http://www.saludymedicinahoy.es/os-socialistas-da-peroxa-denuncian-a-supresion-dun-medico-no-centro-de-saude/
Seguindo coa mesma temática da sanidade o Grupo Municipal Socialista da Peroxa estivo na reunión que o Partido Socialista organizou en Ourense para tratar con tódolos colectivos veciñais e profesionais o grave problema o que novamente o goberno de Feijoo volve a acometer na nosa provincia, coa supresiòn e deterioro de parte do servizo de ciruxía pediatrica existente na nosa cidade para toda a unha provincia, que levará os nosos cativos a ter que desprazarse a Vigo para facer intervencións.
Lembramos que este problema grave xa o padeceu un xove veciño do noso Concello que tivo que desprazarse xunto a súa familia a Vigo para ser operado un domingo no mes de Agosto.
A raíz desta e doutras actuacións è cando os profesionaís e sobre todo a cidadanía puxo en alerta este atentado contra os dereitos e servizos da poboación en Ourense.
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2013/10/11/psoe-alerta-area-pediatrica-unica/893729.html
Na seguinte imaxe a foto da participación nesta charla informativa coa presenza do noso portavoz municipal, escoitando e decidindo medidas de presión para parar esta inxustiza, así como tamén o RE-PAGO inxusto e cruel que o Sr. Feijoo pretende facer os enfermos crónicos na súa medicación hospitalaria, que ocasionará ademáis da gravidade da propia enfermidade un grave problema económico para moitas familias afectadas.
XUNTOS PODEMOS, E TEMOS QUE PARAR ESTAS INXUSTIZAS ¡¡¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario