Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 25 de octubre de 2013

Xa temos resposta "oficial"

Voltamos a tratar unha situación da que xa lle adicamos información neste blog, pero que dado a gravidade do asunto e non tendo ata o de agora solucións voltamos a publicar a situación actual, que por certo, as novas non son moi esperanzadoras, pero dende a nosa Agrupación Municipal seguiremos loitando por recuperar un servizo básico necesario no noso Concello, diante do pasotismo que parecen amosar os responsables municipais, desentendendose dos problemas reais dos veciños e veciñas.

Sendo un tema de total actualidade e ainda que foi un asunto tratado intensamente no pleno ordinario celebrado no Concello o pasado martes 22 de outubro por mor da nosa preocupación e defensa dos servizos dos veciños e veciñas da Peroxa, creemos que merece un artigo exclusivo para dar respostas a veciñanza.

Como de todos é coñecido, dende o 1 de Agosto o Centro de Saùde da Peroxa quedou tan só con un médico para a atención da nosa poboación, xa que primeiramente polas súas vacacións e posteriormente con data do 1 de setembro xubilouse, deixando claramente o servizo moi mermado para unha correcta atención sanitaria.

Ante este grave deterioro dos servizos no noso Concello, amparado polas moitas queixas veciñais, dende a nosa Agrupación Municipal Socialista decidimos poñer en mans dos nosos representantes no Parlamento de Galicia a situación de deterioro dos servizos sanitarios.

Trasladamos a problemática para que se tratara diante do Sergas, para buscar respostas a este novo castigo os nosos servizos e presentouse por escrito diante do Parlamento o seguinte escrito para buscar solucións:



A nosa bùsqueda de solución a este novo atentado contra os dereitos da veciñanza da Peroxa, tivo repercusión nos medios de prensa local tanto escrita como radiofónica:





Algúns exemplos máis....

http://www.mundourense.com/index.php?option=com_content&view=article&id=6897:reordenan-o-persoal-sanitario-de-a-peroxa&catid=31:provincia&Itemid=42

Lembramos que esta situación de empeoramento da asistencia sanitaria no noso concello xa è repetitiva, basta con recordar a non cobertura de mèdico sustituto en periodo vacacional, do cal xa fixemos tamén daquela a nosa reclamación de mellora do servizo....

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/07/06/psoe-denuncia-peroxa-cuenta-medico-atiende-dias-alternos/662981.html

Polo tanto, recordando estas novas hai que indicar que ....."chove sobre mollado", e a actuación por parte do Concello volta a ser a mesma.....mirar para outro lado e acatar as "ordes políticas", da familia Nuñez, co Presidente Feijoo como executor destes recortes e tamén coa complicidade da Xerente de Atención Primaria en Ourense (a súa prima Eloina Nuñez), que parece teñen unha fixación contra o noso Concello.

Como xa dixemos o principio o tema foi tratado no pleno do pasado martes, a raíz novamente, dunha pregunta do noso Grupo Municipal, preocupandose por este situación que xa está durando moito nesta precaria situación.

A nosa pregunta entre outras presentadas foi a seguinte....(pregunta numero 1):



A triste resposta que o Sr. Alcalde ofreceu a nosa pregunta foi exactamente a mesma da Sr. Eloina Nuñez......"que no Concello temos 2 médicos e 2 enfermeiros" e que o servizo esta garantizado..


HAI QUE TER CARA¡¡¡¡¡ CLARO QUE ESA É TRISTEMENTE A SITUACIÓN ACTUAL, PERO LEMBRAMOSLLE UNHA VEZ MÁIS QUE ANTES TIÑAMOS OUTRO MÉDICO MÁIS NO CENTRO DE SAÚDE DA PEROXA QUE AGORA NON TEMOS, OBRIGANDO A FACULTATIVA QUE ESTÁ A ATENDER ESES PACIENTES QUE QUEDARON SEN O SEU MÉDICO. 
NON SE PODEN MEZCLAR DATOS DO CENTRO DE SAUDE DA PEROXA CO DE PEARES, CADANSEU TEN A SÚA ZONA DE INFLUENCIA, E OS PEARES VAN TAN SÓ POUCO MÁIS DE 100 VECIÑOS DO NOSO CONCELLO, QUE FAI QUE OS RESTANTES TEÑAN QUE SER ATENDIDOS NO DA PEROXA, SUPERANDO AS 1.400 TARXETAS SANITARIAS PARA UNHA SOA MÉDICA.....¡¡¡¡¡¡

ESTA È A REALIDADE AINDA QUE QUEIRAN ESCONDELA E CONFUNDIR A POBOACIÓN QUE ESTÁ A SUFRIR A MERMA DO SERVIZO, CON SITUACIÓNS DE ESPERA PROLONGADAS OU MESMO QUEDANDO SEN ATENDER NA PROPIA CONSULTA......E XA NON DIGAMOS NOS DOMICILIOS PARTICULARES ONDE A DOUTORA ESTÁ ATENDENDO ATA MEDIA TARDE (EN ALGÚNS CASOS E DÍAS, MESMO SEN A PARADA PARA COMER).

De todas formas, logo do debate sobre este tema no Pleno, o Sr. Alcalde manifestou que o "asunto non caeu no olvido" e dende o concello buscarán solucións.

ALEGRÁMONOS DESTA COHERENTE RESPOSTA, PERO CREO QUE AS SOLUCIÓNS QUE SE ESTÁN A BUSCAR NON SON AS IDÓNEAS, XA QUE PRETENDEN DESPRAZAR O MÉDICO DO CENTRO DE SAÚDE DOS PEARES EN DÍAS ALTERNOS O DA PEROXA, POLO QUE CREEMOS QUE SERÍA "DESVESTIR UN SANTO PARA VESTIR OUTROS", XA QUE DESTE XEITO OS PERXUDICADOS SERÍAN OS USUARIOS DO CENTRO DE SAÚDE DE PEARES.

Segundo indicamos no titulo desta noticia, recibimos a resposta por escrito por parte da Consellería de Sanidade as nosas preocupacións coa situación, que lamentablemente confirmanse na mesma liña de datos para xustificar este grave recorte.

Comprobade por vos mesmos a resposta, cuns datos que segundo a nosa opinión, non se corresponden coa realidade nen son actuales:


Asì está o asunto.......as tristes decisións políticas de continuos recortes caen novamente sobre as espaldas dos veciños e veciñas da Peroxa, que ven como cada día os seus servizos empeoran, ou mesmo se suprimen.


Queremos o mesmo tempo aproveitar a ocasión deste artigo, xa que ten relación directa co tema, e tamén se trata da supresión doutro servizo que actualmente está na prensa local pola súa grave repercusión para os nosos nenos e nenas, diante do traslado a Vigo do servizo de Ciruxía Pediátrica que todos coñecedes.

De non ser así, na seguinte noticia explica a situación de desamparo actual:

http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/10/23/galicia/1382557176_892402.html


Hai unha grande movilización social ante esta inxustiza, con recollida de firmas para pedir o mantemento deste servizo en Ourense, e como non podía ser doutro xeito, dende a nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello da Peroxa, tamén dispomos das follas pertinentes para a recollida de firmas dos que estedes a favor de manter este servizo, e que non fai falta xa nin lembrar, afecta directamente os nenos e nenas tamén do noso Concello.

Aqueles interesados que desexen asinar esta petición, podedes poñervos en contacto con calquer membro da Agrupación a través das canles habituais.


SEGUIREMOS NA LOITA E NA DEFENSA NOS SERVIZOS ESENCIAIS É PÚBLICOS NO NOSO CONCELLO ¡¡¡¡¡

No hay comentarios:

Publicar un comentario