Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 28 de octubre de 2013

Orzamentos da Xunta no noso concello

AUSENTES ¡¡¡

 Esta é a situación do Concello da Peroxa nos Orzamentos da Xunta para o 2014.

A espera do debate e aprobación destes orzamentos vemos con tristura que nas inversións previstas e publicadas para a provincia de Ourense o noso concello non aparece "beneficiado" con ningunha dotación económica.





Diante desta triste situación, expuxemos no pasado pleno a nosa disconformidade coa falta de inversión prevista para o noso concello, a pesar de ter varias infraestructuras sen executar mesmo de anos anteriores ou orzamentos do pasado ano 2013 previstos para o noso Concello que non se realizaron, manifestando o Sr. Alcalde que o concello "obtería outro tipo de compensacións"¡¡¡¡

Agardemos que así sexa e as obras importantes para o noso concello como son a Ponte nos Peares, o remate do paseo fluvial, ou unha desexada e necesaria na Peroxa como é o remate do Auditorio na praza do Concello parece que caeron no olvido.

Poñemos como exemplo de falta de execución do previsto as cantidades que no pasado ano 2013 se tiñan prevista investir no noso concello e que non  se realizaron como eran importantes cantidades para "actuacións e equipamentos" nos Centros de Saúde da Peroxa, os que non só non se executaron senón que ainda por encima nos sacaron servizos como foi a praza de médico no da Peroxa ¡¡


35.000€ de inversión que caeron no olvido ¡¡¡

Ante esta nova inxustiza os membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no concello fixemos balance dos proxectos paralizados e inversións sen executar para trasladar a través dos nosos representantes no Parlamento de Galicia estas demandas os mandatarios da Xunta para que as teñan en conta no vinderio debate de orzamentos 2014 e sexan por fin unha realidade para o Concello e non queden un ano máis en falsa promesas ¡¡¡¡

 

SEGUIREMOS TRABALLANDO E INFORMANDO SOBRE ESTA SITUACION DO NOSO CONCELLO DA PEROXA



 

No hay comentarios:

Publicar un comentario