).

Esta è a programación semanal deste servizo:

No seu día, cando se presentou esta moción rexeitada, a noticia tivo repercusión na prensa local:


 

POLO TANTO DENDE A NOSA AGRUPACIÓN MUNICIPAL SOCIALISTA VOLTAMOS A URXIR UNHA SOLUCIÓN A ESES VECIÑOS E VECIÑAS QUE DEMANDAN PODER USAR ESTE SERVIZO EN DÍAS E HORAS AXEITADOS AS SÚAS NECESIDADES, E COMPATIBLES COAS SUAS XORNADAS E HORARIOS LABORAIS.

SOLICITAREMOS OS RESPONSABLES MUNICIPAIS QUE APORTEN SOLUCIÓNS AS DEMANDAS DA VECIÑANZA PARA FACER USO DOS SERVIZOS CREADOS COS CARTOS DOS SEUS IMPOSTOS.

SEGUIREMOS INFORMANDO ¡¡

 





viernes, 5 de abril de 2013

Eventos deportivos na fin de semana do 6 e 7 de abril de 2013

A actividade deportiva no Concello de A Peroxa, unha semana máis está protagonizada polos respectivos encontros que disputan os equipos representativos do noso concello nas súas competicións, e que son os seguintes:

 
C.D. RÚA  - A PEROXA C.F  Domingo 7 as 17:00 no campo da Rùa.
 
ATL. PEROXA - CRESPOS C.F: Domingo 7 as 17:00 no campo do Marco.
 
SALAMONDE C.F - A PEROXA C.F "B" : Domingo 7 as 17:00 no campo de Salamonde.

CHANTADA C.F "B" - A PEROXA C.F XUVENIL: Domingo 7 as 09:45 no campo de Chantada.

E.M.F ARENTEIRO "B" -A PEROXA C.F ALEVIN: Sàbado 6 as 10:15 no campo da Uceira.

A PEROXA C.F. PREBENXAMIN -C.D. VELLE: Sàbado 6 as 12:00 no campo do Marco

GADAFFI PEROXA VETERÁNS - FRANCELOS : Sàbado 6 as 17:00 no campo do Marco.

OS PEARES F.S - BAR O RETIRO F.S :  Sàbado 6 as 19:00 no pabellón dos Peares.

A PEROXA F.S. FEMININO - C.D.C. SANTA TERESITA : Sàbado 6 as 20:00 no polideportivo da Peroxa.





APOIA E ANIMA OS NOSOS EQUIPOS ¡¡

Peticións de mellora prometidas e non atendidas.........ou que fóron negadas ¡¡¡¡¡

Continuando coa súa liña de incumprimentos, dende o Concello de A Peroxa todavía non houbo actuacións de mellora solicitadas polos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista, e nas cales o Sr. Alcalde se comprometeu subsanar en breve.

Para mostra un exemplo.....

A principios de xaneiro deste ano, ocorreu un desprendemento na entrada do Polideportivo dos Peares (que lembremos foi unha obra feita e inaugurada recentemente), que dificulta o acceso os deportistas o recinto, e que se agrava no caso de que por desgraza algún día destes teña que actuar algún vehículo de emerxencias......


Como xa indicamos, presentamos un ROGO no Concello para a subsanación deste desperfecto. No Pleno Ordinario do 29 de Xaneiro de 2013 o Sr. Alcalde respostou literalmente....."vaise arranzar moi pronto", segundo consta na Acta da Sesión.

Pois atopàmonos que unha vez máis, faltando o seu compromiso e 3 meses despois ¡¡¡ a situación segue sendo a mesma......



Tamén queremos sinalar como ben se indica no titular deste artigo, que si ben en algúns casos o Sr. Alcalde sí recoñece as anomalías denunciadas polos nosos concelleiros socialistas e se compromete a solucionalas, ainda que parece esquecerse delas.........
Vemos con moita máis preocupación cando nega as evidencias e as demandas dos veciños e veciñas dos pobos, e o máis triste, e que nin è capaz de comprobalas por el mesmo, senón confiando en algún dos seus concelleiros que máis ben parece que van en contra da vontade dos seus veciños e veciñas máis cercanos negando as evidencias, preocupándose, eso sí, de arranxar as súas cuestións máis persoais ¡¡¡¡

Referìmonos neste caso a nosa petición de mellora do asfaltado que fixemos no Concello da pista que baixa cara o pobo de Forxán, que presenta un lamentable estado dificultando o acceso os vehículos, que sufren os baches a diario e que o Sr. Alcalde no Pleno Ordinario de Xaneiro negou que existiran tales fochancas nesa vía, mesmo facendo comentarios fóra de lugar que desta vez non vamos a reproducir, sobre a cuestión que plantexamos.

Esta è a situación real da citada pista, o que aparece pola esqueda da vía, non son debuxos....., SON BACHES ¡¡¡¡¡¡¡¡




Lembramoslle, unha vez máis o Sr. Alcalde e os seus concelleiros, que non facemos peticións propias, para melloras de interese persoal, senón de interese xeral, e demandadas pola veciñanza do Concello, e que o noso único fin e obxetivo e traballar por mellorar os servizos deste abandoado Concello e mellorar a calidade de vida da veciñanza, en todos os puntos do termo municipal onde observamos desperfectos, anomalías ou outras situacións que se poden mellorar.


E ASÍ SEGUIREMOS ¡¡¡¡ QUE PARA ESTA FUNCIÓN OS VOTANTES DA PEROXA NOS ELEXIRON E NOS COLOCARON NESTA POSICIÓN.
 CUMPRIREMOS CO NOSO COMETIDO, XUSTO AO CONTRARIO DO QUE O GOBERNO MUNICIPAL DO PP ESTÁ MOI LONXE DE FACER PARA O QUE FORON ELEXIDOS ¡¡¡¡



SEGUIREMOS INSISTINDO E RECLAMANDO ACTUACIÓNS PARA MELLORAR ESTAS TRISTES SITUACIÓNS DE ABANDONO E DESPREOCUPACIÓN POLO CONCELLO.




Reparacións anomalías..........a medias ¡¡

A raíz do temporal que sufrimos en datas pasadas foron moitos os desperfectos que deixou no noso Concello, entre os que máis perigo produciron foi o desprendemento de rochas na pista de acceso o pobo de Cidadella.



Dende a nosa Agrupación Municipal solicitamos un Rogo Urxente para a reparación desta perigosa situación, coa resposta por parte do Sr. Alcalde que a reparación para garantir o acceso o pobo xa se fixo, pero a retirada definitiva se faría con posterioridade por parte da Deputación Provincial para abaratar o coste da actuación.

Pois esa actuación realizouse, pero lamentamos que non se tivera feito unha reparación en mellores condicións e que garantizase que non se repitan situacións parecidas no futuro.

A actuación limitouse ùnicamente a retirada das rochas caídas, as cales provocaron danos no pavimento da vía que non se repararon nin retocaron o asfaltado, polo que en breve se producirán importante baches no lugar....

Tampouco se fixo ningunha mellora para que non se produzan futuros desprendementos, mesmo se deixou algúnha árbore con serio risco de caída sobre a vía novamente, e o mesmo que sucedeu coas rochas, agardemos que non ocasiones danos graves persoais nin materiais.....

Finalmente, creemos que para garantir o paso de vehículos con seguridade e evitar graves problemas  debido o estado da vía deteriorado e tendo en conta o barranco tan perigoso que existe, deberíase ter colocado un valado metálico de seguridade.


 
ACTUACIÓNS DESTE TIPO POÑEN UNHA VEZ DE MANIFESTO O POUCO INTERÈS POR MELLORAR OS SERVIZOS E GARANTIR A SEGURIDADE DOS VECIÑOS E VECIÑAS DOS POBOS E PARROQUIAS DESTE NOSO CONCELLO.

 

jueves, 4 de abril de 2013

Esta è a realidade actual ¡¡¡

Somos coñecedores do seguimento que temos nestas nosas publicacións neste blog por parte de moitos veciños e veciñas do Concello, así como tamén, dos propios mandatarios do Concello.

Felicitàmonos no seu día tamén dende aquí da chegada as redes sociais do propio Concello de A Peroxa, como ferramenta de información, si ben è certo que non se publica toda a información que podería interesar a veciñanza, como poidera ser no seu día as convocatorias de emprego público que se ofertaron dende o Concello, noutro exercicio de oscurantismo e falta de transparencia, entre outros exemplos.

Somos como non podía ser doutro xeito, fieis seguidores desas publicacións, pero non podemos deixar pasar a ocasión para facer unha crítica a certas publicacións recentes.

Supoñemos que ante a falta de actividade municipal e de interesantes ofertas, convocatorias e actividades do propio Concello, publícanse segundo a nosa opinión con acerto, imaxes de partes do noso Concello supoñemos que con fins de promoción turística.

Neste punto surxe a nosa crítica e denuncia pública da recente reportaxe fotográfica (ainda que fora sen fotos reais e orixinais), dun dos lugares máis senlleiros e representativos do Concello como foi o entorno do Castelo.

Amosaronse unhas fotos realmente idílicas deste emprazamento, que por suposto estamos de acordo que è un lugar espectacular e digno de ser visitado e disfrutado, pero para nada se axustan a realidade ¡¡¡

Neste punto no seu día se fixo unha millonaria inversión para a súa mellora, pero o problema surxe cando despois de tantos anos nunca se tivo conciencia de conservación nin actuacións de mantemento algùn.


Este lugar è un paraxe como dixemos idílico e de disfrute para os que o visitan, pero fai xa moito tempo que a imaxe que ofrece non è a desexada...........e o que se atopan os visitantes son imaxes como as que siguen:

VALLADOS DETERIORADOS





ARBORES CAÍDOS


FONTE SEN SERVIZO


MALEZA SEN LIMPAR




SINALIZACIÓN ROTA E ESCASA

 
MURO CAÍDO




ACCESOS INUNDADOS



Poderíase restaurar o muíño e facelo funcionar como orixinalmente, coa limpeza da canle da auga e instalando os mecanismos existentes:




Tamén como suxerencia se poderían tomar como referencia as "lendas" feitas por un coñecido e entrañable historiador da zona, coñecedor deste maravilloso entorno e facelas en formatos "oficiais" e duradeiros:





Esta è a situación REAL e ACTUAL da situación, polo que emprazamos os mandatarios do noso Concello a tomar medidas e sobre todo solucións a esta problemática para manter en condicións òptimas este paraxe singular e ESPECTACULAR ¡¡¡


AGARDAMOS POLO TANTO UNHA ACTUACIÓN URXENTE, COMO TAMÉN PROPOÑEMOS FOMENTAR E PUBLICITAR ESTE LUGAR MEDIANTE ALGUNHA ACTIVIDADE QUE SE PODERÍA DESENVOLVER NESTA PARAXE COMO PODERÍA SER UNHA ANDAINA POLAS RUTAS DE SENDEIRISMO, ALGÚN TIPO DE XUNTANZA OU FESTA MEDIEVAL, ETC.