Desta vez amosamos como unha fuga de auga (que pagamos todos cos nosos impostos), leva meses sen arranxarse pola falta de interese e preocupación por mellorar as anomalías que día tras día observamos en calquer punto do noso termo municipal.
A situación prodúcese nunha das beirarrúas das novas vivendas situadas na Peroxa, fronte a vivenda nº 15, e como xa dixemos, leva varios meses sen que ningún responsable do Concello lle poña solución, vertendo auga o alcantarillado.
Unha situación de despilfarro dos bens públicos que contrasta coas recomendacións de aforro de auga nas épocas estivais, así como tamén o apagado de parte do alumeado público como medida de aforro.
A situación denunciada e da que solicitamos o urxente arranxo e a seguinte:
SEGUIREMOS INFORMANDO E PROPOÑENDO ACTUACIÓNS PARA MELLORAR O NOSO CONCELLO ¡¡¡
No hay comentarios:
Publicar un comentario