Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

jueves, 22 de agosto de 2013

Oferta de postos de traballo no Concello de A Peroxa

O tìtulo do artigo parece interesante......¡¡¡ pero seguindo a liña de actuación dos responsables municipais unha vez máis en materia de persoal, foi de todos menos interesante, tan só para os "escollidos".

Desta vez os postos que se "ofertaron" foron os seguintes:

4 conductores/as para o vehículo motobomba de incendios.
2 traballadores/as da limpeza para o Colexio e para o Concello e o Centro de Saùde.

Como è habitual esta información para o posible acceso de tòdolos veciños e veciñas do Concello interesados non se lle deu a publicidade necesaria para a súa correcta difusión....

¿Porqué non se publicitou na Web do Concello?

¿Porquè non se informou a través das redes sociais do Concello (facebook), onde pola contra si se coloca información de outros àmbitos?

ATA CANDO VAN A SEGUIR CON ESTA ESCURIDADE INFORMATIVA E PRIVANDO A VECIÑANZA DA IGUALDADE DE OPORTUNIDADES PARA ACCEDER A ESTES POSTOS?

A ùnica publicidade que se fixo (obrigrados legalmente) destes postos foi a través dun pequeno anuncio na prensa local, que casualmente non foi a de maior difusión como pode ser os xornais La Región ou La Voz de Galicia, que se poden atopar en calquer lugar ou mesmo nos locais de hosteleria do Concello, senón que se fixo no xornal.....Faro de Vigo.

O anuncio unha vez máis non cumpría coa LEGALIDADE, que parece xa unha costume nas actuacións nesta materia dende o Concello, xa que se daba de prazo para presentar as solicitudes tan só 3 DÍAS NATURAIS, QUE A PESARES DO QUE INDICA O ANUNCIO, LEGALMENTE CONTABILIZA OS SÁBADOS, FESTIVOS E DOMINGOS. POLO QUE O PRAZO QUEDABA AINDA MÁIS REDUCIDO XA QUE SE PUBLICOU UN XOVES, POLO TANTO O ÚNICO DÍA "EFECTIVO" PARA PRESENTAR INSTANCIAS SERÍA TAN SÓ O VENRES DÍA 5 DE XULLO ¡¡¡¡¡

 Deste xeito o anuncio non cumpría coa legalidade, nin coincidía coas bases de selección publicadas para estes 6 postos de traballo, xa que nas mesmas o prazo indicado e REAL era de 3 días hàbiles, polo que remataba o martes 9.

UN ESCONDIDO ANUNCIO NA PRENSA E AINDA POR ENCIMA CON DATOS ERRÓNEOS, UNHA VEZ MÁIS PARA CONFUNDIR E ENGANAR A POUCA VECIÑANZA DO CONCELLO QUE SE POIDERA ENTERAR.

O anuncio o que nos referimos foi o seguinte:



OUTRA ACTUACIÓN CACIQUIL DOS RESPONSABLES MUNICIPAIS CO SEU ALCALDE O FRONTE, ASINANTE DO ANUNCIO E DAS CITADAS BASES, PARA COARTAR OS DEREITOS DOS VECIÑOS E VECIÑAS A ACCEDER A ESTES POSTOS EN IGUALDADE DE OPORTUNIDADES QUE OS CANDIDATOS SELECCIONADOS.

ESTA É A TRISTE REALIDADE DO TEU CONCELLO....¡¡¡

CON UNHAS PORCENTAXES DE PARO SUPERIORES O 40% SEGUEN ACTUANDO DE ESPALDAS AS NECESIDADES DA VECIÑANZA, NON RESPETANDO A IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ¡¡¡

ANALIZA A SITUACIÓN E DECIDE SI REALMENTE È O QUE ESTE CONCELLO SE MERECE ¡¡

DE TÍ DEPENDE QUE ESTAS SITUACIÓNS CONTINÚEN ANO TRAS ANO....

ACTÚA ¡¡¡

 


No hay comentarios:

Publicar un comentario