A moción presentada expón e solicita o seguinte:
Os argumentos que expomos son evidentes en tódolos pobos onde nos atopamos en lamentable estado as Bocas de Incendios, ubicadas no cadro de contadores da auga:
Basta con ver os exemplos nas seguintes imaxes:
O mesmo ocorre co que serían os posibles puntos de carga de auga en situación de emerxencia, as propias fontes e lavadoiros existentes en case tódolos pobos e que se atopan como se ve nas imaxes seguintes:
AGARDEMOS QUE ESTA MOCIÓN SEXA APROBADA POLO GOBERNO MUNICIPAL DO PP PARA EVITAR RISCOS GRAVES MATERIAIS E MESMO PERSOAIS NO NOSO CONCELLO, ACTUANDO PARA MELLORAR AS GRAVES DEFICIENCIAS EXISTENTES E EVITAR SITUACIÓNS DE PERIGO COMO SE VIVIRON EN VARIOS POBOS DO CONCELLO DA PEROXA NO PASADO ANO 2011 E NON SE REPITAN IMAXES COMO A QUE SIGUE....
PRECISAMOS QUE O CONCELLO COMENCE XA A PENSAR POR FIN NA SÚA VECIÑANZA ¡¡
A verdade e que...coma en tódolos sitios hay moito que mellorar non é so neste axuntamento, pero o que si pediría por favor é que se mire polo mellor pobo diste axuntamento "LENTOMIL" por exemplo pola fonte como se ve na foto e varias cousas mais, hay que darse conta que este humilde pobo no ano 2012 ainda está sen rede de saneamento séptico. Esperemos que se vaian facendo as cousas pouco a pouco. QUE VIVA A PEROXA E TODA A SUA XENTE.
ResponderEliminarNon entendo o final da túa frase cando dis 2pouco a pouco", creo que despois de màis de 30 anos de goberno unipersoal, e de ter recibido millonadas de subvencións non se tiveran empregado correctamente nas necesidades dos pobos, porque máis da metade do concello está sen o saneamento. O tema da fonte ano tras ano se lle solicita a súa limpeza pero o resultado é sempre o mesmo....Nos vindeiros meses vaise acometer unha importante obra no pobo asfaltando de novo todas as súas ruas, sería unha boa ocasión facer a obra de saneamento antes para logo nun futuro non ter que voltar a romper o arranxado. Levamos feito moitas propostas a raíz das visitas periódicas que facemos os pobos e seguiremos loitando por acadar as melloras solicitadas. Gracias pola túa colaboración. Saudos.
ResponderEliminarMoitas gracias por responder Toño, e sigue ca tua fabulosa labor e sorte en todo. Un saudo.
ResponderEliminar