Unhas brigadas, que repetimos chegan xa iniciado e avanzado o mes de Agosto, co alto risco de incendios no noso Concello e en toda Galicia, polo que entendemos unha grave neglixencia que un ano máis tivo a súa dose de sorte xa que non se teñen producido situacións de gravidade, nin nos nosos montes nin non nosos pobos.
Brigadas seleccionadas polos propios concellos e financiadas en parte pola Xunta de Galicia, que cada ano que pasa incumpre de xeito perigoso as súas responsabilidades en materia de prevencion do risco de incendios, cando debería ser unha das súas prioridades anuais debido a grande cantidade de hectareas de monte que perdemos polos lumes cada ano.
A labor destas brigadas céntrarase na limpeza e prevencions dos lumes coas súas intervencións nos pobos do Concello que dito sea de paso, teñen unhas situacións clamorosas de abandono e perigo, debido a moita maleza existentes nas súas rúas, camiños, canellas e mesmo nas vivendas abandoadas.
Asì se anunciaba a creación destas brigadas aló polo mes de maio e con previsión de comenza para o 1 de xullo ¡¡¡¡¡.....:
http://www.farodevigo.es/galicia/2013/05/21/brigadas-municipales-incendios-centraran-trabajo
Supoñemos, ainda que non hai confirmación oficial, que estas brigadas estarán en vigor ata o mes de outubro para "recuperar" o retraso na súa posta en funcionamento.
Concretamente no noso concello, as necesidades de limpeza son moitas e moi urxentes.
Podemos poñer como exemplo desta situación a que observamos na nosa recente visita o pobo de Valdomar, un pobo que sorprende gratamente xa que neste intre se atopan en fase de rehabilitación ou contrucción 4 vivendas ¡¡¡¡¡¡ algunhas delas con novos veciños chegados doutras parte do país.
Veciños que bàsicamente habitan este bonito pobo na època estival, polo que urxen e solicitan a limpeza das súas rúas e accesos a lugares públicos como a fonte do pobo para poder disfrutar do seu encanto e que están tristemente resignados polo abandono por parte do Concello de A Peroxa, que ben podería ter neste exemplo un bo lugar para comenzar as súas tarefas de limpeza a travès das novas brigadas.
Exemplos das súas demandas:
CAMIÑO DE ACCESO A FONTE
EXEMPLO DO ESTADO DAS SÚAS RÚAS NO INTERIOR DO POBO, CONCRETAMENTE POR ESTE LUGAR OS VECIÑOS E VECIÑAS ACCEDEN A PARTE BAIXA DO POBO, ONDE POR EXEMPLO TEÑEN QUE IR PARA DEIXAR AS BASURAS NOS CONTENEDORES DO LIXO.
Neste pobo, e tamén en relación coa prevencion de incendios, e insistindo nunha vella petición dos nosos membros da Agrupación Municipal Socialista no Concello sobre o estado de total abandono do puntos de auga para emerxencias nos pobos, ainda a pesar da negativa do Sr. Alcalde e do seu grupo de goberno a mellorar estas actuacións, manifestando en reiteradas ocasións que estaban en "perfecto estado, mesmo con precintos", amosamos a continuación unha imaxe, onde o estado e lamentable desta infraestructura: sen porta, sen precinto na boca contraincencidos e o que é máis grave....SEN CHAVE DE APERTURA DESTA BOCA DE EMERXENCIA ¡¡¡¡¡¡¡¡¡
Estas situacións, como xa manifestamos son comúns en todo o noso territorio, con exemplos ilustrativos que amosan o explicado......
ACCESO A FONTE DO POBO DE OUTEIRO DE BEACÁN
DETERIORO E DIFICULTADE NOS ACCESOS O POBO DE CASPICÓN
MALEZA E FALTA DE LIMPEZA NA CARRETERA QUE VAI O POBO DE CASPICÓN
POLO EXPOSTO NESTE ARTIGO, SOLICITAMOS DOS RESPONSABLES DO CONCELLO ACTUACIÓNS DE MELLORA NESTE E NOUTROS POBOS EN SITUACIÓNS SIMILARES A TRAVÉS DESTE MEDIO E TAMÉN COMO È HABITUAL POR ESCRITO DIANTE DAS OFICINAS MUNICIPAIS.
SEGUIREMOS INFORMANDO E TRABALLANDO POLA MELLORA DO NOSO CONCELLO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario