Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 2 de agosto de 2013

Actuacións raras ¿?

Raras ou difíciles de entender....

Estas son as decisións que se toman dende o noso Concello de A Peroxa, noutro exemplo máis de nula xestión, esa da que tanto presumen e que cada día queda máis en evidencia diante da poboación.

Atopamonos recentemente coa boa nova da tan reclamada e agardada apertura do treito case rematado da carretera dende a Ponte da Barra ata a rotonda de Mira, en Coles.

Esta sendo unha novidade importante non è a que adicamos este artigo.

Dende antes, e durante o peche deste treito de carretera durante os meses pasados debido as interminables obras, a veciñanza tanto do Concello, así como todos os que circularon polas vìas alternativas reclamaron día tras día unha limpeza de maleza das cunetas para facilitar a circulación de vehículos e peóns con certas garantías de seguridade, algo que non aconteceu a pesares das insistencias e retiteradas peticións tamén dos membros da nosa Agrupación Municipal Socialista no Concello.

Si se fixo algúnha "pasada rápida" para facer en algúns lugares un lavado de cara para calmar as protestas.

Sorprende que xustamente o mesmo día da apertura novamente da carretera co seu novo treito, comencen as labores de limpeza das que foron vías alternativas, agora sí con unha limpeza en condicións como está a ocorrer na que vai por Vilarrubin e Gueral cara Vilarchao. Agardemos que esta actuación sexa extensible a outras vías onde esta limpa é moi necesaria......e agardada, ainda que tardía ¡¡

O mèrcores atopámonos con esta imaxe na carretera anteriormente citada:



Cando durante máis de 2 meses de gran incremento de tráfico por esta e por outras non foron quen de atender as demandas e peticións da veciñanza, e tivemos que esquivar a maleza que invadía cunetas e mesmo parte da propia vía en exemplos como os que seguen:






REITERAMOS A NOSA LEDICIA POLA APERTURA DO NOVO TREITO DE CARRETERA CARA OURENSE, O MESMO QUE AS LABORES DE LIMPEZA DA MALEZA, PERO INSITIMOS NO ABANDONO, NULA XESTIÓN E FALTA DE PREVISIÓN QUE DENDE AS OFICINAS MUNICIPAIS E O SEU GOBERNO SE DEMOSTRAN EN CADA ACTUACIÓN, NON ESTANDO NUNCA A ALTURA DAS DEMANDAS DOS VECIÑOS E VECIÑAS DA PEROXA, QUE FAI QUE UNHA VEZ MÁIS ESTAS ACTUACIÓNS RESULTEN POUCO ENTENDIBLES E QUE XA SON COSTUME HABITUAL.


No hay comentarios:

Publicar un comentario