Benvido a este teu lugar de información, consultas, aportacións e por suposto críticas.


Un grupo, un compromiso, unha idea, unha ilusión...

Poñemos o teu alcance unha ferramenta necesaria para coñecer toda a información sobre o noso Concello: actuacións, acordos, propostas, necesidades, acontecementos.... e tamén lugar para opinar libremente a través dos teus comentarios.

Esperamos as túas aportacións.

lunes, 2 de julio de 2012

Un pouco de cordura ¡¡

Titular desta vez moi suave para a sensación de malestar que sentimos os socialistas da Peroxa pola neglixencia e pola falta de compromiso do noso Alcalde nun tema tan crucial para o futuro do Concello como è o dos recortes en educación que está a levar a cabo o PP e que afecta moi negativamente ao noso Colexio.
Antepón claramente os intereses do seu partido antes que os dos seus veciños, que sufren unha vez máis unha navallada nos seus servizos bàsicos, como è a da ensinanza dos nosos nenos e nenas.
O problema non surxe agora mesmo, agora tan só se acentúa por unha nefasta política na fixación de poboación e de mellora dos servizos e vias de comunicación nestes 30 anos onde ano tras ano os nosos mozos e mozas marchaban do concello en busca de traballo, vivenda e servizos que o noso Concello nunca foi quen de darllos. Unhas vías de comunicación que nestes todos anos non sò non foron quen de mellorar, senón que empeoraron sensiblemente e dende o ano 1999 estamos agardando pola moitas veces prometida carretera nova que unise dun xeito digno as comunicacións coa capital.
Nestas semanas pasada lévanse producindo actuacións negativas en canto os recortes educativos que pasamos a resumir cronolóxicamente.

Comenzamos por indicar que o Sr. Alcalde era plenamente consciente da situación na que se atopa o Colexio da Peroxa, cunha falta de alumnos preocupante por todos coñecida. Ainda sabendo os riscos que podian levar o desmantelamento de profesores, de comedor...ou incluso a ameaza e proposta de peche seguiu agardando sen tomar as medidas oportunas no seu momento, non contandolle toda a verdade da situación os pais.

Recentemente produciuse unha xuntanza no Auditorio de Coles, onde os pais, profesores, veciños, e representantes políticos dos catro concellos afectados: Coles, Amoeiro, Vilamarin e A Peroxa (entre os que nos atopamos nós, desprazando a dita reunión 2 dos 3 concelleiros), onde se informou da ameaza de supresión dun curso da ESO (que ven poderían ser os tres de confirmarse os peores presaxios). Nesta reunión os profesores e membros da asociación de país expuxeron a situación e as medidas propostas para loitar todos no mesmo frente para evitar esta situación.
Tras unha multitudinaria asistencia, acordouse seguir coa recollida de firmas manifestando a postura contraria a estas medidas da Xunta por parte de tódolos afectados.

A continuación tedes o comunicado:



E tamén a folla de recollida de firmas, das cales temos exemplares na nosa Agrupación Municipal Socialista por se alguén quere sumarse a este rexeitamento:


A esta reunión repetimos estaban convidados os catro Alcaldes da Mancomunidade afectados, asistiron os de Coles e Amoeiro, faltando os de Vilamarin e o noso de A Peroxa, a pesares de ter varios veciños do concello afectados alí presentes.
Manifestaron na prensa a súa ausencia do seguinte xeito:

 O Sr. Alcalde da Peroxa según as súas "desafortunadas" manifestación fala de "alarma social" e que todavía non existe unha lei que ampare estes recortes....., pois ben unha vez máis como non sabe por donde anda, deixamos no seguinte enlace o decreto que ampara este recorte previsto:

http://www.boe.es/boe/dias/2012/04/21/pdfs/BOE-A-2012-5337.pdf

Como pode ser que o  noso Alcalde descoñecese a citada normativa cando o seu "compañeiro" do PP de Coles e portavoz si a coñecese e mesmo apoiase esta xuntanza e as medidas alí tomadas comprometendose a apoiar os pais e veciños diante deste recorte inxustificado.

A prensa recolleu esta noticia do seguinte xeito:

http://www.laregion.es/noticia/212609/coles/perdida/instituto/

http://www.laregion.es/noticia/212789/padres/docentes/coles/recogen/firmas/conservar/

Pois para continuar con esta situación agora tócalle tamén os efectos dos terribles recortes da falsa austeridade do Sr. Feijoo o colexio de A Peroxa onde suprimen aulas e profesores e pasaremos a ter unha soa clase de infantil e outra de primaria, todo isto diante das narices dos nosos mandatarios que non son que de reaccionar e protestar contra estes recortes como se fai en case todos os concellos afectados da provincia, sexa de quen sexa o goberno municipal, PSOE ou PP.
Nos propuxemos a nosa colaboración para presentar escritos de disconformidade con esta situación ante as administracións competentes así como para facer as movilización que fosen necesarias, pero algùns consultados estaban todavía agardando as "respostas" por parte do Sr. Alcalde, e polo de agora non queren pronunciarse. Unha lástima ¡¡

A prensa reflexa estas novas sobre o asunto:

http://www.laregion.es/noticia/212950/posible/reduccion/aulas/agita/educacion/ourensana/

Nesta noticia aparecen os recortes do colexio de A Peroxa:

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2012/06/29/supresion-39-aulas-escuela-70-profesores-deja-rural-tocado-muerte/660899.html

Aquí tamèn:

http://www.ourensedixital.com/_novas/12/06/14_05.htm

En moitos concellos afectados presentaronse mocións contra esta situación e foron aprobadas por unanimidade por tódolos grupos polìticos, como por exemplo en Rubià.

http://www.laregion.es/noticia/213596/pleno/rechaza/reduccion/aulas/colegio/rubia/

Este recortes, no que está o noso colexio provocará que agruparán os nenos de 6 ata 12 anos na mesma clase, coa perda evidente de calidade educativa e de progresión.

Unhos recortes que nos levan a situacións dos anos 40.

Esta situación de incertidumbre e de falta de claridade sobre un futuro pouco esperanzador fixo que varios dos nenos e nenas do colexio da Peroxa, abandoaran o centro para o vindeiro curso buscando outros centros proximos para garantir a súa escolarización situando agora mesmo o colexio nunha gravísima situación de futuro.

Unha situación a que nunca se debeu chegar, dado que recentemente moitas familias xovenes chegaron a capitalidade do Concello pero poucas optaron pola formación educativa no colexio da Peroxa, unha situación que alguén terá que explicar algún día e deixarse de enganar unha e outra vez os seus veciños e tentar defender os seus intereses antes que os seus partidistas e particulares.

Seguiremos informando desta situación, e por suposto a trataremos no vindeiro pleno o cal vos convidamos dende aquí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario