Voltan as competicións deportivas o noso Concello, centrados inicialmente no deporte do fútbol co comenzo da competición para algún dos nosos equipos.
Os encontros desta fin de semana son os que siguen:
A PEROXA C.F. - LEIRO C.F: Domingo 1 as 17:30 no campo do Marco.
BARRA DE MIÑO - ATL. PEROXA: Domingo 1 as 17:30 no campo do Tato en Barra de Miño.
Este ano teremos interesantes encontros dentro desta competición da segunda autonómica, xa que haberá enfrontamentos cercanos e mesmo varios derbis con equipos dos mesmos concellos.
Desexamos a tódolos nosos representantes do concello, nas súas respectivas categorias moita sorte e diversión na disputa dos seus encontros, e que se cumplan os obxetivos marcados por cada equipo.
Non queríamos deixar pasar a ocasión para opinar sobre as actividades deportivas e lúdicas que se celebraron durante os meses estivais de verán no que o noso Concello da Peroxa se refire.
Pouco tempo nos ocuparía, xa que foron prácticamente inexistentes, tanto para os mais peques, para a xuventude ou para os nosos maiores, seguindo a liña de actuación do concello de abandono das súas funcións e sumidos na total deixadez e pasotismo diante da sùa poboación.
Non se celebrou como en algún ano anterior ningunha excursión, como si fixeron concellos limítrofes, a algúns lugares sinalados na epoca de veràn como podía ser o Parque Acuàtico de Cerceda, nin se celebraron actividades como eran a Festa da Auga na piscina, e no tocante a actividade cultural foi completamente inexistente.....non houbo representacións teatrais, de cine, nin musicais.
A iniciativa do Concello quedou outra vez de manifesto que non están a altura da demanda dos veciños e veciñas do Concello, máis pendentes unha vez maís dos seus asuntos particulares.
Amosamos como sempre facemos, para argumentar as nosas demandas, un recorte dunha noticia publicada a finais do ano anterior onde se anunciaba na prensa por onde iba xirar a actividade lúdica e cultural a desenrolar no noso concello a través dun convenio xunto co veciño de Vilamarín:
NON SABEMOS SE O CONCELLO DE VILAMARIN CUMPRIU CO PROMETIDO, PERO DENDE LOGO NO DA PEROXA NADA DO ANUNCIADO SE REALIZOU ¡¡¡
ESTA È A TRISTE REALIDADE QUE SE VIVE CADA DÍA NO NOSO CONCELLO, FALTO DE COMPROMISO E INCUMPRINDO SEMPRE O PREVISTO E ACORDADO.
NON LLE BUSQUEDES MÁIS EXPLICACIÓNS.....ESTA È A REALIDADE DO CONCELLO DA PEROXA: INCUMPRIMENTO CONSTANTE DAS SÚAS OBRIGAS E COS SEUS MANDATARIOS DESAPARECIDOS E SEN ATENDER AS DEMANDAS QUE A POBOACIÓN PRECISA, ESPECIALMENTE OS MAIS NOVOS NA SÚA ÈPOCA VACACIONAL.
FALASE NO ARTIGO ANTERIOR DE "DINAMIZACIÓN DOS AMBITOS DE POBOACIÓN".....
NO NOSO CONCELLO NIN HAI DINAMIZACIÓN, NIN A ESTE PASO VAI HABER POBOACIÓN ANTE A FALTA DE PREVISIÓN, DE PROXECTOS E DE INICIATIVAS POR PARTE DUN GOBERNO MUNICIPAL AUSENTE E ESGOTADO PARA ATENDER AS NECESIDADES DA VECIÑANZA.
Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.
Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...
Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.
Esperamos as túas aportacións.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario