Unha fosa, como outras tantas, xa denunciadas por nos diante do Concello e das administracións responsables, que está a verter o exterior os lodos que xa chegaron fai días a carretera que baixa cara Barra de Miño e que fai o tránsito por este lugar insoportable de cheiros e mesmo de contaminación a poza próxima de auga que usan varios pobos para regas dos seus cultivos.
UNHA SITUACIÓN VERGOÑENTA E QUE OS RESPONSABLES MUNICIPAIS XA ESTÁN TARDANDO EN SUBSANAR, SEXA DO XEITO QUE SEXA E CON URXENCIA.
XA PROPUXEMOS EN VARIAS OCASIÓNS UN PLAN DE VIXIANCIA, CONTROL E VACIADO DAS FOSAS DO CONCELLO (propostas todas elas rechazadas) A TRAVÉS DO SERVIZO QUE INSTAUROU A PROPIA DEPUTACIÓN DE OURENSE, PERO QUE UNHA VEZ MÁIS DENDE O CONCELLO NON PARECE IMPORTARLLE ESTE TIPO DE PROBLEMAS, XA QUE AS ACTUACIÓNS SON TARDÍAS OU MESMO NULAS COMA NESTE CASO URXENTE.
Nas seguintes imaxes o lamentable estado no que os lodos e verquidos da fosa están a causar na zona:
SEGUIREMOS INFORMANDO DESTAS E DOUTRAS PETICIÓNS DE MELLORA PROPOSTAS O NOSO CONCELLO DA PEROXA.........E AGARDANDO SOLUCIÓNS ¡¡¡¡
pa algo estara o servicio de protecion da Guardia Civil(SEPROINA) que con ua chamada creo que actuaria....
ResponderEliminarCertamente claro que è unha opción a valorar, pero preferimos seguir os cauces habituais e comunicar a incidencia previamente o Concello, responsable da limpeza e mantemento das fosas sèpticas. Se a esta anomalía non se lle pon solución entón habería que pasar a outro organismo responsable no tema como o que indicas, e que por desgraza xa se tivo que facer en máis ocasións, que derivou en sancións económicas para o concello, pagadas cos cartos dos nosos impostos pola irresponsabilidade dos seus mandatarios.
ResponderEliminar