Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

martes, 24 de septiembre de 2013

Gracias....¡¡

Un ùnica palabra, pero que ten moito significado....

È o sentimento de agradecemento que dende aquí queremos facer chegar os moitos veciños e veciñas, e por suposto os servizos de extinción de incendios que onte pola tarde puxeron todo o seu empeño en acabar con outro dos lumes que puxo en perigo os montes e pobos do noso concello.

Labor básica a dos veciños e veciñas de varios pobos que non dudaron en porse o fronte desta lacra que inunda Galicia, e Ourense en particular.

Todo o mundo colaborou con diferentes medios.......manualmente, con maquinaria de obras, con tractores e cisternas de auga, etc.

O lume localizouse na carretera que vai dende a Peroxa ata a Peroxa Vella, e avanzou ata a marxe do regato do Rial. Cortouse o seu avance en varios puntos pero sobre todo no paseo da ruta que vai a carón do regato dende a Igrexa ata o Castelo, coa axuda das brigadas e veciños que temíamos o avance cara o outro lado que o faría máis perigoso.

Algunha das imaxes do lume visto dende o paseo a caròn do regato....





AGARDEMOS QUE ESTA SITUACIÓN DE RISCO TERMINE PRONTO, XA QUE DÍAS COMA O DE ONTE TANTO NO NOSO CONCELLO, COMO SOBRE TODO NOS VECIÑOS DA MERCA OU PADERNE POÑEN EN EVIDENCIA A FALTA DE PREVENCIÓN E ESCASEZ DE MEDIOS DE EXTINCIÓN.....AINDA QUE NON PODEMOS DEIXAR DE PEDIR A COLABORACIÓN DE TOD@S PARA DENUNCIAR A INTENCIONALIDADE DA MAIOR PARTE DESTES LUMES E IDENTIFICAR E CASTIGAR OS AUTORES.

Esta situación vivida onte, así como outras anteriores está perfectamente resumida nun interesante artigo de prensa recentemente publicado, e que podedes ollar no seguinte enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/arousa/2013/09/22/politica-ver-chove/0003_201309A22C3993.htm?utm_source=buscavoz&utm_medium=buscavoz

Publicación que ben resume o que acontece en Galicia co tema da falta de prevención, e que este ano se agravou considerablemente, onde as brigadas municipais non se puxeron a funcionar ata o 8 de agosto ¡¡¡¡ polo tanto tendo os pobos e parroquias do Concello da Peroxa sin as pertinentes limpezas de maleza e os traballos de prevención que se deberían planificar para outros èpocas do ano, e non cando xa temos os lumes enriba.


AGARDEMOS SOLUCIÓNS A PROBLEMAS QUE SE REPITEN CADA VERÁN ¡¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario