Desta vez nun dos lugares máis concurridos de xente durante os meses veraniegos, como è o contorno da piscina da Peroxa.
Un lugar visitado por moitas persoas de tódalas idades, unhas do concello e outras moitas non, que se atopan con imaxes que son fiel reflexo da falta de cuidado e mantemento, inexistente en todo o noso Concello.
Ninguén se encarga do cuidado e limpeza da praza do Concello na que a súa fonte, tamén sen auga.......se atopa nesta lamentable situación:
A esta situación da cal, solicitamos se lle poña solución dende as oficinas municipais, facemos tamén co-responsables as persoas que non son capaces de cuidar e respetar o contorno facendo uso correcto dos contenedores existentes na zona e que evitarían estas desagradables imaxes.....
Situación que pretendemos evitar tamén que suceda no Parque Infantil e solicitamos o vaciado periódico da papeleira alí existente e que xa van varias ocasións na que a podemos observar repleta.
DEMANDAMOS POIS.....
PEQUENAS SOLUCIÓNS PARA EVITAR GRANDES POBLEMAS ¡¡¡
O NOSO CONCELLO NON PODE DAR ESTA IMAXE DE ABANDONO E SUCIEDADE ¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario