Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 7 de octubre de 2013

Hai movementos.....¡¡¡¡

Xa chegando o remate do verán, parece que dende o Concello se decidiron mover para executar algunha actividade no noso termo municipal, ausente totalmente nos meses pasados.

Ùnicamente podemos nomear este ano algunha pequena actividade para os máis peques nas mañas do mes de Agosto, pero pola contra.....¿Què foi do resto de actividade cultural que un Concello coma o noso precisa?

Non houbo representacións teatrais, nin musicais, nin de cine o aire libre, nin culturais de ningún tipo, nin viaxes de éxito participativo coma no verán pasada ao Complexo de Cerceda por nomear algún, ou mesmo a festa da auga na piscina.

Todo esto a pesares de que na prensa se anunciaron grandes eventos e actividades compatidas neste caso co concello limítrofe de Vilamarin onde si houbo actividades e participación, o igual que noutros concellos da nosa contorna coma o de Coles onde os veciños e veciñas poden escoller entre multitude de actividades dirixidas a todos e  para tódalas idades.

Referímonos a este artigo de prensa publicado a finais do ano pasado onde se anunciaba a programación que o noso Concello da Peroxa podería disfrutar.....:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/11/01/rogelio-martinez-recepciona-vilamarin-plaza-parque-infantil/705563.html

Lamentamos unha vez máis que caeran no olvido e nas falsas expectativas creadas de novo ante a poboación da Peroxa, sometida a outro engano máis por parte dos responsables do Concello, incapaces de xestionar a actividade cultural do noso Concello, limitándose ùnicamente a "arrimarse para sair na foto" a eventos organizados por outras entidades como a Xuntaza de Corais e Rondallas que se celebrou recentemente, por certo, nun local que foi un "castigo" para os participantes e que segue sen rematar tras como xa indicamos, investidos miles de euros na súa construcción.

Agora, rematando o ano e tratando de paliar a súa incompetencia organizan un par de viaxes para un sector da poboación, os que por certo ainda estades en prazo para apuntarvos os que estedes interesados:



Como sempre facemos, a nosa intención maior e a de informar das situaciòns que se producen no noso Concello, e queremos dar a coñecer a veciñanza do concello da Peroxa as nosas actuacións e demandas diante dos órganos de goberno do Concello.

Polo tanto, e informando en primeiro lugar que por parte do Sr. Alcalde da Peroxa se cometeu a ilegalidade de non convocar no pasado mes de setembro o correspondente e OBLIGATORIO Pleno Ordinario, privándonos así, o igual que os veciños e veciñas, dun dereito de participación nos òrganos de goberno municipais.

Curiosamente, e seguindo co tema de actividades, è destacable que se organicen estas viaxes no mes de outubro cando precisamente unha das preguntas que lle fixemos por escrito o Sr. Alcalde para o correspondente pleno que non celebrou en setembro e presentada pola nosa Agrupación Municipal Socialista o día 17/09/2013 entre outras, era unha explicación pola súa parte da non realización por parte do Concello de ningún tipo das actividades previstas e prometidas a poboación.

No seguinte documento a proba do exposto na pregunta segunda:





 AGARDAMOS POLO TANTO UNHA RESPOSTA POR PARTE DO RESPONSABLE DO CONCELLO DIANTE DUN NOVO INCUMPRIMENTO ANTE OS SEUS VECIÑOS E VECIÑAS, E INVITAMOS A PARTICIPACIÓN DE TOD@S NAS ESCASAS ACTIVIDADES OFERTADAS E DESEXAMOS QUE SEXAN DE DISFRUTE  E DIVERSIÓN PARA AQUELES "AFORTUNADOS" QUE ASITAN AS MESMAS.

SEGUIREMOS RECLAMANDO E SOLICITANDO PARA O NOSO CONCELLO UNHA PROGRAMACION DE ACTIVIDADES DIGNA PARA UNHA POBOACIÓN PARTICIPATIVA EN TODO O QUE SE ORGANIZA E O MESMO TEMPO VARIEDADE DE TEMÁTICA E QUE SE ADAPTE A TODO TIPO DE IDADES.

Seguiremos traballando por un concello mellor ¡¡




No hay comentarios:

Publicar un comentario