Seguimos agardardo polas actuacións prometidas e comprometidas en canto a limpeza de maleza nas carreteras, nas rúas dos pobos e parroquias do Concello.....
As imaxes de abandono e suciedade atópanse en moitos dos lugares que comprenden o noso término municipal.
O exemplo das imaxes seguintes non corresponden a ningún lugar escondido do Concello, senón o propio pobo da Peroxa, nun dos lugares máis usados pola veciñanza......O CENTRO DE SAÚDE.
Esta é a imaxe que atopan veciños e visitantes deste lugar.......imaxes de total abandono e pasotismo, ningúen do Concello é capaz de ver estas situacións ou è que pasan cos ollos pechados por estos lugares?
A falta de xestión e actuación è máis que evidente, e tristemente esa neglixencia parece que tamén se traslada o interior do edificio coa falta de actuacións ante un novo ataque da Xunta de Feijoó o noso Concello coa non cobertura do médico que se xubila, que ocasionará un grave perxuizo e unha merma importante nos servizos básicos os nosos veciños e veciñas da Peroxa, que pouco lle parece importar os mandatarios do Concello da Peroxa, agochados outra vez máis e "bendecindo" os duros RECORTES da Xunta e do "veciño" Feijoo a nosa atención sanitaria.
O tema da supresión do médico no Centro de Saùde trataremolo en detalle nos vindeiros días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario