Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

viernes, 29 de junio de 2012

UNHA TRISTE DATA PARA OS GALEGOS ¡¡

O vindeiro domingo 1 de xullo vai ser recordado históricamente na memoria dos galegos por ser un dos días máis nefastos en canto a dereitos saqueados por parte dos goberno nacional e autonómico do PP.

Entra en vigor o decreto publicado no DOG do venres 22 de xuño que desenvolve a Lei de Augas e onde os veciños e veciñas de Galicia terán un novo imposto, regalado con cariño polo Sr. Feijoo que unha e outra vez segue mentindonos con falsas expectativas, cando sabe que o prezo da auga aumentará e pasaremos a pagar por servizos que antes eran gratuítos, moitos deles froito do esforzo veciñal feito nos nosos pobos e vilas.

Nas seguintes imaxes-resumen tedes os datos e as cuestións que deberedes coñecer en canto o decreto que a partires do domingo nos quitará un pouco máis da nosa maltreita economía:






A esta "desagradable" noticia engadimos o MEDICAMENTAZO, que fará que os nosos maiores teñan que pagar os medicamentos, ata 8€ mensuais como mínimo, con unhas pensions que xa non dan màis de sí. Esta è unha noticia que ainda parece que a xente non è consciente da situación gravísima e de atentado contra os seus dereitos que se lles ven enriba.
Ademàis unha vez máis o Sr. Feijoo segue MENTINDO DESCARADAMENTE os galegos o manifestar que non terán que adiantar os cartos..........BASTA XA DE ENGANOS.

Este è o presidente da historia de Galicia que màis dano lle esta a facer a esta Comunidade, con traicións históricas que perxudicarán os bolsillos dos galegos e ademáis predicando xusto o contrario do que está a facer.....LEVA GOBERNANDO MÁIS DE 3 ANOS A BASE DE BOTARLLE A CULPA DA SÚA NEGLIXENCIA OS DEMÁIS E MENTINDO DÍA SÍ E DÍA TAMÉN ¡¡

No seguinte enlace poñemos a noticia publicada na Web da propia Xunta onde aseguran que os galegos e galegas non adiantarán os cartos dos medicamentos........veremos cal vai ser despois a situación:

http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/1547/galicia-garante-que-seus-pensionistas-non-adiantaran-dineiro-para-seus-medicamentos


POR TODO O EXPOSTO.....LEMBRAREMOS O 1 DE XULLO COMO UN DOS DÍAS NEGROS DE GALICIA ¡¡


No hay comentarios:

Publicar un comentario