Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 4 de octubre de 2013

Actividade deportiva na fin de semana do 5 e 6 de outubro de 2013

Os eventos deportivos no que se refire os representantes do noso Concello da Peroxa nesta fin de semana son os seguintes:

ATL. ARNOIA - A PEROXA C.F: Domingo 6 as 12:00 no campo de Arnoia.

ATL. PEROXA - AMOEIRO C.F: Domingo 6 as 17:00 no campo do Marco.

RAZAMONDE - A PEROXA C.F. "B": Domingo 6 as 12:00 no campo de Laias.

MONFORTE - A PEROXA C.F. XUVENIL: Sàbado 5 as 11:00 en Monforte.

VELLE "B" - A PEROXA C.F. ALEVÍN: Domingo 6 as 10:00 no campo de Velle.

A PEROXA C.F. BENXAMIN - PABELLÓN PROMESAS: Sàbado 5 as 11:00 no campo do Marco.

A PEROXA C.F. PRE-BENXAMIN - VELLE: Sàbado 5 as 12:00 no campo do Marco.

NOVO RIBEIRO - GADAFFI PEROXA VETERÁNS: Sàbado 5 as 16:30 en Maside.

OS PEARES F.S. - ERMIDA F8: Sàbado 5 as 18:30 no polideportivo de Peares.

A PEROXA F.S. FEMININO - CASTRELO F.S: Sàbado 5 as 20:00 no polideportiva da Peroxa.



Como vedes, xa temos todas as competicións en marcha coa incorporación do fùtbol base e o fútbol sala.

Ademàis, a partires desta semana tentaremos conseguir información das participacións do grupo de deportistas e veciños/as da Peroxa que percorren a provincia de Ourense, ou mesmo fóra dela no mundo do atletismo, dentro das diferentes modalidades de carreiras populares, cross, maratón, etc.

Participacións cada días màis numerosas por parte dun grupo humano e deportivo que xa comenza a obter resultados destacados nas clasificacións como os recentes obtidos por Ana Soutullo ou Adriàn Dìaz.

Esta fin de semana sabemos da participación dalgún compoñente do equipo en Parada de Sil, o cal lle desexamos sorte e sobre todo.......diversión.

No seguinte enlace información da proba:

http://www.finixer.com/7-carrera-canon-do-sil-2013

Agardemos, como xa indicamos, poder seguir informando desta concurrida participación dos nosos atletas nas diferentes probas.



ANIMA E DISFRUTA DOS NOSOS EQUIPOS ¡¡¡¡



No hay comentarios:

Publicar un comentario